TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

5 dic. 2012

A CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL "MERCA NA RÚA" DE O ROSAL REMATA ESTE VENRES 7 CO SORTEO DE 2450 €




Informa: Alma María Pérez Aguiño / REDIC

Repartíronse un total de 5.000 boletos de participación e se repartirán 20 premios de 100€ e tres de 150€. Os agraciados poderán gastalos nos 30 comercios participantes durante os 6 próximos meses.


O venres 7 de decembro ás 20:00h na sala de exposicións da Casa do Concello do Rosal, o Alcalde, D. Jesús Mª Fernández Portela, o Deputado provincial D. Pablo Baquero Álvarez, o concelleiro de Comercio, D. Ángel Martínez Villa e o Presidente de ACOR, D. Pepe Martínez González (Asociación de Comerciantes de O Rosal, na imaxe), repartirán 23 vales de compra por importe de 2.450€ entre os clientes do comercio local do Rosal dentro do marco da campaña de dinamización comercial “Merca na Rúa”.

Antes de comezar co sorteo, os cativos poderán disfrutar tamén de diferentes actividades especialmente pensadas para eles desde as 19:00h.

“Merca na Rúa” é unha actividade coa que se pretende  fomentar as ventas e incentivar o consumo no pequeno comercio; a visualización do comercio de proximidade; fomentar o asociacionismo; e animar as rúas comerciais das vilas da provincia de Pontevedra.

Se está desenvolvendo en 5 vilas da provincia de Pontevedra sorteando en cada unha delas 2.450€ euros en vales de compra (20 vales de 100€ e 3 de 150€)  para gastar nos comercios locais.

É o cuarto ano que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra se unen para poñer en marcha esta actividade de dinamización comercial e grazas á que desde o ano 2009 percorréronse xa 20 vilas da provincia de Pontevedra repartindo un total de 60.000€ en vales de compra entre 520 persoas agraciadas. 

0 comentarios:

Publicar un comentario