TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

16 dic. 2012

O ALUMNADO DO CURSO DE CAMAREIRO/A ORGANIZADO POR ÉRGUETE REALIZA AS PRÁCTICAS FORMATIVAS EN EMPRESAS



  
Informa: Asociación Érguete Baixo Miño

Este curso organizado pola Asociación Érguete Baixo Miño está dirixido a persoas desempregadas e con perfil profesional dentro do ámbito da hostalería e/ou restauración, comezou no mes de outubro tendo unha duración de 350 h.

Nel participan 12 persoas da Comarca do Baixo Miño e enmárcase dentro do Programa de Incorporación Social e Laboral que desenvolve a Asociación Érguete Baixo Miño con carácter anual.

Durante os meses de decembro e xaneiro o alumnado realiza as prácticas formativas en centros de traballo, imprescindibles para obter o certificado acreditativo deste curso. Agradecemos especialmente a colaboración das seguintes empresas da Comarca do Baixo Miño para levar a cabo esta formación práctica:

Restaurante Area Grande (A Guarda)
Art Café (A Guarda)
Bar-Tapería A Competencia (O Rosal)
Café-Bar Oasis (A Guarda)
Café-Bocatería Woody Pool (Tomiño)
Cafetería-Cervecería Pool Chaos (A Guarda)
Cafetería-Churrasquería Novo Arroio (Tomiño)
Casa Paco (Torroña-Oia)
Cervecería-Tapería The Celtic Harp (A Guarda),
Nova Casa Cuartel (Goián-Tomiño)
Restaurante Juan (O Rosal)
Restaurante Silabario / La Pizarra del Silabario (Tui).

Esta acción realízase baixo o financiamento das cotas dos/as socios/as da Asociación, a Consellería de Traballo e Benestar –Secretaría Xeral de Política Social-, o Fondo Social Europeo, a Deputación de Pontevedra e o Concello de O Rosal.

0 comentarios:

Publicar un comentario