TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

6 may. 2013

O SÁBADO 11 DE MAIO CELÉBRASE A XI ANDAINA "O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO, 2013" POR EIRAS E TABAGÓN




O vindeiro sábado 11 de maio terá lugar unha nova andaina deportivo-cultural organizada polo Concello do Rosal.

O punto de encontro será ás 16:00 horas no aparcadoiro de Adegas Val Miñor, na Portela (San Xoán de Tabagón).

Esta andaina, como as dez anteriores, estará guiada polo emprendedor sociocultural rosaleiro Juan Ramón Martínez Barbosa, quen ao longo do percorrido ofrecerá diferentes explicacións históricas descoñecidas dos importantes elementos patrimoniais civís e relixiosos das parroquias de San Xoán de Tabagón e San Bartolomeu das Eiras.



Os participantes poderán visitar –entre outros lugares- a propia adega rosaleira, o contorno da capela da Magdalena e a igrexa parroquial das Eiras, para logo baixar ata a praia fluvial. Unha das novidades desta ruta será admirar e coñecer a última descuberta de arte rupestre en Eiras (un conxunto de petróglifos de época prehistórica, cando menos da Idade do Bronce Final, 1200-1100 a 700-600 antes de Cristo).

Para apuntarse a esta XI Andaina –inscrición gratuíta- e para máis información, poden achegarse ata o Concello ou chamar ao teléfono 986 62 50 00.

0 comentarios:

Publicar un comentario