TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

7 may. 2013

O ROSALEIRO XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE PARTICIPA ESTE VENRES NO SEMINARIO INTERNACIONAL "O MIÑO QUE NOS UNE"




O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe foi convidado a intervir no Seminario Internacional "O Minho que nos une" que se celebrará na vila da Guarda este venres 10 de maio.

Tamuxe participará a partir das 16:00 horas na Casa dos Alonsos (Praza do Reló) no Grupo de Traballo 2: "Recursos e estratexias para coñecer e divulgar o Patrimonio", coordinado por Aurora Rego, catedrática historiadora, coñecedora da relación Caminha-A Guarda.

Velaquí vos deixamos íntegra a nota de prensa remitida por Rosalía Verde á nosa Redacción dende a concellaría de Turismo guardesa que dirixe Montserrat Magallanes:
"O Alcalde de A Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, e o Vicepresidente de Caminha, D. Flamiano Martins, presentaron o SEMINARIO INTERNACIONAL “O MINHO QUE NOS UNE” o día 7 de maio nun marco significativo como é o ferry que une as dúas beiras do Miño.

Durante este acto presentouse o Seminario Internacional que terá lugar o próximo venres día 10 de maio no Concello da Guarda e que está organizado polos dous municipios. Este seminario ten como obxectivo abordar temas relacionados co río Miño e permitir a participación das institucións e veciños de Portugal e España. O seminario intégrase no proxecto para a promoción do río Miño promovido polos municipios de ámbolos lados da fronteira.

Os dous representantes definiron o programa que comprende un conxunto de conferencias onde se abordará a evolución e a historia do río Miño, o programa europeo transfronteirizo entre 2014 e 2020 e algúns casos de éxito noutros ríos de Portugal e España. Durante a tarde realizaranse tres grupos de traballo con representantes de diversas institucións e especialistas de ámbolos lados da fronteira, onde serán debatidos temas relacionados co desenvolvemento económico sustentábel da rexión, estratexias para a promoción do patrimonio e a preservación dos usos e da biodiversidade do río Miño. Tamén foi programada unha visita guiada polo Monte de Santa Trega.
Os moderadores dos grupos de traballo exporán as aportacións e acordos tomados como conclusións no acto de peche do seminario. Ó seminario poden asistir todos aqueles interesados ou entes vinculados o Miño".
Este é o programa completo do Seminario Internacional:



PROGRAMA:

10.30-10.45   APERTURA DO SEMINARIO
            D. José Manuel Domínguez Freitas,  Alcalde da Guarda.
            D. Flamiano Martins, Vicepresidente da Cámara Municipal de Caminha.

10.45-11.45   RELATORIO:
          “O MIÑO COMO ESCENARIO DA HISTORIA”
          D. Ermelindo Portela Silva, Catedrático de Historia Medieval na Universidade de Santiago.

11.45-12:00   PAUSA CAFÉ

12.00-13.00   RELATORIO:
          “PROXECTOS TRANSFRONTEIRIZOS: ESTRATEXIAS EUROPEAS 2020”
          D. Juan Lirón, Director da GNP-AECT, Agrupación Europea de Cooperación Territorial      Galicia-Norte de Portugal.

16.00-17.00   VISITA GUIADA NO MONTE SANTA TREGA

16.00-18.30   GRUPOS DE TRABALLO

          GRUPO DE TRABALLO 1:
          “O MIÑO COMO RECURSO ECONÓMICO SOSTIBLE”
            Lugar: Centro Cultural
            Coordina: D. Jose Font, Director da Radio Municipal de Tui.
            Participan:
·        D. Albino Prada, Profesor de Economía Aplicada, Grupo de investigación ERENEA da Universidade de Vigo.
·        Dona Ruth González, Xefa de servizo de Turismo Rías Baixas.
·        Dona Carmen García Braga, Presidenta da Asociación de Comerciantes A Guarda ACIGU-CCA e o FEBAM, Federación de Empresarios do Baixo Miño.
·        D. Francisco Pérez, Patrón Maior da Confraría de Pescadores A Guarda.
·        D. Fernando Ferreira Rodríguez, Presidente da Asociación de Pescadores do Río Miño.
·        D. Paulo Alexandre e Vitor Santos, Membros da Associaçao de Pescadores do Río Minho.
·        D. Joâo Guterres, Confraría da Lampreia do Río Minho.
·        D. António Capela da Silva, Representante Iate Clube de Caminha.
·        D. Pedro Giestal, Técnico da Associaçao empresarial CEVAL.
·        Dona Elsa Cepa, Membro do Comercio e comunicación social de Caminha.
·        Representante Turismo do Porto Norte de Portugal.



          GRUPO DE TRABALLO 2:
          “RECURSOS E ESTRATEXIAS PARA COÑECER E DIVULGAR  O PATRIMONIO”
                              Lugar: Casa dos Alonsos (Praza do Reló)
            Coordina: Dona Aurora Rego, Catedrática Historiadora coñecedora da relación Caminha-A             Guarda.
            Participan:
·        D. Anselmo López Carreira, Catedrático de Historia e Profesor da UNED.
·        Dona  Lourdes Carita, Membro da Asociación galego portuguesa Ponte nas Ondas.
·        D. Xoán Martínez Tamuxe, Cronista e Historiador local.
·        Dona Silvia González Soutelo, Doutora en Arqueoloxía e Investigadora do GEAAT, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio.
·        Dona Rebeca Blanco-Rotea, Membro do Instituto de Ciencias do Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (Incipit-CSIC).
·        D. Gilberto Carlos, Profesor da Escola Gallaecia de Vilanova de Cerveira.
·        D. Miguel Matos, Membro do CIM Alto Minho, Comunidade Intermunicipal do Minho-Lima.

          GRUPO DE TRABALLO 3:
          “O MIÑO PAISAXE CULTURAL: INTERACCIÓN DA  NATUREZA E DO HOME”
            Lugar: Museo Arqueolóxico Santa Trega
            Coordina: Mario Crecente, Coordinador da redacción do Plan Director do Monte Santa Trega.
            Participan:
·        D. Xabier Simón Fernández. Doutor en Economía pola Universidade de Vigo e coordinador do proxecto DeltaNet no que se inclúe o Esteiro do Miño.
·        D. Agustín Ferreira Lorenzo, Presidente da Asociación Naturalista do Baixo Miño, ANABAM.
·        Dona Isabel Pardo, Profesora de Ecoloxía da Universidade de Vigo.
·        Dona Elena de Uña Álvarez, Profesora titular de Xeografía da Facultade de Historia da Universidade de Vigo, Campus de Ourense.
·        D. Carlos Antunes, Director Aqua Museu de Cerveira.
·        Dona Ana Paula Xavier, Membro de ADRIMINHO, Asociación de Desenvolvemento Rexional.
·        D. Carlos Venade, Experto en biodiversidade, fauna e flora.
·        D. Custódio Oliveira, Patrimonio da Humanidade da Unesco.


17.30 -19.00  OUTROS RÍOS, OUTRAS REALIDADES
            Lugar: Centro Cultural

·        TURISMO FLUVIAL NO DOURO:  D. David Salvador Velasco (Cruzeiros ambientais no Douro) e D. Ilidio Santos (Unidouro-Vinho Douro).

·        O RÍO SIL NA RIBEIRA SACRA: Representante do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra (Ourense-Lugo).

·        TURISMO ACTIVO NO RÍO SELLA: Dona Rosario Fernández,  Alcaldesa e delegada de turismo e medio ambiente do municipio de Ribadesella (Asturias).

19.00-19.30   CONCLUSIÓNS E CLAUSURA
            Lugar: Centro Cultural



0 comentarios:

Publicar un comentario