FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

22 nov 2014

Nikolai Tsybanev analiza a previa do partido Acanor Novás-Granitos Ibéricos

Información e fotografías: Acanor Atlético Novás Nikolai Tsybanev (Volgogrado-Rusia, 1964), está considerado un dos mellores xogadores que pasou pola historia do Atlético Novás.   Chegou ao Rosal a finais do século pasado e botou raíces aquí. Primeiro como xogador, e logo como adestrador en diferentes categorías, o seu apelido vai  unido ao nome do club dende fai case dúas décadas. ...

19 nov 2014

O Novás segue aferrándose á idea do "partido a partido" na volta de Jacobo

Na imaxe, o rosaleiro Jacobo Coello, na I Xuntanza do Novás (agosto de 2013) Informa: Andrés Senra / Acanor Atlético Novás 'Partido a partido'. A esa frase tan popular nos últimos tempos, é ao que se aferra o Acanor Novás. Esquecidas xa esas tres derrotas consecutivas, o único que pasa pola cabeza do corpo técnico e do plantel é agora mesmo, o Carballal, rival deste sábado (19:45 h). O Novás, que superou comodamente ao Cañiza o pasado...

O Atlético Novás presume de base e aspira a un equipo "made in O Rosal"

Informa: Andrés Senra / Acanor Atlético Novás Ha dado mucho trabajo, muchas horas... y ha tenido que pasar su tiempo, pero gracias al esfuerzo principalmente de un grupo de padres, el Novás empieza a recoger sus frutos. Actualmente el club cuenta con categorías juvenil, cadete, infantil y alevín federado, y un grupo de benjamines y pre benjamines que se divierten en los entrenos y compiten en torneos amistosos. Siempre aprendiendo a la estela...

18 nov 2014

Transporte de balde dende O Rosal á Unidade de Exploración Mamográfica

Informa: Concello do Rosal. O programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama pon a súa disposición un medio de transporte de balde, para facilitarlle o acceso desde o Concello de O Rosal ata a Unidade de Exploración Mamográfica sita NA CASA DO MAR en Beiramar, 51-2º planta en VIGO e tamén á viaxe de volta ó Concello. O uso desde transporte non é obrigatorio, polo que se vostede o desexa, pode acudir polos seus propios medios á cita...

16 nov 2014

Os integrantes do Club Ciclista O Rosal conseguen cinco podios en dous días

O Club Ciclista da vila, tal e como se pode ler na súa web, vén de conseguir cinco podius en dous días seguidos de competición na modalidade de ciclocross. O sábado 15 de novembro celebrábase o Trofeo Comunidade de Montes das Eiras: Mario Fernández (2º), María Correa (3ª) e Zaida González (3ª).  Xa ao día seguinte, o domingo 16, no Trofeo Cidade de Santiago, María Correa (3ª) volvía a protagonizar o mesmo podio que en Eiras....

Carlos Alberto Ramón Pérez, novo director da Agrupación Musical do Rosal

Foto: Brais Martínez / Agrupación Musical do Rosal Segundo se pode ler na web da Agrupación Musical do Rosal, "Carlos Alberto Ramón Pérez (Crevillent, Alicante), estudante actualmente dun Máster en Maastricht (Holanda) co mestre Jan Cober, convértese no novo director da banda tralo proceso de selección entre máis de vinte candidatos". Carlos A. R. Pérez realizará o seu primeiro concerto coa banda "o vindeiro 7 de decembro ás 19:00 horas,...

14 nov 2014

O Novás empregará a filosofía de "Cholo" Simeone en busca da remontada

Adrián Freiría e Roberto Rodríguez "Harris" cando militaban xuntos no Novás Informa: Acanor Atlético Novás. O Novás, equipo rosaleiro de balonmán, empregará para a súa remontada en Liga, a coñecida filosofía do "partido a partido", ideal instaurado por Diego Pablo "Cholo" Simeone (adestrador de fútbol do Atlético de Madrid). 'Agora debemos ir partido a partido', estas son as declaracións do lateral rosaleiro Roberto Rodríguez Vicente...

12 nov 2014

Este sábado 15, o XVII Trofeo Comunidade de Montes de Eiras de Ciclocross

O Club Ciclista O Rosal organiza o vindeiro sábado 15 de novembro o XVII Trofeo Comunidade de Montes de Eiras de Ciclocross. Segundo se pode ler na súa web, "a competición dará comezo ás 14:45 horas cunha carreira de Promoción para a categoría de Infantís, para as 15:00 horas dar paso ás categorías habituais, como son as Féminas (Cadete, Júnior, Élite), e os masculinos das categorías de Cadete, Júnior, Sub-23, Élite e Máster 30, 40, 50 e...

O curso federativo de "Monitor de Fútbol Base" comeza en O Rosal o día 25

Información e fotografías: Miño Films O pasado venres 7 de novembro presentouse no concello do Rosal o curso federativo de "Monitor de Fútbol Base", convocado pola Federación Galega de Fútbol, que dará comezo o vindeiro martes 25 de novembro. Ao acto asistiron, ademais dos propios inscritos -entre outros- a presidenta da U.D. Ribera, Estela Pereira Álvarez, o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela e o concelleiro de Deportes,...

A I Carreira Popular "San Silvestre O Rosal" celebrarase o 31 de decembro

Segundo comunica no seu perfil de facebook o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, o 31 de decembro deste ano ás 11:00 horas, celebrarase na vila a I Carreira Popular "San Silvestre O Rosal". Organizada polo Club de Atletismo Manuel Suárez Marquier e o propio Concello, coa colaboración do Comercio do Rosal, será "unha actividade fundamentalmente lúdica e familiar, non competitiva". Estas son as...

11 nov 2014

Nova campaña de Nadal da Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR)

Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural A Asociación de Comerciantes e Industriais do Rosal (ACOR), presidida por José Martínez González (Pepe Berdeal) distribuiu 10.000 boletos entre todos os comercios asociados para agasallar aos seus clientes. A campaña consiste nun gran sorteo que se celebrará o vindeiro 9 de xaneiro e no que poderán gañar vales de compra e unha cesta de nada...

10 nov 2014

Conferencia do historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe en A Guarda

O vindeiro xoves 13 de novembro, ás 20:00 horas, o escritor e historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe ofrecerá unha interesante charla-conferencia sobre A Prehistoria entre A Gándara e Salcidos (A Guarda) que terá lugar no novo espazo gastronómico-cultural “Bodegón Os Seixiños” rexentado polo tamén veciño, Sergio Rodríguez Rodríguez “Trinta”. Esta conferencia é a primeira dunha serie de xornadas –libres e gratuítas- que se organizarán...

5 nov 2014

Teatro en O Rosal con motivo do Día Mundial contra a Violencia de Xénero

O domingo 30 de novembro (18:00 horas), con motivo do Día Mundial contra a Violencia de Xénero, a compañía de teatro Centro Dramático Clandestino presenta no Auditorio do Rosal a obra "¡Oh Dios mío, somos mamíferos!", apta para maiores de 16 ano...

O Grupo Mascarenhas organiza o día 23 un Festival de Acordeóns en O Rosal

(Foto: Grupo Mascarenhas / facebook) O Auditorio Municipal do Rosal acollerá o vindeiro domingo 23 de novembro, a partir das 18:00 horas, un Festival de Acordeóns en honor a Santa Cecilia, organizado polo Grupo Mascarenhas* da vila da Guarda. *Dirixido por José Luis Lorenzo Rodríguez forman o Grupo Mascarenhas: Juan Bande, Víctor Valcárcel, Daniel Vilanova, Iván Rodríguez, Rocío Lomba, Sandra Pérez, Ana Portela, Fátima Daval, Natalia Fernández,...

ARTE-MAGOSTO en O Rosal (8-9 nov.), organizado pola Asociación + K Arte

Esta fin de semana (sábado 8 e domingo 9 de novembro) celebrarase na rosaleira Praza do Calvario -e durante todo o día- o evento ARTE-MAGOSTO, organizado pola Asociación +K Arte. Haberá unha feira de artesanía (de 11 a 20 horas), obradoiros infantís (de cantería, de castañas e de globoflexia) e un magosto tradicional (castañas, viño e refrescos a prezos populares), coa actuación do grupo de gaitas Airiños do Folón e do grupo de pandereteiras...