FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 nov 2011

A Asociación Érguete Baixo Miño, comprometida coa prevención na transmisión do VIH/Sida

Érguete Baixo Miño   A Asociación ÉRGUETE BAIXO MIÑO está implicada no compromiso da prevención na transmisión do VIH/Sida. No Día Mundial do VIH/Sida, que se celebra o xoves 1 de decembro, participamos na proposta de ONUSIDA en relación á Campaña “Lights for rights” a través da cal fai unha chamada de atención á poboación sobre o VIH e os dereitos das persoas afectadas. Lograr unha maior accesibilidade da mocidade a mensaxes e materiais...

29 nov 2011

EXPOSICIÓN NA GUARDA DO OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA DO PROXECTO EUROPEO COMENIUS REGIO. 3-10 DE DECEMBRO

Xosé Carlos G. Blanco / San Xerome O obradoiro iniciouse o pasado mes de outubro, e nel interveñen un total de 15 alumnos dos diferentes Centros do Baixo Miño participantes no Proxecto europeo Comenius Regio. 1. “Asociación Avelaíña” (axuda a persoas con problemas de saúde mental) 2. “Asociación San Xerome Emiliani” (atención a persoas con discapacidade intelectual) 3. “CEIP A Sangriña” (Colexio de Primaria) 4. “IES A Sangriña” (Instituto de...

28 nov 2011

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL GAÑA O 1º PREMIO DA PRIMEIRA SECCIÓN NO V CERTAME GALEGO DE BANDAS 2011

O domingo 27 de novembro celebrouse no Auditorio de Galicia, a terceira e última xornada do V Certame Galego de Bandas de Música, que proclamou á Agrupación Musical do Rosal como vencedora do 1º premio da Primeira Sección. (Foto: Suso) O xurado, que estaba formado por Juan Durán, Pilar Vañó, Mercedes Padilla e Xosé Carlos Seráns Oliveira entregou o primeiro premio, dotado con 2500 €, á Agrupación da vila, que interpretou a obra obrigada...

NIÑO DO CORVO SERÁ O DESTINO FINAL DO PROGRAMA TURÍSTICO-CULTURAL "O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO"

Este sábado 3 de decembro, se acompaña o bo tempo, celebrarase a última andaina do programa turístico-cultural "O Rosal. Coñece o teu concello". Desta vez percorrerase a zona do Niño do Corvo. Lembramos a anterior camiñata, a de novembro, por San Miguel e San Xoán de Tabagón e As Eiras, á que asistiron -entre outros- o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente alcalde Mª Carmen Alonso, a concelleira de Educación, Mabel Franco...

ESTE XOVES, NA TAPERÍA PANDEMILLO DE TOMIÑO, CELEBRARASE UNHA CATA DE VIÑOS GALEGOS CON MARIDAXE

O próximo xoves día 1 de decembro terá lugar na Tapería Pandemillo de Tomiño unha Cata de Viños Galegos con Maridaxe coa colaboración da Asociación Galega de Viticultura (AGV), a cal ven realizando por todo o país catas de viño para poder ensinar aos consumidores dos viños galegos. “Temos que borrar esa etiqueta de que non temos viños á altura de Rioja ou Ribera del Duero, nós non temos que envexar nada a esas zoas, temos viños que están a esa...

24 nov 2011

O equipo feminino de baloncesto do San Xerome, CAMPIÓN DE GALICIA na categoría adaptada. A nosa noraboa

Informa: Xosé Carlos G. Blanco / San Xerome Despois da celebración ao longo do ano 2011 das tres xornadas deportivas, o mércores día 23 de novembro o equipo feminino da categoría adaptada proclamouse CAMPIÓN GALEGO. Nesta terceira xornada, disputada no Pavillón de O Porriño, o club do Baixo Miño derrotou con claridade aos equipos Aspanaex e Méndez Núñez de Vigo. Ao remate da xornada, o alcalde do Porriño, Nelson Santos, fixo entrega ás flamantes...

Cruz Roja abre o prazo do curso para voluntariado de "Animación y estimulación gerontológica"

Cruz Roja Española, desde su Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, convoca dentro de sus acciones formativas un monográfico de Animación y estimulación gerontológica dirigido a mayores de 16 años, que desean realizar actividad voluntaria en el ámbito de la animación en el Programa de Personas Mayores de Cruz Roja en el Baixo Miño. La acción formativa se desarrollará los días 19 y 21 de diciembre en horario de 10.00 a 14.00 h.; 22 y 23 de diciembre de 16.00 a 19.00 h. Los objetivos son dar a conocer de manera sencilla habilidades y herramientas...

O 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia que existe contra a Muller

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Española Es imprescindible el compromiso de toda la sociedad para acabar con la violencia de género Durante 2010, Cruz Roja Española prestó su apoyo a más de 22.000 mujeres en dificultad social Cruz Roja Juventud aprovecha la fecha para sensibilizar a la ciudadanía con su actividad “No a la violencia de género, ni hoy, ni nunca” En torno al 98% de las agresiones que se dan en el entorno familiar son a mujeres; y una mujer de cada cinco en Europa ha sufrido algún tipo de violencia por parte de su pareja,...

Reportaxe da ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2011 celebrada no Rosal

  Despois dos retrasos obrigados polas choivas, celebrouse a romaría na honra de San Martiño de Tours. O santo, levado en procesión ao son da gaita, saíu da igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal o pasado domingo 20 de novembro ás 10:30 horas da mañá, para chegar á súa capela no alto do monte da Valga, a repique de campá, ás 12 horas. A referencia histórica máis antiga que coñecemos da capela data do século XVI e sabemos que pertencía ao...

23 nov 2011

XEROCK E THE RUNAWAYS, NO IES A SANGRIÑA, COMO DESPEDIDA DO PROXECTO “DEMOCRACIA PARTICIPATIVA”

Informa: Xosé Carlos G. Blanco / San Xerome O vindeiro venres 25 de novembro o Centro San Xerome Emiliani en colaboración co Instituto da Sangriña vai celebrar o derradeiro acto do proxecto de democracia participativa que comezou o pasado 1 de decembro do 2010. Este acto consiste nun concerto do grupo XEROCK do Centro San Xerome Emiliani e o grupo The Runaways composto por mozos de A Guarda. Con este concerto pretendemos celebrar un encontro da...

Concerto da Agrupación Musical do Rosal con vistas a súa participación no V Certame Galego de Bandas

Informa: Montserrat Domínguez Otero / Agrupación Musical do Rosal Con motivo da participación da Agrupación Musical do Rosal na sección primeira do V Certame Galego de Bandas realizaremos un concerto de presentación das obras que interpretaremos. O concerto terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal este sábado día 26 ás 17,00 h. e o programa será o seguinte: - Adiós Tomiño! de Ademar Álvarez - A lenda da Santa Compaña de David Cuevas - Apocalypse...

21 nov 2011

Nuria e María disfrutaron do seu premio no BAR-TAPERÍA A COMPETENCIA

O sábado 19 de decembro, Nuria González Adrover e María Senra Álvarez, integrantes do equipo "AS VITAMINAS", décimas clasificadas no II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011, tamén disfrutaron do seu premio. Este non era outro que unha cea no BAR TAPERÍA A COMPETENCIA* (O Rosal), xentileza do seu propietario, José Enrique Rodríguez Vicente. *O BAR-TAPERÍA A COMPETENCIA atópase en plena Praza do Calvario. Se queredes contactar...

O BAR RESTAURANTE PARADELA premia a FUSIÓN, equipo feminino de futbolín

O pasado venres 18 de novembro, Luisa Fernández Álvarez e Rebeca Rodríguez Rodríguez, integrantes do equipo "FUSIÓN", oitavas clasificadas no II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal, foron premiadas cunha fantástica cea no BAR RESTAURANTE PARADELA* (San Xoán de Tabagón) cortesía do seu propietario, Delmiro Pereira Barros. Ata alí se achegaron tamén Rubén Santos Paz e Sergio Casal Fernández, secretario e vicepresidente...

Studio 88 estará no III Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo

Informa: Josué Álvarez Alonso / Asociación Studio 88  A Asociación Studio 88 estará o  domingo 27 de novembro no III Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo, "Open Internacional Standar y Latino", dende as 14:00 ás 20:00 horas, no pavillón municipal. Dende a Asociación recomendamos a asistencia, xa que sen dúbida constitúe todo un espectáculo, e nos tempos que corren é bo apoiar a todas esas parellas que se dedican a...

Encontro galego-portugués no Centro San Xerome Emiliani

Informa: Xosé Carlos G. Blanco / San Xerome  A pasada fin de semana, do 18 ao 20 de novembro reuniuse no Centro San Xerome Emiliani o equipo de Democracia Participativa do programa europeo Xuventude en Acción. O grupo da Cercipovoa de Vilafranca de Xira (Portugal) viaxou nesta ocasión a A Guarda para facer o derradeiro encontro Galego - Portugués do proxecto. O grupo está constituído por oito mozos de Vilafranca de Xira e oito do Centro...

A nosa noraboa a Jonathan, que estivo a piques de pasar á final do concurso "Jóvenes Modelos 2011"

Informa: José Luis Rodríguez Fernández O rosaleiro Jonathan Rodríguez Rodríguez, que conseguira pasar á final local do concurso “Jóvenes Modelos", organizado por El Corte Inglés e Faro de Vigo, non puido acceder á ultima proba a nivel de Galicia, pese a ser un dos favoritos do público. El Corte Inglés de Vigo acolleu o pasado mércores 16 de novembro unha gala na que o xurado decidiu que os seis gañadores que representarán a Vigo na fase rexional...

16 nov 2011

Últimas prazas para participar no Curso de Primeiros Auxilios no Fogar

Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño  Cruz Roja Española en el Baixo Miño informa de las últimas plazas vacantes para el curso de interés sanitario, dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesadas en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios en el hogar. El curso de Primeros Auxilios en el hogar, baremable para el SERGAS tiene una duración de 10 horas teórico-prácticas. Las fechas serán los días 19 y 26 de noviembre...

14 nov 2011

A Peluquería Ignacio do Rosal premia ás gañadoras do "Feminino"

A "Peluquería Ignacio" do Rosal obsequiou a Mary Domínguez e Ruth Martínez, gañadoras do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011, cunha sesión de perruquería. Os irmáns Ignacio e Sonsoles González Rivas atenderon amablemente o pasado venres ás vencedoras do "Feminino", que se peinaron, cortaron o cabelo e aínda se fixeron mechas. ¡¡A nosa gratitude para ele...

10 nov 2011

O rosaleiro Jonathan Rodríguez Rodríguez, na final local de "El Joven Modelo El Corte Inglés 2011"

Informa: José Luis Rodríguez Fernández O rosaleiro Jonathan Rodríguez Rodríguez* consegue pasar á final do concurso “El Corte Inglés de Galicia elige El Joven y La Joven Modelo El Corte Inglés Galicia 2011”, onde participan rapaces e rapazas de entre 14 e 22 anos de idade. Este mércores 16 de novembro celébrase a final local, sendo durante esta gala cando se elixan os seis gañadores que representarán a Vigo na fase rexional. O xurado estará...

O grupo LIROLAI actuará este venres no programa LUAR da TVG

Mañá, venres 11 de novembro, LIROLAI actuará no programa LUAR da TVG, interpretando a canción "A Cabaqueira". O grupo rosaleiro está composto por Gloria de la Peña, Miguel Proba, Fátima Pereira, Celso Diego, Rafael Martínez, Serafín Luna, Rafael Domínguez, Sara Proba, Chelo Pereira, Sol Rodríguez, Berta Caride, Esther Vicente e Carmen Rodríguez. O grupo de pandereteiras/os e música tradicional Lirolai nace no interior da Agrupación Musical...

7 nov 2011

Conchi, Vanesa, Mary, Ruth, Noelia e Maite, ao Campionato de España de Futbolín tras gañar o "Feminino"

O domingo 6 de novembro, no Centro Social Polivalente da vila, tivo lugar o acto de entrega de premios do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011, que organizou esta web conxuntamente coa Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín e a colaboración do Concello do Rosal. Un total de 20 rapazas disputaron este torneo os días 29 e 30 de outubro no Bar Floro, Bar D’Bute e Bar Troya. As tres primeiras parellas clasificadas...

6 nov 2011

Hoxe domingo, a entrega de premios do II Campionato Feminino de Futbolín

Mary e Ruth, gañadoras das dúas edicións do Feminino Hoxe, domingo 6 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro Social Polivalente da vila, terá lugar o acto de entrega de premios do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011, organizado pola nosa web e a Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín coa colaboración do Concello do Rosal. Lembramos de seguido a clasificación final da segunda edición deste innovador...

A Xunta de Galicia ingresa 47.000 € ao Centro San Xerome

Informa: Xunta Directiva do Centro San Xerome  O venres 4 de novembro, a Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia ingresou 47.000 € correspondentes ao contrato de servizos do Centro de día e Centro ocupacional relativos á facturación do pasado mes de agosto. Con este importe fíxose efectivo o pago das nóminas do persoal do Centro, do mes de outubro. Quedan pendentes de ingresar por diferentes conceptos coa Administración, un total de 200.000 €., indispensables para o normal funcionamento das unidades e servizos...

4 nov 2011

II Rally do Tamuxe de Scalextric organizado pola Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel

O sábado 5 de novembro terá lugar a segunda edición do Rally do Tamuxe de Scalexctric que organiza a Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón. Haberá catro tramos de competición, comezando os adestramentos libres ás 10:30 horas, para xa ás 16:00 horas dar inicio a este curioso e novidoso Rally do Tamuxe. Máis información nos teléfonos 986 61 38 69 e 672 085 5...

Resultados do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011

FASE DE GRUPOS GRUPO A Camposinas-Fusión: 3-0 (Partidas: 5-1, 5-0, 5-1) Bar Floro-Evasión: 0-3 (Partidas: 1-5, 4-5, 3-5) As Divinas-Camposinas: 3-0 (Partidas: 5-3, 5-2, 5-0) Fusión-Bar Floro: 0-3 (Partidas: 3-5, 2-5, 1-5) Evasión-As Divinas: 3-2 (Partidas: 5-4, 3-5, 5-4, 4-5, 5-4) Camposinas-Bar Floro: 1-3 (partidas: 5-2, 3-5, 3-5, 2-5) Fusión-As Divinas: 0-3 (partidas: 0-5, 4-5, 2-5) Camposinas-Evasión: 0-3 (partidas: 2-5, 3-5, 3-5) Bar Floro-As...

2 nov 2011

Mary Domínguez e Ruth Martínez gañan o II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011

O equipo HAI CHAPA, formado por Mary Domínguez e Ruth Martínez, vencen na gran final a Vanesa Sánchez e Conchi Barbosa (AS DIVINAS) e revalidan o seu título, gañando o II CAMPIONATO FEMININO DE FUTBOLÍN NOTICIAS O ROSAL 2011. O terceiro posto foi para o equipo BAR FLORO, integrado por Noelia Álvarez e Maite Martínez, tras vencer a Bea Rodríguez e María Martínez (AS CAMPOSINAS). A ENTREGA DE PREMIOS do II CAMPIONATO FEMININO DE FUTBOLÍN NOTICIAS...