FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 may 2012

O VENRES 8 DE XUÑO INAUGÚRANSE OS XIV XOGOS POPULARES DO ROSAL

O venres 8 de xuño inaugúranse os XIV XOGOS POPULARES DO ROSAL 2012. Velaquí vos deixamos os horarios desta fin de semana, onde se disputarán os primeiros partidos de futbito e balonmán no Pavillón Municipal do Rosal. Para comezar, o venres ás 21:00 horas, FUTBITO ALEVÍN, xogándose o partido MARTÍN-EIRAS e xa ás 21:35 horas, o encontro entre FORNELOS e NOVÁS. A partir das 22:10 h., BALONMÁN SENIOR MASCULINO cos seguintes...

CLAUSURADA A EXPOSICIÓN DO TALLER DE FOTOGRAFÍA IMPARTIDO POR INÉS MONTENEGRO NO CENTRO SAN XEROME

Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome Fotografías: Inés Montenegro Clausurada a exposición medioambiental do Taller de Fotografía do Proxecto Comenius Regio, que estivo aberta ao público na Tenda do Centro San Xerome, dende o pasado 14 de maio. Estas son as impresións de Inés Montenegro, profesional da fotografía e responsable do Taller. “Dúas persoas miran ó exterior a través dos mesmos barrotes: unha mira o fango e...

30 may 2012

A PARELLA DE BAILARÍNS "JOSE Y ROSY" PARTICIPARÁ EN BEMBIBRE (LEÓN) NO I BEMBIBELASALSA PARTY 2012

Foto: Juan Carlos Díaz A parella de bailaríns "Jose y Rosy" participarán no I Bembibelasalsa Party que se celebrará o sábado 2 de xuño na Sala Damdhara, en Bembibre (El Bierzo-León). Esta festa, segundo a Organización, contará "con la mejor música latina y los mejores profesionales". Están ademais confirmadas as actuacións de Lionel & Debby (Bembibre), Free Dance (León), Academia Bailamos (León). "Jose y Rosy" impartirán...

DISPUTOUSE A ÚLTIMA XORNADA DO TORNEO INTEGRACIÓN DE FÚTBOL DO PROXECTO COMENIUS REGIO

Somascos B, equipo gañador  Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome Onte, martes día 29 de maio tivo lugar nas instalacións deportivas do Centro San Xerome a última xornada do “Torneo integración” de fútbol, incluído no Proxecto Europeo Comenius Regio. Nesta ocasión foi a quenda dos rapaces da ESO, do IES A Sangriña, do Colexio PP Somascos e dos deportistas do San Xerome e Avelaíña. Os equipos estaban formados...

INICIATIVA, LIBERARSE DO TABACO

Informa: Asociación Érguete Baixo Miño 31 de maio, Día Mundial sen Tabaco. A Organización Mundial da Saúde (OMS) elixiu para este día o lema “A interferencia da industria do tabaco” centrándose na necesidade de denunciar e contrarrestar os descarados intentos da industria tabaqueira para saltarse o Convenio Marco para o Control do Tabaco (CMCT da OMS). O consumo de tabaco é unha das principais causas evitables de morte. A epidemia...

29 may 2012

O NOSO VOTO PARA O GRUPO LIROLAI, QUE PARTICIPA EN "NOVOSON 2012", CONCURSO DA RADIO GALEGA

O grupo de pandereteiras/os e música tradicional LIROLAI, atópase na fase final do concurso "Novoson 2012" da Radio Galega. Lirolai preséntase coa canción "Rumba do muíño" dentro da sección "Músicas Urbanas e do Mundo". Para participar nos Premios do Público tan só hai que buscar o seu tema, abaixo á dereita, marcalo co rato e darlle a votar (pódese facer unha vez cada día ata as 0:00 horas do domingo 3 de xuño).  O...

28 may 2012

CLASES DE GAITA E PERCUSIÓN A CARGO DA ASOCIACIÓN CULTURAL XIDA

Impártense clases de gaita e percusión. Segundo comunican dende a Asociación Cultural Xida "precisamos bombeir@s e gaiteir@s para un novo proxecto de música tradicional no Baixo Miño".   Os ensaios realízanse os luns no Rosal e na Guarda, de 20 a 22 horas. Máis información no teléfono 696 372 798 (Óscar), no correo electrónico acxida@gmail.com ou ben mediante o facebook (O Trebón dos Xidos). ...

CRUZ ROJA E O SAN XEROME COLABORAN NO PROXECTO MOVIÉNDONOS POR EL RÍO

  Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño Cruz Roja seguirá con las actividades programadas en el proyecto “Moviéndonos por el río” en la que hoy, martes 29 de mayo, se procederá a la limpieza de las márgenes del río. Lembramos dende Noticias O Rosal que tamén o mércores 27 de abril do pasado 2011, noutra actividade do proxecto "Moviéndonos por el río", voluntarios/as de Cruz Roja procederon á instalación de carteis de...

O VII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA CELÉBRASE O SÁBADO

O Club Ciclista O Rosal ven de comunicarnos que "recupera unha carreira que xa levaba algúns anos sin celebrarse, como viña sendo o tradicional Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña, na súa sétima edición". A cita, este sábado 2 de xuño a partir das 17:00 horas.  "Comezarán a competición os Benxamíns cunha ximcana na mesma Praza do Calvario. O resto das categorías realizarán un percorrido por un circuíto de 1,5...

PODIOS PARA IREA VILLA, IAGO ÁLVAREZ E MANUEL GONZÁLEZ EN CARBALLO

Segundo podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal: "No Trofeo de San Xoán en Carballo (A Coruña) que se disputou no día de onte voltaron os podios e desta volta foi con Iago Álvarez, Irea Villa e Manuel González. En Benxamíns os participantes tiveron que empregarse a fondo e poñer toda a súa pericia na competición polo escorregadiza que estaba a pista por mor da choiva caída e foi aí onde os nosos dous representantes saían moi ben parados,...

25 may 2012

CRUZ ROJA CONVOCA UN CURSO DE PROMOTOR MEDIOAMBIENTAL

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño Cruz Roja Baixo Miño, iniciará en breve una serie de acciones en beneficio del medio ambiente. Las actividades están financiadas por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, cuyo objetivo principal es contribuir a la conservación y recuperación del río Miño, a través de la concienciación y la educación ambiental de los ciudadanos. Este mes de junio en las instalaciones...

24 may 2012

CARMELITAS E SOMASCOS, GAÑADORES DA 1ª FASE DO TORNEO INTEGRACIÓN DE FÚTBOL DO PROXECTO COMENIUS REGIO

Carmelitas, gañador de 1º, 2º e 3º de Primaria   Carmelitas (4º, 5º e 6º de Primaria)   Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome O torneo celebrouse no terreo de xogo do Centro San Xerome. A pasada semana despois da disputa dos partidos cos equipos da Sangriña, Somascos, Sinde e Carmelitas de 1º, 2º e 3º de Primaria, resultou vencedor o equipo das Carmelitas. Somascos, gañador de 4º, 5º e 6º de Primaria Somascos...

PRESENTOUSE O CAMPUS DE VERANO DA FUNDACIÓN CELTA DE VIGO. O ROSAL 2012

O mércores 23 de maio tivo lugar no Salón de Plenos do Concello do Rosal a presentación do "XVI Campus de Verano Fundación Celta de Vigo 2012" que por segundo ano consecutivo se celebrará tamén na nosa vila, en concreto, no Estadio Municipal da Mata, dende o 16 ao 21 de xullo. Deu a benvida o alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, acompañándoo no acto, a tenente de alcalde, Mª Carmen Alonso e o concelleiro de Deportes, Pablo Flores...

23 may 2012

PRESENTADA NA IGREXA PARROQUIAL UNHA PRECIOSA IMAXE DA VIRXE MARÍA

O pasado domingo 20 de maio, na misa de 12, o abade párroco de Santa Mariña, D. Julio Ramos, presentou aos fieis a preciosa imaxe da Virxe María, con Neno, que tiña a restaurar nun taller da cidade de Tui. Trátase, nas súas palabras, dunha fermosa e artística talla, que se atopaba "fóra do culto". Imaxe, de madeira policromada, de estilo gótico, dos séculos XV-XVI, contemporánea da Capela Maior, de fermosa crucería. Loable idea...

22 may 2012

DIARIO DE O ROSAL OFRECERÁ TODAS LAS NOTICIAS EN CASTELLANO Y OTRO PUNTO DE VISTA TURÍSTICO-CULTURAL

Debido a las peticiones de muchos lectores de Noticias O Rosal residentes en territorio nacional y en el extranjero (México, Suiza, Estados Unidos, Francia, Reino Unido, Bélgica, Venezuela, Alemania, Argentina, etc), a partir de ahora, 23 de mayo de 2012 -y coincidiendo con nuestro cuarto aniversario- traduciremos las entradas más importantes al castellano y hablaremos de nuestra villa desde otro punto de vista cultural y turístico en...

ENCONTRO DE CORAIS E CONCERTO 26º ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL. ESTE "FINDE" NO AUDITORIO

Informa: Montserrat Domínguez Otero / A. M. do Rosal Dende a Agrupación Musical do Rosal queremos convidarvos ós actos que terán lugar no Auditorio do Rosal este vindeiro fin de semana: - Sábado, 26 de maio, ás 20:30 h. Encontro de Corais no que participarán: ·Coral Amadeus (Vigo) ·Coral Polifónica de Tomiño ·Coral da Agrupación Musical do Rosal - Domingo, 27 de maio, ás 18:30 h. Concerto da banda de música Agrupación Musical...

21 may 2012

DAVID GÓMEZ DISPUTARÁ EN TENERIFE O "CAMPEONATO DE ESPAÑA POR AUTONOMÍAS DE PRUEBAS COMBINADAS"

(Foto: Marta G. Brea) Hai uns días facíamonos eco por medio do noso perfil de facebook dun artigo ou pequena entrevista realizada por Armando Álvarez, do Faro de Vigo, ao noso atleta olímpico, David Gómez.   Os días 26 e 27 de maio disputará en Tenerife o "Campionato de España por Autonomías de Pruebas Combinadas" onde intentará conseguir a mínima olímpica para Londres. Por se alguén aínda non o leu, deixámos...

NOTICIAS O ROSAL SEGUE APOIANDO A EREA, DESTA VEZ NO CONCURSO LA VOZ

A nosa amiga Erea Castro Alfonso, cantante que actuou no Luar da TVG, que foi a pregoeira no Rosal da pasada XXIV Festa do Cabaqueiro ou mesmo, que cantou co grupo Lirolai, quere participar no programa LA VOZ de Telecinco. Tan só temos que puntuar a súa audición no seguinte enlace: http://www.telecinco.es/lavoz/audiciones/erea123/ ¡¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte Ere...

IMPRESIONANTE PAPEL DOS CICLISTAS RAÚL, MANUEL, TOÑI E ÁLEX EN CORUXO

Álex, Toñi, Manuel e Raúl. (Foto: Carolina Sanfer / Person XXI) Seguindo novamente a web do Club Ciclista O Rosal, "o cadete Raúl Fernández e os júniors Alex Lomba, Manuel González e Antonio Portela acudían á I Cronoescalada Montes de Coruxo e foi imposible que obtivesen uns resultados mellores. Raúl era primeiro en cadetes, o mesmo que o júnior Manuel, que tamén era primeiro, seguido por Toñi que era segundo e Álex que...

PRIMEIRA VITORIA DE DAVID RODRÍGUEZ

Segundo podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal, o benxamín David Rodríguez foi o máis rápido dos 38 participantes da categoría e "estreouse no máis alto do caixón ao acadar unha merecida vitoria no XXI Trofeo Pista das Faias. En canto aos seus compañeiros a ansia por acadar un posto no podio, fixo que cometeran algún que outro erro e o seguinte mellor clasificado era Yasir Martínez no 6º, Sergio Vicente 11º, Alberto García 12º, Irea...

CRUZ ROJA BAIXO MIÑO PON EN MARCHA O PROXECTO "MOVIÉNDONOS POR EL RÍO"

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño   Las actividades se iniciarán el próximo 25 de mayo con el concurso de relatos “Un Río de letras”. Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño. Cruz Roja en A Guarda, pone en marcha, por tercer año, el Proyecto “Moviéndonos por el Río”, financiado por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. El objetivo principal...

VICTORIANO RODRÍGUEZ, HOMENAXEADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA

Este venres 25 de maio, a Agrupación Cultural Guardesa que preside Julia Sobrino, homenaxeará con motivo das Letras Galegas 2012 a Victoriano Rodríguez, da "Ghoreña", colaborador en publicacións locais, tal como o libro das Festas do Monte ou o das Mercedes, na Gándara. O acto terá lugar ás 21:00 horas no Centro Cultural da Guarda, presentando dito evento Marisol Diz Amil. Actuará o Coro Cantábile, que dirixe Lucía Alonso Castro...

20 may 2012

EXPOSICIÓN DE GEMMA MARQUÉS NA GALERÍA DE ARTE CAMIÑENSE

O martes 22 de maio ás 19:00 horas terá lugar na Galería de Arte Camiñense (Camiña-Portugal), a inauguración da exposición pictórica de Gemma Marqués, onde presentará a súa nova colección de cadros titulada "Trampantojos".  Segundo afirma a artista son "imágenes que intentan engañar al espectador, jugando con el contraste de elementos naturales, flores, frutas y artificiales, periódicos sobre fondos abstractos y...

MEMORIAL IAGO AMEAL PEREIRA. REPORTAXE DE ABELARDO LÓPEZ

Reportaxe (texto e fotografías): Abelardo López O pasado xoves día 17 de maio de 2012 disputouse a II Edición do Torneo de Fútbol 7 Alevíns e Benxamíns UD Ribera - Concello de O Rosal "Memorial Iago Ameal Pereira" no Campo de Fútbol Municipal de A Mata en O Rosal. Neste torneo participaron en Categoría Benxamín (Ribera A, Ribera B, Oiense, Gondomar, Goián, San Cayetano, Alameda e A Guía) e en Categoría Alevín (Ribera, Oiense, San...

19 may 2012

CRUZ ROJA LANZA UNA CAMPAÑA PARA SUMAR NUEVAS PERSONAS AL PROGRAMA DE FAMILIAS ACOGEDORAS

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja El viernes 18 de mayo presentamos en Vilagarcía las acciones de la campaña informativa y de sensibilización que Cruz Roja Galicia lanza sobre el programa de familias acogedoras que se desarrolla en colaboración con la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia y que realizaremos en la provincia de Pontevedra. Los objetivos principales de la campaña son informar acerca de los detalles de este programa y animar a la población en general a formar parte del mismo, ya que es importante incrementar...