TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

16 ene 2011

RM Río Miño nos medios de comunicación



Transcribimos literalmente esta nova nota de prensa remitida á nosa redacción por José Benito Guerreiro Álvarez:

"O Proxecto de Trazabilidade para a pesca do Río Miño segue avanzando e o equipo de promotores está traballando a reo para que, como moi tarde na primeira semana de marzo, sacar ao mercado as primeiras lampreas cun sistema de marcaxe tan innovador que permitirá comprobar que esas lampreas proceden do Río Miño aínda despois de cociñadas.

Algo moi importante para valorizar os recursos pesqueiros do Miño, que neste momento se atopa en plena campaña de pesca e, desta forma, diferenciar os peixes pescados no Miño doutros foráneos, que son introducidos no mercado como procedentes do Miño, cando en realidade non o son.

Solventadas as primeiras dificultades económicas, agora os promotores están en pleno proceso de desenrolo da tecnoloxía necesaria para poñer en marcha este proxecto e pouco a pouco van encontrando solución a todos os contratempos que van xurdindo.

As sensacións do equipo de traballo son moi boas, xa que son moitos os medios de comunicación que, despois da presentación oficial que se fixo no V Simpósio Ibérico sobre a bacía hidrográfica do Río Minho o pasado 20 de novembro en Vila Nova de Cerveira, están mostrando interese polos pasos que están dando para poñer en marcha este sistema de comercialización da pesca.

Ata agora, ademais da cobertura que lle están dando os diferentes medios dixitais da comarca do Baixo Miño, xa se realizaron entrevistas en diversos medios escritos: Radio Tui e Cadena Ser e nos próximos días darase unha cobertura maior na Radio Galega, TVG e TVE.

Estes serán os medios de comunicación nos que poderemos ver e escoitar máis información sobre este innovador proxecto:

O lunes 17 de xaneiro, en directo, no programa A Solaina da TVG a partir das 5 da tarde.

O lunes 24 de xaneiro unha unidade móvil da TVG desplazarase ata o pantalán de San Miguel de Tabagón e fará varias conexións en directo no programa A Revista e entrevistará a varios dos pescadores que están apoiando este proxecto.

En data aínda sen confirmar, ao longo do mes de xaneiro, un equipo de TVE, do programa Comando Actualidad, desprazarase ata a comarca do Baixo Miño para gravar un día de traballo dun pescador do Miño e tamén unha introducción ao sistema de trazabilidade que se porá en marcha a principios de marzo.

Sen dúbida algunha, esta e outras iniciativas que se irán poñendo en marcha nun futuro, están espertando un gran interese entre os medios de comunicación e isto non fai máis que confirmar o gran potencial económico que ten o Río Miño.

Innovación en tempos de crise para dinamizar a comarca do Baixo Miño".

0 comentarios:

Publicar un comentario