TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

28 may. 2013

A “XII ANDAINA O ROSAL COÑECE O TEU CONCELLO, 2013”, O SÁBADO 8 DE XUÑO



A falta de confirmar o horario e o itinerario completo, o Concello do Rosal anuncia a celebración da “XII Andaina O Rosal. Coñece o teu concello, 2013” para o vindeiro sábado 8 de xuño, de tarde.

Lembramos que a última ruta guiada foi o pasado 11 de maio polas parroquias de San Xoán de Tabagón e San Bartolomeu das Eiras, con visita a Adegas Valmiñor, ao petróglifo de Ghorgholado e aos cruciformes das Ramallas, capela da Magdalena, igrexa parroquial das Eiras, praia fluvial, etc.

Para apuntarse a esta XII Andaina –a inscrición é gratuíta- e para máis información, poden achegarse ata o Concello do Rosal ou chamar ao seu teléfono: 986 62 50 00.

Velaquí deixamos a reportaxe fotográfica realizada por Juan Ramón Martínez Barbosa, guía destas andainas deportivo-culturais.

0 comentarios:

Publicar un comentario