TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

5 dic. 2012

ACTOS DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL NO DÍA DE SANTA ICÍA 2012




Informa: Monserrat Domínguez Otero / A. Musical do Rosal

Con motivo da celebración de Santa Icía enviamos o cartel dos actos que terán lugar o vindeiro sábado día 8 de decembro.
 
Os actos comezarán ás 17,30 h. cunha misa na honra da patroa dos músicos na Igrexa Parroquial de Santa Mariña do Rosal, que estará acompañada polo grupo de metais.
 
Ás 20,00 h. no auditorio municipal terá lugar o concerto da banda Agrupación Musical do Rosal baixo a batuta do seu novo director Marcel Van Bree, sendo este o seu primeiro concerto no noso auditorio. Tamén realizarán a súa presentación 12 novos compoñentes formados na escola de música que pasarán a formar parte da nosa agrupación.
 
O programa que interpretarán comezará co pasodobre Churumbelerías de Emilio Cebrián, a obra para óboe e banda El Bosque Mágico de Ferrer Ferrán na que o solista será Avelino Ferreira López, as variacións sinfónicas "Non potho reposare" de Hardy Mertens e rematarán co Tango das Danzas Sinfónicas de Yosuke Fukuda.

Esperamos que estes actos sexan do voso agrado e pasedes con nós unha boa tarde de música.

0 comentarios:

Publicar un comentario