TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

3 may. 2013

BASES DO CONCURSO PARA O CARTEL ANUNCIADOR DA XXI FEIRA DO VIÑO




Segundo se pode ler na web do Concello do Rosal estas son as bases do Concurso para a selección do "Cartel anunciador da XXI Feira do Viño do Rosal". Lembramos que o pasado ano gañouno a viguesa Alba Castillo Costa.


"O Concello do Rosal, no seu desexo de promocionar os produtos típicos do municipio, convoca o Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XXI Feira do Viño, que tamén se estende ós temas hortícolas e florícolas". 


BASES

1.- Poderá participar neste certame calquera persoa, sen límite de idade, tanto residente no noso país como no estranxeiro. 
2.- Establécese un premio individual de 400 € para o cartel gañador. 
3.- O premio poderá quedar deserto se o xurado así o estimase. 
4.- Para optar ó premio, os traballos deben ser orixinais, realizados en cartolina de 44 cms. de ancho por 64 cms. de alto e poderán estar realizados en unha ou varias cores ou fotografía, sen límites en canto a técnicas. Presentaranse en soporte ríxido que permita a súa exposición.
5.- No que atinxe á temática, versará de xeito prioritario sobre o viño, así como a horta e a flor. Deberanse incluir necesariamente os seguintes textos: XXI FEIRA DO VIÑO DO ROSAL e 19, 20 e 21 de xullo de 2013. O cartel non poderá levar inserido ningún logotipo.
5.- Os carteis deberán ser presentados con pseudónimo, acompañados dun sobre pechado no que figure escrito o pseudónimo no exterior e contendo no seu interior o nome e apelidos do autor, DNI ou NIF, enderezo e teléfono de contacto.
6.- Os traballos deberán ser presentados no Centro Social Polivalente (Rúa Cabaqueiros nº 4 - 36.770 O Rosal) na instancia facilitada ó efecto coa indicación: “Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XXI Feira do Viño. Concello do Rosal” onde constarán exclusivamente o pseudónimo, o teléfono e a data de presentación. 
7.- O prazo de admisión de carteis pecharase o día 31 de MAIO de 2013 ás 13:00 horas. 
8.- O Xurado darase a coñecer no momento que se estime oportuno. 
9.- Unha vez determinado o gañador do Concurso a decisión do xurado será inapelable, e farase pública antes do día 5 de xuño. A entrega do premio realizarase no momento e xeito que se estimara. 
10.- O Concello do Rosal poderá difundi-lo traballo premiado do xeito que considere oportuno e dispoñerá de tódolos dereitos sobre o mesmo. 
11.- A retirada dos traballos presentados deberá efectuarse durante o mes de xuño de 09:00 a 13:00 perdendo os dereitos sobre os mesmos en caso de non facelo. 
12.- A presentación a este concurso implica a aceptación plena das presentes bases. 


O Rosal, 30 de abril de 2013. 
O ALCALDE 
Asdo. Jesús Mª Fernández Portela

0 comentarios:

Publicar un comentario