"As fillas da Conexa", o pasado ano 2010
BASES
PRIMEIRA.- O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2011 o domingo, 6 de marzo, ás 11:30 horas.
O desfile percorrerá a rúa Ramón Franco (desde o cruce coa Lomba) e a rúa Julio Sesto (ata a rotonda da feira)
SEGUNDA.- A inscrición dos participantes farase no Rexistro do Concello, en impreso normalizado para este fin, ata ás 13:00 h. do mércores día 2 de marzo.
Xunto coa solicitude de inscrición, deberán achegar:
- Maiores de idade: fotocopia do DNI.
- Menores de idade: fotocopia do DNI da persoa que os represente e autorización para participar no concurso.
- Unha breve descrición do disfrace que se presenta a concurso.
As persoas que non presenten solicitude no rexistro xeral tamén poderán participar no desfile pero non terán opción a premio.
TERCEIRA.- As modalidades que poderán participar no concurso son:
- Carroza: Considéranse carrozas un grupo como mínimo de 6 persoas representando algún tema enriba dun móbil ( carro, tractor, motocultor. O condutor poderá ou non ir incluído, déixase a criterio dos participantes).
- Comparsa: Participarán no grupo un mínimo de 10 persoas.
- Grupo: Participarán un número de 3 a 9 persoas
- Individual: Fará constar o nome do disfrace e da persoa que se presenta
(inclúense nesta categoría, a parella de disfraces que pola súa condición requiran participar xuntos, e considérase incluído na categoría xuvenil-adulto, cando un deles teña máis de 12 anos).
Inclúense nesta categoría as modalidades de:
- Infantil, ata 12 anos
- Xuvenil-adulto, a partir de 13 anos
CUARTA.- A cualificación das carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais será determinada polo Xurado do concurso, que estará formado por un Presidente (a concelleira de cultura ou a persoa en quen delegue) e cinco vogais en representación das entidades socioculturais do Concello, que serán nomeados pola Concellaría de Cultura actuando como secretario/a o de menor idade.
QUINTA.- Cada membro do Xurado cualificará de 1 a 10 cada carroza, comparsa, grupo e disfrace individual participante. No suposto de empate, procederase a unha segunda puntuación.
SEXTA.- Concederanse os seguintes premios:
A) CARROZAS:
1º PREMIO……...…………………………………………………...…300 €
2º PREMIO …………………………………………………………….225 €
3º PREMIO …………………………………………………………….175 €
B) COMPARSAS:
1º PREMIO …………………………………………………………… 225 €
2º PREMIO ………………………………………………….…………200 €
3º PREMIO ………………………………………………….…………175 €
C) GRUPOS:
1º PREMIO……………………………………………………………. 175 €
2º PREMIO……………………………………………………………..125 €
3º PREMIO……………………………………………………………..100 €
D) INDIVIDUAIS:
INFANTIL:
1º PREMIO ………………………………………………………….…115 €
2º PREMIO ……………………………………………………………. 80 €
3º PREMIO ……………………………………………………………. 65 €
XUVENIL-ADULTO:
1º PREMIO ………………………………………………………….…115 €
2º PREMIO ……………………………………………………………. 80 €
3º PREMIO ……………………………………………………………. 65 €
Os premios poderán ser declarados desertos polo Xurado do Concurso.
SÉTIMA.- A entrega de premios terá lugar o mesmo día de celebración do Entroido: unha vez feita a avaliación polo Xurado, o secretario fará público o resultado, mediante a lectura da acta correspondente.
OITAVA.- A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, sendo a decisión do Xurado inapelable.
O Rosal, 11 de Xaneiro de 2011
O ALCALDE
Jesús Mª Fernández Portela
0 comentarios:
Publicar un comentario