TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

7 nov 2012

OBRADOIROS PARA MOZOS/AS DE 12 A 35 ANOS CON CERTIFICADO DE ASISTENCIA



Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal

Temos  previsto levar a cabo unha serie de obradoiros dirixidos de xeito exclusivo a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos realizándose dous grupos diferenciados.
· Un grupo de 12 a 20 anos
· Outro grupo de 20 a 35 anos. De quedar prazas vacantes poderán participar neste grupo persoas de máis idade.

Os obradoiros terán lugar nunha única tarde. O grupo mínimo para realizar o mesmo será de 12 persoas e os cursos con material incluído son:
· Broches en fieltro
· Trenzas de fio no pelo
· Pendentes
· Calcenecos
· Carteiras de cómic
· Atrapasoños

Os cursos sen material:
· Pulseiras
· Customizaxe de camisetas
· Cestería con papel
· Entelaxado de caixas

O PREZO POR OBRADOIRO É DE 8€
Entregarase certificado de asistencia

Poden participar persoas que non sexan do Rosal. A praza nos cursos resérvase por estrito orde no Rexistro de Entrada do Concello do Rosal.

Anótate no Centro Social do Rosal, no 986 609450, a través do Facebook Omix Do Rosal ou no email informacionxuvenil@concellodorosal.es

0 comentarios:

Publicar un comentario