TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 may. 2013

31 DE MAIO, DÍA MUNDIAL SEN TABACO


Fonte: Asociación Érguete Baixo Miño

Cada 31 de maio, a Organización Mundial da Saúde celebra o DÍA MUNDIAL SEN TABACO  para recordar que provoca múltiples preocupacións a toda a sociedade, tanto aos fumadores activos como pasivos: mortes prematuras, cancro broncopulmonar e de larinxe, cardiopatía isquémica e cerebrovascular, aumento do risco de disfunción eréctil, problemas dentais, e un longo etcétera.

O tema concreto deste ano é a prohibición da publicidade, a promoción e o patrocinio do tabaco. As probas acumuladas amosan que a prohibición completa da publicidade, reduce o número de persoas que adquiren ou manteñen o hábito de fumar. As estatísticas amosan que a prohibición da publicidade e o patrocinio do tabaco é unha das medidas máis eficaces para reducir a demanda de tabaco e constitúe, polo tanto, unha das “mellores inversións” para combatelo. A epidemia mundial do tabaquismo mata cada ano a case 6 millóns de persoas, onde máis de 600.000 son non fumadoras que morren por respirar o fume alleo.

A Asociación Érguete Baixo Miño contribúe a protexer á poboación presente e futura desta adicción, educando en hábitos de vida saudables nos talleres que realizamos nas escolas e animando ás persoas novas a que por ningún motivo se inicien no consumo desta substancia. Tamén, dende Érguete ofrecemos axuda ás persoas que desexen deixar de fumar a través do asesoramento individual e personalizado ao cal poden acceder gratuitamente contactando coa entidade.

Asociación Érguete Baixo Miño
r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda
986 614 407    
- info@erguete.org    
- facebook.com/erguetebm   
- @ErgueteBM

Video campaña Día Mundial sen Tabaco 2013: http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=BmOdf2wv6kQ#!

0 comentarios:

Publicar un comentario