TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

18 dic. 2012

O CANTANTE JOSÉ PÉREZ ACTÚA NO AUDITORIO MUNICIPAL CON MOTIVO DO CONCERTO DE NADAL DO MARQUIER


José Pérez na compaña do veterano cantante Manolo Escobar

O cantante rosaleiro José Pérez, representante da zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) no concurso Recantos do programa Luar (TVG), actuará este mércores 19 de decembro no Auditorio Municipal.

A cita será a partir das 20:00 horas con motivo do concerto de Nadal dos alumnos e alumnas do CPI Manuel Suárez Marquier que estará coordinado polo profesorado de música.

O rosaleiro coa coñecida actriz e cantante Sara Montiel

Así mesmo, as cámaras da Televisión de Galicia volverán ese mesmo día, pero de mañá, a O Rosal para gravar a José Pérez, quen terá a súa actuación no escenario de Luar o vindeiro venres 4 de xaneiro interpretando a canción "Libre" de Nino Bravo.


0 comentarios:

Publicar un comentario