FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 may 2013

31 DE MAIO, DÍA MUNDIAL SEN TABACO

Fonte: Asociación Érguete Baixo Miño Cada 31 de maio, a Organización Mundial da Saúde celebra o DÍA MUNDIAL SEN TABACO  para recordar que provoca múltiples preocupacións a toda a sociedade, tanto aos fumadores activos como pasivos: mortes prematuras, cancro broncopulmonar e de larinxe, cardiopatía isquémica e cerebrovascular, aumento do risco de disfunción eréctil, problemas dentais,...

OS IRMÁNS TSYBANEV (ALEX E SERGEY) REGRESAN AO MECALIA ATLÉTICO NOVÁS

Álex e Sergey. (Foto: Mecalia Atlético Novás) Segundo comunica o Mecalia Atlético Novás de balonmán, os irmáns Tsybanev (Alex e Sergey) volven a O Rosal. No seu perfil de facebook pódese ler: "9 años después de abandonar O Rosal para emprender rumbo al Teucro, los hermanos Tsybanev, Alexander y Sergey, volverán a su casa procedentes del U.B. Lavadores". O Novás fai unha pequena reseña biográfica de ambos, comezando por Alex: "Nacido...

30 may 2013

"JOSE Y ROSY", PARTICIPARÁN NO 5º SYMPOSIUM INTERNACIONAL OF SALSA

Os bailaríns e coreógrafos rosaleiros "Jose y Rosy" participarán no "5º Symposium Internacional of Salsa" que se celebra en Coimbra (Portugal) os días 7, 8, 9 e 10 de xuño. Para máis información deixámosvos o enlace á paxina oficial do evento: http://www.sispodanca.co...

OS XOGADORES ROSALEIROS XAVI DÍAZ, RAMÓN MARTÍNEZ E DANI CERQUEIRA, CONVOCADOS POLA SELECCIÓN GALEGA

Xavi, Mon e Dani nunha imaxe de arquivo. Segundo nos confirman dende o Mecalia Atlético Novás, finalmente o porteiro Xavi Díaz (BM Villa de Aranda) e o pivote Dani Cerqueira (BM Cangas Frigoríficos do Morrazo) acompañarán ao seu capitán, Ramón Martínez na Selección Galega de Balonmán. Lembramos que o combinado galego, que será dirixido polos adestradores Quique Domínguez e Javier Barrios, disputará dous amistosos en Meaño (sábado 1...

29 may 2013

ACIGU Y FEBAM PROGRAMAN DOS NUEVOS CURSOS DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS

Participantes en el Curso de Carretillero Información e fotografía: ACIGU CCA. Acigu CCA y Febam han realizado en los últimos meses diferentes acciones formativas en distintos ámbitos: Carretillero, Primeros Auxilios, Bienestar Animal en el Transporte, Manipulador de Alimentos, Evacuación y Emergencias, Protección de Datos, etc. Para este mes de mayo y junio programan dos nuevos cursos de Manipulador de Alimentos, formación obligatoria para...

RAMÓN MARTÍNEZ, CAPITÁN DO NOVÁS, CONVOCADO DE NOVO POLA SELECCIÓN GALEGA ABSOLUTA DE BALONMÁN

Segundo confirma o Mecalia Atlético Novás no seu perfil oficial de Facebook, o seu capitán, o rosaleiro Ramón Martínez Fernández, vén de ser convocado pola Selección Galega de balonmán: "El capitán de nuesto equipo ha sido seleccionado de nuevo para los amistosos que disputará el combinado gallego este fin de semana en Meaño y Pontevedra ante la selección israelí, y que estará dirigido por los entrenadores del Academia Octavio, Quique Domínguez...

ACOR ORGANIZA O DÍA 19 UN CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS EN O ROSAL

A Asociación de Comerciantes de O Rosal (ACOR), organiza un "Curso de manipulador de alimentos", que terá lugar o vindeiro 19 de xuño en horario de 10:30 a 13:30 horas, no Centro Social Polivalente do Rosal (rúa Cabaqueiros). As persoas interesadas en inscribirse poden facelo chamando ao teléfono de contacto 628 875 029, preguntando por José Martínez  González (Pepe Berdeal...

28 may 2013

A “XII ANDAINA O ROSAL COÑECE O TEU CONCELLO, 2013”, O SÁBADO 8 DE XUÑO

A falta de confirmar o horario e o itinerario completo, o Concello do Rosal anuncia a celebración da “XII Andaina O Rosal. Coñece o teu concello, 2013” para o vindeiro sábado 8 de xuño, de tarde. Lembramos que a última ruta guiada foi o pasado 11 de maio polas parroquias de San Xoán de Tabagón e San Bartolomeu das Eiras, con visita a Adegas Valmiñor, ao petróglifo de Ghorgholado e aos cruciformes das Ramallas, capela da Magdalena, igrexa parroquial...

JOSÉ PÉREZ, CONSEGUE PASAR DE FASE E CANTARÁ "LA FELICIDAD" EN RECANTOS (LUAR-TVG) O VENRES 7 DE XUÑO

Na imaxe, coa coñecida actriz, cantante e presentadora galega, Teté Delgado O cantante rosaleiro José Pérez, que representa ao Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta), xa está entre os oito mellores do concurso Recantos, que se emite todos os venres no coñecido programa LUAR da TVG (Televisión de Galicia).  Finalmente, despois de semanas, o pasado venres 24 o xurado e o público dende as súas casas, decidiron que tiñan que abandonar...

27 may 2013

ANTONIO PORTELA VENCE EN CARBALLO (A CORUÑA), CON SEGUNDOS POSTOS DE RAÚL FERNÁNDEZ E YASIR MARTÍNEZ

Información e fotografías: Club Ciclista O Rosal. Segundo se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal, o sábado  25 de maio disputouse en Carballo (A Coruña) o trofeo patrocinado polo concello da localidade, onde en categoría Junior a vitoria foi para Antonio Portela, que tamén se fixo co premio das Metas Voantes. O seu compañeiro Raúl Fernández conseguía o segundo posto tras "un apretado sprint con Ángel Diz (C.C. Spol)". Destacar...

22 may 2013

ESTEBAN PEDROSA PENA, PORTEIRO DO MECALIA ATLÉTICO NOVÁS, CONFIRMA A SÚA RETIRADA DO BALONMÁN

O porteiro do Mecalia Atlético Novás de O Rosal, Esteban Pedrosa Pena, confirma a súa retirada do balonmán. Tal e como anuncia o club baixomiñoto: "Ya era un secreto a voces, pero el mejor portero de la historia del Novás anuncia su retirada. Después de 14 años defendiendo la camiseta de nuestro club, parece que esta vez será la definitiva". O comunicado vía facebook continúa dicindo: "solo hay palabras de agradecimiento para él, gran...

21 may 2013

ESTA FIN DE SEMANA (25 E 26 DE MAIO), ESPECTÁCULO DA ASOCIACIÓN STUDIO 88 NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL

Informa: María Dora Domínguez Lago Este sábado 25 de maio ás 22:00 horas, o Auditorio Municipal do Rosal acollerá a actuación de Studio 88 Profesional, -dirixido artisticamente por Josué Álvarez- e que presenta o seu espectáculo "Cuerpo". Así mesmo, o domingo 26 de maio a partir das 19:00 horas, tamén no Auditorio, o Ballet Studio 88 da Asociación Studio 88 de A Guarda ofrecerá o espectáculo "Solos". A entrada a ambos espectáculos...

20 may 2013

A WEB HOMECLARO.COM PUBLICA DÚAS ENTREVISTAS AOS DEPORTISTAS ROSALEIROS JAVI DÍAZ E ÓSCAR VICENTE

O pasado venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, nacía en Internet a web Homeclaro.com. Tal e como se pode ler na súa mensaxe principal de benvida "animámonos a darlle vida -en forma desta web- a un proxecto sociocultural, deportivo e de lecer, que tiñamos en corazón e mente dende xa hai algúns anos". Entre os seus contidos podemos ler as primeiras entrevistas, realizadas a dous deportistas rosaleiros do máis alto nivel: a do porteiro...

ÁNIMOS DENDE O ROSAL PARA OS XOGADORES DO NOVÁS, MARCOS COLORADO E JAVI CANDELEDA

Fonte: Mecalia Atlético Novás (facebook). Fotografías: Juan Ramón O Rosal / Atl. Novás. Segundo comunica o Mecalia Atlético Novás no seu perfil oficial da rede social Facebook, o xogador Marcos Colorado pasará hoxe, 20 de maio por quirófano, sendo operado ao redor do mediodía no hospital Perpetuo Socorro de Vigo "por el Dr. Díaz Ferreirós. Mucho ánimo para él, que seguro que en nada está otra vez en las pistas". Igualmente o Novás tamén...

16 may 2013

O ART CAFÉ DE A GUARDA ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN DE PINTURA DE MARY VARELA

Información: Charo Trigo / A Guarda A pintora Mary Varela (María del Carmen Varela Velasco) expón na vila da Guarda, en concreto no Art Café, parte da súa obra, baixo o título "Pensando en Baiona". Lembramos que Mary Varela é natural de Sober pero reside dende hai uns anos en Couselo (O Rosal). Tal e como publicamos recentemente, vén de participar nunha mostra na Casa do Turismo de Vila Nova de Cerveira (Portugal). ...

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL ORGANIZA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013 NA PRAZA DO CALVARIO

Un ano máis, a Agrupación Musical do Rosal que preside Iván Diego Martínez, organiza este venres 17 de maio as actividades que se celebrarán na Praza do Calvario, con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Roberto Vidal Bolaño.  Tal e como reza o cartel haberá durante todo o día tapas (polbo á feira, zorza, tortillas, empanadas, filloas e postres caseiros regados cos afamados viños do Rosal).  Igualmente...

15 may 2013

OS DÍAS 18 E 19 DE MAIO CELÉBRANSE NO ROSAL AS FESTAS DE SAN ISIDRO 2013

O sábado 18 e o domingo 19 de maio celébranse no Rosal as Festas na honra de San Isidro, patrón dos agricultores. O sábado 18 ás 21:00 horas, verbena coa orquestra Costa Blanca e o Grupo Son de Vigo, que se prolongará ata a madrugada. Xa o domingo 19, ás 10 da mañá, fará a súa entrada na Praza do Calvario a Agrupación Musical do Rosal. Ás 12 horas, Misa Solemne con Sermón e Procesión. Xa de tarde, ás 19:00 horas, presentación...

MANUEL ÁNGEL POMBAL DIEGO "PEQUE" SERÁ HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS POLA A. CULTURAL GUARDESA

O vindeiro venres 24 de maio ás 21:00 horas, a Agrupación Cultural Guardesa, que preside Julia Sobrino, homenaxeará este ano a Manuel Ángel Pombal Diego "Peque", con motivo do Día das Letras Galegas 2013. Tal e como reflicten os nosos compañeiros de Infogauda, Manuel Ángel Pombal Diego é veciño de Pedornes (Oia), doutor en Bioloxía e profesor e investigador na Área de Bioloxía Celular da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo....

14 may 2013

O VENRES 17 CELÉBRASE NA MATA O III TORNEO DE FÚTBOL 8 ALEVÍN E BENXAMÍN U.D.RIBERA - CONCELLO DO ROSAL 2013

O vindeiro venres 17 de maio se celebra o III Torneo de Fútbol 8 Alevín e Benxamín U.D. Ribera - Concello do Rosal, Memorial Iago Ameal Pereira, no campo de fútbol de A Mata. Comezará ás 9:30 horas e participarán máis de douscentos nenos con idades comprendidas entre os oito e os once anos. A organización preparou unha comida para todos os equipos no polideportivo do CPI Manuel Suárez Marquier. Información: http://www.torneosfutbolbase.org/ Por...

O EQUIPO CADETE DA U.D. RIBERA DE FÚTBOL CONSEGUE UN BRILLANTE ASCENSO A PRIMEIRA PROVINCIAL

Información e fotografías: U.D. Ribera (O Rosal) O equipo cadete da U.D. Ribera de fútbol conseguiu o ascenso á Primeira categoría Provincial por vez primeira. Para isto tivo que xogar unha liguilla de ascenso contra o Porriño B e o Coruxo B.  O ascenso foi brillante, porque derrotou ao Porriño en A Mata por 3-1 (goles de Fabio, Fer e máis Erik) e venceu ao Coruxo, a domicilio, por 1-3 (Fabio, Erik e Alex). O Ribera foi superior,...

9 may 2013

MOSTRA PICTÓRICA DE JESÚS VÁZQUEZ E CARMEN PRADO NA VILA DO ROSAL

Este sábado 11 de maio ás 12 da mañá inaugúrase na Sala de Exposicións do Concello do Rosal a Mostra Pictórica de Jesús Vázquez e Carmen Prado, que estará aberta dende o luns 13 ata o domingo 19 de maio, en horario de mañá (11-13 h.) e de tarde (18-20 h....

7 may 2013

O ROSALEIRO XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE PARTICIPA ESTE VENRES NO SEMINARIO INTERNACIONAL "O MIÑO QUE NOS UNE"

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe foi convidado a intervir no Seminario Internacional "O Minho que nos une" que se celebrará na vila da Guarda este venres 10 de maio. Tamuxe participará a partir das 16:00 horas na Casa dos Alonsos (Praza do Reló) no Grupo de Traballo 2: "Recursos e estratexias para coñecer e divulgar o Patrimonio", coordinado por Aurora Rego, catedrática historiadora, coñecedora da relación Caminha-A Guarda. Velaquí...