FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 mar 2011

Carta aberta do director de Noticias

O ROSAL, 27 de marzo de 2011 Moi boas a todos e todas: Teño tantas cousas que contarvos que non sei realmente nin por onde comezar, pero bueno, intentarei facer un pequeno resumo. En primeiro lugar quero deixar claro a certas persoas -e lembrar de novo a todos/as- o punto fundamental antes de seguir algún día de novo coa actividade de Noticias O Rosal. 1.- Noticias O Rosal é un blog CULTURAL sobre esta fermosa vila baixomiñota que se creou...

25 mar 2011

Aquamiño ofrece un especial paseo en barco

O venres 25 e o sábado 26 de marzo Aquamiño, co patrocinio e colaboración do Concello de Tui, realizará un paseo en barco dende o Club Náutico San Telmo (ao carón da Comandancia Naval) ata a Pesqueira do Louro. Este acto está enmarcado dentro das actividades de conmemoración do 125 aniversario da Ponte Internacional de T...

O Muíño das Aceñas, será unha Aula da Natureza

Este vindeiro sábado 26 de marzo ás 18:30 horas procederase á presentación do Muíño das Aceñas como a primeira Aula da Natureza do Baixo Miño. O Concello do Rosal abrirá -coa colaboración da Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM)- esta Aula como centro de información da natureza nun enclave verdadeiramente idílico...

Espectáculo de baile moderno de Xamaraina

Este mes de marzo, do mesmo xeito que en anos anteriores, dedicamos o mes á muller. Por iso se teñen impulsado dende o Concello do Rosal actividades e accións desenvolvidas por mulleres, tanto na área cultural como social. Se ben o pasado domingo celebrouse unha nova edición do Festival de Poesía, resultando unha homenaxe continua á muller. Precisamente con motivo desta efeméride, o domingo 27 de marzo, ás 7 da tarde, no Auditorio Municipal...

San Xerome e Encontros coa Democracia

O Centro San Xerome Emiliani en asociación con Avelaíña e o centro Portugués Cerci Povoa da cámara de Povoa de Santa Iria (a vinte minutos de Lisboa), comezaron o pasado mes de xaneiro un proxecto sobre as institucións democráticas. Dentro deste proxecto se enmarca a visita ao Parlamento de Galicia e o encontro na Dirección Xeral da Dependencia do pasado venres 18 de marzo. Alí tivemos unha reunión coa directora xeral de dependencia Dna. Coro Piñeiro...

O Polivalente do Rosal acollerá o curso Celga 4

O Concello do Rosal comeza o curso preparatorio do CELGA 4 do 11 de abril ata o 15 de xuño. Terá lugar de luns a xoves dende as 19.30 h ata as 21.30 h no Centro Social Polivalente. Se estás interesado en anotarte neste curso, preparar o CELGA por libre ou resolver dúbidas, equivalencias, etc, podes achegarte ata o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal ou chamar ao 986 60 94 ...

Curso de Risoterapia para rosaleiros/as

 A Deputación de Pontevedra concedeulle un curso gratuíto de Risoterapia, cunha duración de 30 horas, á Asociación de Persoas Maiores do Rosal. Como quedan prazas vacantes, se eres do Rosal e queres participar neste cursiño que se celebrará os luns de 16:00 a 18:00 horas no Centro Social Polivalente, podes chamar ao teléfono 986 60 94 50 e anotar...

Nova actividade de "Moviéndonos por el Río"

Velaquí vos deixamos a nota de prensa íntegra e en castelán remitida á nosa Redacción relativa a unha nova actividade dos voluntarios de Cruz Roja e o proxecto Moviéndonos por el Río. "Los voluntarios de Cruz Roja del proyecto Moviéndonos por el Río realizarán mediciones de la calidad de agua con un grupo de niños. Todas las actividades del proyecto “Moviéndonos por el río” se realizan dentro de la Estrategia de Restauración de Ríos del MARM....

O Rosal celebrou o Día Mundial da Poesía

Reportaxe: Concello do Rosal O domingo 20 de marzo, o Concello do Rosal celebrou o Día Mundial da Poesía no Auditorio Municipal.  Nesta 3ª edición, a concelleira de Cultura, Charo Tabales, abriu o acto facendo unha especial mención á UNESCO, por ser esta organización a que propuxo a celebración deste día, como un tributo á palabra poética. Fixo unha pequena reflexión sobre ela, sinalando que “a poesía emana do máis profundo da cultura dos...

22 mar 2011

Concerto da Agrupación Musical do Rosal

O pasado sábado 19 de marzo tivo lugar no Auditorio o "Concerto Día do Pai", organizado pola Agrupación Musical do Rosal. Comezou as actuacións a Coral, dirixida por Celso Diego Martínez, que interpretou os seguintes temas: ·Ruada de Chamosa. (Popular. Arr. Julio Domínguez)·La bella Lola. (Habaneira Popular)·Os cregos e os taberneiros. (M. Ángel Viro)·Fisterra. (Popular. Arr. Marcos Valcárcel Gregorio).·Foliada de Compostela. (Popular). De seguido,...

Camiño Portugués da Costa. Terceira etapa

Recentemente tivo lugar a terceira etapa do programa “O Rosal. Coñece o teu concello” que levou a un centenar de persoas a percorrer os 3 km do tramo rosaleiro do Camiño Portugués pola Costa así como a visitar os barrios de Portecelo e Sanxián (xuradía de Marzán). Os participantes desta andaina deportivo-cultural -entre os que se atopaban o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, e as concelleiras Mª Carmen Alonso e Mabel Franco Pérez, responsables...

18 mar 2011

Erea Castro, a pregoeira da IV Festa do Xabarín

A Comisión de Festas da Concepción ofrécenos as últimas novidades da IV FESTA GASTRONÓMICA DO XABARÍN que se celebrará o domingo 20 de marzo en Salceda de Caselas. Lembramos que esta Festa do Xabarín terá como pregoeira á cantante Erea Castro (representante do Baixo Miño, Condado e Paradanta no concurso Recantos, do Luar-TVG). Velaquí vos deixamos o programa completo, xentileza da Comisión de Festas da Concepción: *9:00...

16 mar 2011

Canto para a vendima do Rosal, por Berta Castro

Velaquí vos deixamos este texto e Canto para a vendima do Rosal da autoría da mestra rosaleira Berta Castro González. "É O Rosal desde tempos inmemoriais terra de gran tradición vitivinícola. Cepas, esteos, parras, espalleres… forman parte da súa paisaxe. Na actualidade son moitas as hectáreas que ocupan os viñedos, sendo grandes adegas convertidas en empresas as que elaboran e dan a coñecer nacional e internacionalmente o viño do Rosal… Pero...

Entroido do CRA María Zambrano e do Marquier

Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica do desfile que se celebrou na Praza do Calvario o pasado venres 4 de marzo e que congregou tamén -aparte da Escola Infantil Municipal- aos alumnos do CRA María Zambrano e do CPI Manuel Suárez Marquier...

15 mar 2011

Concerto da A.M. para celebrar o Día do Pai

O vindeiro sábado 19 de marzo ás 20:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal un concerto con motivo da celebración do Día do Pai, no que participarán a Coral da Agrupación Musical do Rosal, baixo a dirección de Celso Diego Martínez e a Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, baixo a batuta de Diego Javier Lorente Lóp...

Gustavo Martínez de novo destaca en Monçâo

O piloto rosaleiro Gustavo Martínez Vázquez (Mus Competición) rematou en 5º lugar na súa categoría e no posto 20º da xeral de 68 inscritos na XXXIV edición do Rally á Lampreia que se disputou en Monçâo (Portugal). A proba estivo organizada polo Sport Club do Porto e contou coa colaboración da Câmara Municipal de Monção e o Desportivo de Monção. Como xa adiantábamos, Gustavo volveu a ser un dos condutores máis agardados polo espectáculo...

Entroido dos nenos/as da Escola Infantil

O pasado venres 4 de marzo tivo lugar na Praza do Calvario o Entroido dos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal "A Galiña Azul" que dirixe Alicia Alonso Treinta. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica...

Curso de Primeiros Auxilios e Socorrismo

Realizando un simulacro de primeiros auxilios. (Foto: Molina) Aínda quedan prazas para o "Curso de Primeros Auxilios y Socorrismo Terrestre" impartido en Cruz Roja Baixo Miño. Transcribimos literalmente a nota de prensa remitida á nosa Redacción: "Continúa el plazo de inscripción abierto para aquellas personas que estén interesadas en el curso de Primeros Auxilios, baremable para el Sergas, con una duración de 40 horas teórico-prácticas, y se celebrará...

Saídas de fin de semana para a xuventude

Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal celebraranse en breve uns roteiros para mozos de 18 a 25 anos. Este programa está convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e consiste nun programa de saídas de fin de semana que inclúe itinerarios da cultura mariñeira, rutas de sendeirismo de dificultade media, actividades náuticas e de multiaventura e de interpretación do noso patrimonio natural,...

Noticias O Rosal apoia á cantante Erea Castro

Chega novamente a quenda, o turno de Erea Castro no concurso Recantos que organiza o programa LUAR da TVG para descubrir ás novas promesas da canción galega. Esta cantante de Salvaterra representa á zona do Baixo Miño e do Condado-Paradanta. Durante o programa -que comeza os venres ás 22:00 horas- estiveron abertas as liñas telefónicas para que os fans e espectadores poidesen votar por Erea Castro. Había que marcar o número...

11 mar 2011

A Deputación entrega mochilas á U.D. Ribera

O xoves 3 de marzo tivo lugar no Estadio Municipal da Mata o acto de entrega aos xogadores cadetes e xuvenís da U.D. Ribera de fútbol de cómodas, pequenas e modernas mochilas -agasallo da Deputación- a cargo do alcalde e deputado provincial, Jesús Mª Fernández Portela e do concelleiro de Deportes, Ángel Martínez Villa. Estiveron tamén presentes –entre outros- o adestrador dos xuvenís, Juanma Berrecoso; o preparador dos cadetes, Manuel Sobrino;...

O Rosal, na reunión de Vila do Conde (Oporto)

O pasado xoves 3 de marzo tivo lugar no Centro de Memória de Vila do Conde (Oporto-Portugal) unha reunión internacional dos representantes españois e lusos dos distintos concellos polos que discorre o Camiño Portugués da Costa. Nesta importante cita estiveron os portavoces das cámaras lusas de Povoa de Varzim, Maia, Matosinhos, Esposende, Vila do Conde, Anadia, Viana do Castelo, Camiña ou Vila Nova de Cerveira. Pola parte galega asistiron a...

2 mar 2011

Diversión garantida no Entroido de Novás 2011

Velaquí vos deixamos o programa das -a bo seguro- animadas e festeiras actividades que se celebrarán en Novás esta fin de semana con motivo do Entroido. DOMINGO 6 A partir das 17:00 horas, Partido de fútbol de SOLTEIRAS contra CASADAS. A seguir, XOGOS POPULARES: carreira de sacos, a carretilla e moitas sorpresas máis, con entrega de premios para os participantes. LUNS 7 A partir das 16:30 horas, a tradicional CORRIDA DO GALO....

1 mar 2011

A 3ª etapa, polo Camiño Portugués da Costa

O Concello do Rosal organiza este sábado 5 de marzo a terceira etapa do seu programa “Coñece o teu concello”. Trátase dunha novidosa e gratuíta iniciativa que durará todo o ano, celebrándose cada andaina o primeiro sábado de mes. Nesta ocasión percorrerase o tramo rosaleiro do Camiño Portugués da Costa e visitaranse os barrios de Portecelo e Sanxián, admirando a súa paisaxe marítima, a súa capela (data do s. XIII, na imaxe), os seus muíños, lavadoiros,...