TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

16 may. 2013

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL ORGANIZA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013 NA PRAZA DO CALVARIO




Un ano máis, a Agrupación Musical do Rosal que preside Iván Diego Martínez, organiza este venres 17 de maio as actividades que se celebrarán na Praza do Calvario, con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Roberto Vidal Bolaño

Tal e como reza o cartel haberá durante todo o día tapas (polbo á feira, zorza, tortillas, empanadas, filloas e postres caseiros regados cos afamados viños do Rosal). 

Igualmente terán lugar obradoiros, haberá kiricreques e xoguetes antigos para disfrute de pequenos e maiores.

Como non podía ser menos, contarase coas actuacións musicais de Grupo de Gaitas, Banda Infantil, Grupos de Cámara, Coro Infantil e Adultos, Pandeiretas Ás 9 alí, Pandeiretas Orballo e O Trebón dos Xidos.

0 comentarios:

Publicar un comentario