TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

19 ene 2011

Programa Emega: apoio á nova muller empresaria

Segundo se informa dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local da vila, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza oferta "subvencións para o apoio ao emprendemento feminino (Programa Emega)".

Obxecto: convocatoria de axudas para apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das seguintes áreas de actuación:

-Área de actuación I: apoio á posta en marcha de iniciativas empresariais por mulleres en forma de primas básicas ao emprendemento, a través dunha achega económica que sirva de compensación ao esforzo económico do primeiro período de actividade e de estímulo para a creación de emprego feminino por conta allea.

-Área de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresariais liderados por mulleres en forma de primas especiais que sirvan de incentivo para afrontar un proxecto de mellora caracterizado pola creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.

Beneficiarios:

- Área de actuación I: as mulleres que, partindo dunha situación de desemprego por un período mínimo de 3 meses, constitúan microempresas ou pequenas empresas, baixo calquera forma societaria, incluídas as sociedades civís e comunidades de bens.

- Área de actuación II: as empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 18/02/2011. Máis información no Centro Social Polivalente (r/Cabaqueiros, 4) no teléfono 986 60 94 50.

0 comentarios:

Publicar un comentario