TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

25 ene 2011

Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe (día 5)



O sábado 5 de febreiro (en caso de mal tempo sería o seguinte) terá lugar a segunda etapa do programa “O Rosal. Coñece o teu concello” co percorrido polo Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe, homologado pola Federación Galega de Montañismo (PR-G 112).

Lembrar que a primeira destas saídas mensuais, a de xaneiro, foi aos Muíños do Folón e Picón, con demostración de moenda e realización da ruta de sendeirismo incluída.

En febreiro, polo tanto, tócalle á senda que comeza na parroquia de Eiras e continúa pola marxe do Miño para subir pola desembocadura do Tamuxe ata o Muíño das Aceñas (pódese facer nos dous sentidos). A variada e rica flora, así como a fauna que habita neste Espazo Natural do Baixo Miño, fai posible a súa inclusión no proxecto europeo Rede Natura 2000.

Para participar nesta iniciativa (que é gratuíta e aberta a todo o mundo), dende o Concello do Rosal recomendan anotarse -a cada etapa- no Departamento de Cultura e de Turismo (986 62 50 00), deixando nome e teléfono de contacto por se hai calquera cambio no programa.

Comezarase desta vez, en principio, ás 15:30 horas, dende o Muíño das Aceñas e realizarase “percorrido dobre”, xa que se chegará ás Eiras e se volverá de novo ao punto de partida (Aceñas), en total 14’4 quilómetros, para pasear e gozar deste marabilloso e natural contorno.

0 comentarios:

Publicar un comentario