FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 jun 2012

MODESTO AUGUSTO, NOVO TÉCNICO DO MECALIA ATLÉTICO NOVÁS

(Foto: Mónica Ferreirós / La Voz de Galicia) No activo perfil do Mecalia Atlético Novás de facebook podemos ler a seguinte noticia con respecto ao cambio de adestrador no conxunto rosaleiro: "Rápido se ha movido la directiva del Atletico Novás para encontrar sustituto de Viktor Tchikovlaev. El candidato escogido, por su experiencia y conocimientos tanto de la liga como buen conocedor de nuestra plantilla es Modesto Augusto, ex técnico...

O ADESTRADOR VIKTOR TCHIKOULAEV DESPÍDESE DO MECALIA ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN E DA SÚA AFECCIÓN

Segundo se pode ler no perfil de facebook do Mecalia Atlético Novás, estas son as palabras de despedida de Viktor Tchikoulaev, xa ex-técnico do equipo de balonmán rosaleiro. "Caros amigos, Gostaria de deixar pessoalmente o meu agradecimento à direcção, aos jogadores e equipa técnica e aos sócios, adeptos e apoiantes deste fantástico clube de andebol. À Direcção, especialmente para o Sr. Presidente, um obrigado pela relação...

29 jun 2012

ESTE SÁBADO CELÉBRASE NO PAVILLÓN MUNICIPAL O I TORNEO DE TAEKWONDO BASE CONCELLO DO ROSAL 2012

O sábado 30 de xuño, a partir das 9:45 horas da mañá, no pavillón municipal, terá lugar o I Torneo de Taekwondo Base Concello do Rosal. O evento está organizado polo Ximnasio Excalibur (co seu director Víctor Valderrama e o adestrador Santiago Pazos Méndez ao fronte) e por Aréa Complexo Deportivo (representado por José Loren Rodríguez) coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Deporte Galego e o Concello do Rosal. Este torneo...

28 jun 2012

A ROSALEIRA RUTH MARTÍNEZ RECIBE O PREMIO FIN DE CARREIRA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA 2011

A rosaleira Ruth María Martínez Barbosa* ven de conseguir o Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia 2011 "en recoñecemento á excelencia académica nos estudos conducentes ao título universitario oficial de Licenciada en Psicoloxía, rematados no ano 2011, na Universidade de Santiago de Compostela". O acto celebrouse o mércores 27 de xuño na Cidade da Cultura e estivo presidido por Alberto Núñez Feijóo, presidente...

27 jun 2012

ÉRGUETE BAIXO MIÑO PON EN MARCHA O PROGRAMA "CAMBIO DE SENTIDO"

Informa: Natalia González / Érguete Baixo Miño Un ano máis, co comezo do verán, a Asociación Érguete Baixo Miño pon en marcha a campaña de información ás autoescolas sobre o Programa de prevención do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos, co fin de lograr a súa implicación e poder impartir o programa nas súas aulas. Trátase dunha actuación preventiva denominada CAMBIO DE SENTIDO que pretende mellorar a información...

ENTREGA DE DIPLOMAS AOS MAIORES PARTICIPANTES NOS TALLERES QUE ORGANIZA CRUZ ROJA BAIXO MIÑO

  Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño Hoy, miércoles 27 de junio, en el centro Cultural de Oia, entregaremos los diplomas del taller de estimulación de memoria y gimnasia de mantenimiento a un grupo de 20 mayores de Oia y Mougás. Asimismo, el día 5 de julio a las 16.00 h., en el centro Cultural de A Guarda, realizaremos entrega de los diplomas a l@s 45 alumnos del taller de Alfabetización y Aula de estimulación...

26 jun 2012

DIEGO JAVIER LORENTE LÓPEZ DEIXA O CARGO DE DIRECTOR DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL DESPOIS DE 6 ANOS

"Tras 6 años de gran trabajo y retos conseguidos, Diego Javier Lorente López ha decidido dejar el cargo de director de la Agrupación Musical do Rosal. Solo podemos darle las gracias por la dedicación diaria estos años. Suerte en tus nuevos retos Diego!, GRACIAS POR TODO!" Este é o pequeno comunicado que se pode ler no perfil oficial da Agrupación Musical do Rosal na rede social facebook. A entidade rosaleira, presidida...

TRÍPTICO I RUTA DO VIÑO ALBARIÑO

Igualmente podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal a crónica do TRÍPTICO RUTA DO ALBARIÑO JÚNIOR-SUB 23 en Cambados "e o noso equipo Júnior acudía con tódolos seus integrantes dispoñibles e tanto na xornada de onte como na de hoxe acadaban postos altos na clasificación. Comezaba a xornada de onte coa 1ª Etapa-1º Sector coa Cronoescalada Meaño-Alto do Busto sobre un percorrido de 3 km e Manuel González remataba 7º, cun tempo de...

PODIO DE YASIR MARTÍNEZ EN PADRÓN

Yasir (2º pola dereita) pousa con algúns dos seus compañeiros de equipo Segundo podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal o sábado 23 de xuño disputouse en Padrón o Trofeo Sponsor organizado polo C.C. Padronés "e alí os nosos Benxamíns voltaban a facerse notar principalmente con Yasir, que acadaba un excelente 3º posto que lle valía para subir de novo ao "caixón" seguido de David Rodríguez no 8º posto.  Rubén Carnero que está...

CONFIRMACIÓNS 2012 E PRIMEIRA VISITA Á PARROQUIA DE SANTA MARIÑA DO BISPO MONSEÑOR LUIS QUINTEIRO FIUZA

O pasado sábado 16 de xuño e na misa da tarde, leváronse a cabo as confirmacións deste ano 2012. Administrou o Sacramento a 26 mozos e mozas o bispo monseñor Luis Quinteiro Fiuza. Esta foi a primeira visita á parroquia de Santa Mariña dende que tomou posesión da diocese de Tui-Vigo o 24 de abril de 2010, procedente da de Ourense. A Santa Misa, nese día das confirmacións, foi oficiada polo propio bispo, como é de ritual....

PRIMEIRAS ACTIVIDADES DO CENTRO SOCIAL FUSCALHO (28 E 29 DE XUÑO)

Informa: A.C. A Velha na Horta Apressentamos as 2 primeiras atividades do Centro Social Fuscalho (antigo Avanti-A Guarda): Por umha banda, esta quinta 28 às 21 hrs contaremos com a presença de 2 dos autores do livro de poesía Dezaoito, livro escrito por dezaoito pessoas dos dous lados da raia. Virám a apressentar o seu livro e a recitar algumhas poesías para o desfrute da gente, a qual tambem poderá traer o poema que queira e recita-lo.  E...

25 jun 2012

"JOSE Y ROSY" PARTICIPARÁN EN SALSALUDABLE 2012 (VALLADOLID)

A parella rosaleira de bailaríns, "Jose y Rosy", participará desta vez en SALSALUDABLE 2012, "IX Encuentro de Bailes Latinos" de Valladolid, que se celebra esta fin de semana (29, 30 de xuño e 1 de xullo). Alí impartirán o sábado un taller de salsa lineal. En palabras dos responsables de BailaSalsa, principal organizador do evento (no que colaboran a Junta de Castilla y León e o Ayuntamiento de Valladolid) "en...

O XIMNASIO EXCALIBUR DE O ROSAL OFERTA POR TERCEIRO ANO UNHA ACTIVIDADE DE XIMNASIA PARA NENOS/AS

Durante o vindeiro mes de xullo, o Ximnasio Excalibur de O Rosal oferta por terceiro ano unha actividade de ximnasia para nenos/as en idade escolar (de 6 a 12 anos). O horario será os martes e xoves de 10 a 11 horas o primeiro grupo e de 11 a 12 horas o segundo. A actividade está basada en actividades psicomotrices e de interrelación, cun compoñente fundamentalmente lúdico e incidindo en potenciar as habilidades físicas propias da idade...

MANIFESTO DO DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O USO INDEBIDO E O TRÁFICO ILÍCITO DE DROGAS

Informa: Asociación Érguete Baixo Miño CON LAS DROGAS NO SE JUEGA… CON NOSOTR@S TAMPOCO (RECORTES NO… "AJUSTES" TAMPOCO)   MANIFIESTO Día Internacional de la lucha contra el uso indebido y el tráfico ilícito de drogas – 26 de junio La Asamblea General de la ONU decidió establecer el día 26 de junio como el Día Internacional de la lucha contra el uso indebido y el tráfico ilícito de drogas. Este día es el referente de sensibilización...

21 jun 2012

VÍCTOR ARMÁN, XOGADOR DO MECALIA ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN, TERÁ QUE PASAR POLO QUIRÓFANO

Segundo comunican dende o perfil de facebook do Mecalia Atlético Novás "se confirma la rotura de cruzado de Víctor Armán, que tendrá que pasar por quirófano. Malas noticias para él y para el Novás, que pierde a uno de sus mejores jugadores. Deseamos una pronta recuperación".    Lembramos que Víctor Armán Dorado, xogador do Novás de balonmán, lesionouse o venres 8 de xuño na inauguración dos XIV Xogos Populares. Dende...

20 jun 2012

HORARIOS DOS PARTIDOS DE FUTBITO DOS XIV XOGOS POPULARES DO ROSAL

Velaquí vos deixamos os horarios desta fin de semana (22, 23 e 24 de xuño) dos partidos de futbito que se celebran no pavillón municipal con motivo dos XIV Xogos Populares do Rosal. Dende a categoría de benxamíns, ata a senior e "avós", os distintos equipos de futbito da vila intentarán levarse a vitoria (Fornelos, Pías, Martín, SULCC, Marzán, Fornelos, Novás, Sanxián, San Miguel, Tabagón e Calvario). Así mesmo, búscanse...

19 jun 2012

CONCERTOS NO ROSAL E NA GUARDA PARA CELEBRAR O REMATE DOS CURSOS DE PANDEIRETA DE BERTA CASTRO

Con motivo do remate do curso de pandeireta que imparte a mestra Berta Castro González en dúas asociacións da zona, vanse celebrar nos próximos días, sendos concertos en O Rosal e A Guarda.   VENRES 22 DE XUÑO Concerto de fin de curso organizado polas Pandereteiras da Asociación Veciñal Río do Folón de Fornelos (O Rosal). O acto terá lugar no local de dita asociación sito na Praza de Fornelos ás 21.30 horas. Actuarán: -Pandereteiras...

OS "ROSALEIROS RUSOS" TCHIKOULAEV E TSYBANEV, CAMPIÓNS DO MÁSTER DE BALONMÁN EUROPEO DE VETERANOS

Segundo informan dende o perfil de facebook do Mecalia Atlético Novás, VIKTOR TCHIKOULAEV (na imaxe da arriba) e NIKOLAI TSYBANEV (na imaxe de abaixo), que foran convocados hai uns días pola selección rusa, veñen de gañar o Máster de Balonmán Europeo de Veteranos que se xogou en Ljubljana (Eslovenia). A nosa noraboa para Tsybanev e Tchikoulaev, que se coroan desta forma campións de Europa na categoría masculina de máis de...

II CAMPUS DE BALONMÁN ATLÉTICO NOVÁS NO PAVILLÓN MUNICIPAL

Informa: Aurora Lomba Álvarez / Atlético Novás Fotografías: Noticias O Rosal O venres 13 de xullo, dende as 10 da mañá ás 6 da tarde, terá lugar o II Campus de Balonmán Atlético Novás, que se celebrará no Pavillón Municipal do Rosal. Este campus-campamento está destinado a nenos de entre 10 e 15 anos, "onde darán os primeiros pasos para iniciarse no deporte do balonmán". A inscrición é de 3 euros (entregar na entrada...

18 jun 2012

MES DE XUÑO NO SAN XEROME: "¡VENTO EN POPA, A TODA VELA!"

Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome   O mes de xuño caracterízase habitualmente no noso Centro como un mes de actividade vertixinosa. Xuño 2012 ¡non podía ser menos!   Tivemos nos últimos días: Sendeirismo polo Monte Aloia e Piragüismo no Tamuxe co IES A Sangriña, o Festival do Servizo de Adultos no Auditorio de Goián, coa presenza masiva das familias, reunión dos grupos de participación para a elaboración do Plan...

16 jun 2012

HOMENAXE AOS SOCIOS MÁIS ANTIGOS DA SOCIEDADE RECREATIVA E CULTURAL DE SAN MIGUEL DE TABAGÓN (O ROSAL)

Informa: Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel Este domingo 17 de xuño, na Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón (O Rosal), terá lugar o día da “Homenaxe ó Socio” na que se celebrarán distintos actos para homenaxear aos dez socios máis antigos da entidade, que este ano cumpre 85 anos de historia. Os homenaxeados son xente con máis de 50 anos de antigüidade, os cuais viviron cambios como a...

15 jun 2012

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA PARA SOCIOS/AS DE ÉRGUETE

Informa: Natalia González / Érguete Baixo Miño Convocamos a todos/as os/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño, á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o venres día 29 de xuño de 2.012; ás 8:00 horas da tarde en primeira convocatoria e ás 8:30 horas da tarde en segunda convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte ORDE DO DÍA: 1º Lectura e aprobación...

NIKOLAI TSYBANEV E VIKTOR TCHIKOULAEV, CONVOCADOS POLA SELECCIÓN RUSA DE BALONMÁN

NIKOLAI TSYBANEV (na imaxe) e VIKTOR TCHIKOULAEV (actual adestrador do Novás) foron CONVOCADOS POLA SELECCIÓN RUSA que disputará o Máster de Balonmán Europeo de Veteranos que se xogará en Ljubljana (Eslovenia). Ademais de Rusia xogarán equipos de Austria, República Checa, Dinamarca, Hungría, Italia, Polonia, Letonia, Serbia, España, Eslovaquia, Eslovenia, Ucrania...

14 jun 2012

O ROSAL PARTICIPARÁ NA 22ª FESTA DO VINHO VERDE E DOS PRODUTOS REGIONAIS DE PONTE DE LIMA

O Rosal participará na "22ª Festa do Vinho Verde e dos Produtos Regionais", que se celebrará esta fin de semana, do 15 ao 17 de xuño, no recinto exterior da Expolima, en Ponte de Lima (Portugal). A nosa vila terá un stand con material turístico (libros, guías, folletos, etc), de exposición e degustación -e non venda- de produtos da terra e de viño do Rosal. A inauguración será o venres 15 de xuño, ás 18:30 horas, e será presidida...

ALMORZOS SAUDABLES DO CONCELLO DO ROSAL CO CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER

Informa: Educación Familiar / Concellaría de Servizos Sociais do Rosal FUNDAMENTACIÓN E DESCRIPCIÓN DO PROGRAMA O Concello do Rosal dentro das súas actividades adicadas a promover hábitos saudables entre a xente más nova, quere pór de manifesto a importancia que ten o almorzo como unha das principais comidas do día, sobre todo entre nenas e nenos, xa que moitos deles prescinden desta comida, o que supón baixo rendemento nos estudos e cansanzo...

A ACTIVIDADE "GALEGO DE CINE" DO PROGRAMA FALAREDES, NO ROSAL

Segundo se pode ler na web municipal "O vindeiro venres 15 de xuño, ás 17.30 h, na Praza do Concello do Rosal, terá lugar a actividade Galego de Cine, dentro do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia Este programa está destinado aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística, que levará ata decembro un total de 250 accións por unha centena de entidades locais. FalaRedes busca crear espazos...