TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 dic. 2012

A XOGADORA ROSALEIRA SARA ALONSO BARBOSA, CONVOCADA POLA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL DE BALONMÁN


Na imaxe, de esquerda a dereita, Sara, Marta e Lara


Informa: Manuel Ángel Pombal Diego

Tres xogadoras do Atl. Guardés infantil feminino participan coa selección galega no “I Torneo de Navidad” de Seleccións Autonómicas Infantil de Balonmán que se celebra esta fin de semana en Santander.
As xogadoras Sara Alonso Barbosa (O Rosal; lateral), Marta Pombal Martínez (Oia; lateral) e Lara Silva Pérez (A Guarda; pivote) do Atl. Guardés da División de Honra Infantil Feminina foron seleccionadas para participar coa selección galega da súa categoría no “I Torneo de Navidad” de Seleccións Autonómicas Infantil de Balonmán, que se celebra do 28 ao 30 de decembro na localidade cántabra de Santander. 
Unha vez suspendido, por mor da crise, o Campionato de España Infantil que este ano tiña que organizar a nosa Comunidade Autónoma, varias federacións autonómicas comezaron a buscar alternativas para os xogadores e xogadoras que levan varios meses adestrando pensando nesa cita. 
Desta forma, Galicia participará cos seus equipos masculino e feminino, xunto coas Comunidades de Navarra, Euskadi, Cantabria, e Castela-León, no torneo organizado pola Federación Cántabra de Balonmán. 


Como preparación para este torneo, as dúas seleccións participaron a pasada fin de semana no Torneo Internacional Base Azul, que se celebrou os días 21, 22 e 23 de decembro na cidade de Pontevedra. No torneo de Pontevedra participaron varios equipos galegos e portugueses, así como as seleccións galegas infantil masculina e feminina, e a cadete feminina, pero xogando estas nunha categoría superior, para así nivelar as forzas. No caso concreto da selección galega infantil feminina, ésta enfrontouse aos equipos cadetes da S.D. Teucro de Pontevedra, Lavadores de Vigo e Maia Stars de Portugal.
En Santander xogarán un total de catro partidos, un o venres pola tarde, dous o sábado (un pola mañá e outro pola tarde), e outro o domingo pola mañá.
Agardemos, pois, que as dúas seleccións fagan un bo papel en Cantabria, tendo como horizonte aprender todo o que se poida, pasalo ben e non mancarse, ao mesmo tempo que lle desexamos todo o mellor ás nosas representantes.

0 comentarios:

Publicar un comentario