TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

8 nov 2012

HOXE VENRES PRESÉNTASE NO ROSAL O BANCO DO TEMPO DA GUARDA (20 H.)



Segundo se pode ler na web do Concello do Rosal, este venres 9 de novembro ás 20:00 horas, terá lugar no Salón de Exposicións do Rosal unha nova presentación do Banco do Tempo da Guarda, iniciativa do Colectivo Ardentía "para que os veciños do Rosal coñezan o noso proxecto.

Así mesmo, "por cercanía e veciñanza, as persoas que viven no Rosal tamén poden acceder aos servizos, bens e coñecementos que desde o Banco do Tempo ofertamos na Guarda e a Comarca do Baixo Miño.

Para aquelas persoas que aínda non coñecedes o BDT da Guarda, tedes unha nova oportunidade de informarvos dun xeito ameno e interactivo sobre o tema".

0 comentarios:

Publicar un comentario