TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

7 nov. 2012

O SAN XEROME, CAMPIÓN DA LIGA GALEGA DE BALONCESTO FEMININO 2012



Campionas Galegas de baloncesto, categoría adaptada o pasado 2011

Información e fotografías: Centro San Xerome

Despois dun ano de traballo, esforzo e sacrificio cumprindo un duro plan de adestramentos, a tempada non puido acabar mellor para o equipo feminino de baloncesto da máxima categoría de competición  (Fegaddi-Feddi).

Nos últimos días dábamos conta do  éxito do equipo no Campionato de España de baloncesto celebrado en Alicante, onde acadaron o terceiro posto.

Informamos hoxe dun novo éxito: o primeiro posto na Liga Galega de baloncesto, organizada pola Fegaddi (Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual).

A última xornada da Liga tivo lugar no Pavillón do Porriño, onde unha vez máis fíxose patente a igualdade entre o noso equipo e o segundo clasificado: as Esclavas de Mos. Un só punto de diferencia fixo que nesta ocasión a balanza se  inclinara cara o noso lado.


Ao remate da xornada, o alcalde do Porriño, Nelson Santos, xunto con varios concelleiros e representantes da Fegaddi fixeron entrega dos trofeos correspondentes: María F., recolleu o trofeo da máxima categoría feminina. O equipo masculino do Racing de Chapela foi o  vencedor na categoría  masculina.

Noraboa a Amparo, Maite Santos, Maite Barros, María F., Rosalía, Jeny, Nuria, Rosa María, Vanesa e Lucía; así como ao equipo de adestradores David, Tere, Belén e Robert. 

0 comentarios:

Publicar un comentario