TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

11 ene 2011

Cabalgata dos Reis Magos. O Rosal, 2011


O día 5 de xaneiro, a Cabalgata de Reis 2011 celebrouse no Rosal como cada ano, baixo a organización do Concello e a Asociación de Comerciantes (ACOR), coa colaboración de diferentes entidades e empresas da vila: Comunidade de Montes de Santa Mariña, Comunidade de Montes de San Xoán de Tabagón, A Caixa, Nova Caixa Galicia, Terras Gauda, Valmiñor, Lagar de Cervera, Santiago Ruiz, Señorío da Torre, Quinta de Couselo, Cooperativa Porta do Río Miño, Cooperativa El Pilar, HidroMiño, Excavaciones Pérez, Restaurante Juan, Soper S.L. Construcións, Talleres Sport Novás, Carpal S.L., Talleres Cunchada, Telesón/Milar, Mar Azul Conxelados, Asnela, Sacha e Addict.

Lembrar que precisamente este acontecemento comezou no Rosal en 1968 grazas ao impulso de José Martínez González (Pepe Berdeal), durante moitos anos funcionario do Concello e hoxe presidente desa Asociación.




Segundo afirma Pepe, que leva por tanto 43 anos ao fronte desta Cabalgata rosaleira, naqueles tempos os Reis Magos de Oriente e a súa comitiva ían en camións descubertos. Na actualidade, as Súas Maxestades realizan o traxecto (que dura 6 horas) comodamente en microbús, para repartir uns 300 kg de caramelos e percorrer máis de 50 quilómetros por todos os barrios e lugares do municipio.





Xa pola tarde, os Reis fixeron un alto no camiño para estar con máis calma con todos os nenos e nenas. Así, sobre as 17 horas saudaron dende a balconada do Concello aos centos de persoas que se concentraban na Praza do Calvario, para xa de seguido ter a recepción oficial no Salón de Plenos municipal, onde agasallaron aos máis pequenos cun libro e lambetadas.

Ao final desta “visita real” todos os asistentes foron convidados polo Concello do Rosal a unha gran chocolatada.

0 comentarios:

Publicar un comentario