TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 ene 2011

Rapaces do San Xerome e Avelaíña, en Lisboa



Un grupo de mozos e mozas dos Centros San Xerome e Avelaíña viaxaron, o xoves 27 de xaneiro, a Lisboa no marco do proxecto europeo: “JÓVENES CON EUROPA: UN DIÁLOGO DE PARTICIPACIÓN E IGUALDAD”. Alí participarán, ata o domingo día 30 de xaneiro, en diferentes actividades con mozos e mozas do Centro Cercipóvoa da localidade de Santa Póvoa de Iria, situada a 30 minutos de Lisboa.

O Proxecto consiste no achegamento de rapaces con discapacidade intelectual i enfermidade mental ás institucións democráticas, dende o ámbito local ata o europeo.

Os obxectivos son o coñecemento das institucións e o seu funcionamento, valorar as decisións que se toman con respecto á discapacidade e achegar as inquedanzas e propostas aos responsables das decisións.

Os participantes serán 16 rapaces e rapazas galegos e portugueses, coordinados dende o Centro San Xerome Emiliani, que tentarán que se escoiten as súas propostas para mellorar a súa realidade.

Nos próximos meses o grupo viaxará a Madrid e Bruxelas, grazas á concesión dunha axuda da Acción 1 “Juventud en Europa” do Ministerio de Sanidade e Política de Igualdade.

0 comentarios:

Publicar un comentario