28 dic 2012
HOXE PRESÉNTASE EN TUI O Nº 3 DE "CASTELLUM TYDE", REVISTA DO INSTITUTO DE ESTUDIOS TUDENSES
O Edificio da Área Panorámica de Tui acolle hoxe, venres 28 de decembro, a partir das 19:30 horas a presentación do nº 3 de "Castellum Tyde", libro-revista do Instituto de Estudios Tudenses.
O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez e as intervencións -entre outras- do presidente do Instituto, o rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe e os membros do mesmo, Marta Cendón Fernández e Jaime Garrido Rodríguez....
27 dic 2012
A XOGADORA ROSALEIRA SARA ALONSO BARBOSA, CONVOCADA POLA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL DE BALONMÁN
Na imaxe, de esquerda a dereita, Sara, Marta e Lara
Informa: Manuel Ángel Pombal Diego
Tres
xogadoras do Atl. Guardés infantil feminino participan coa selección galega no “I
Torneo de Navidad” de Seleccións Autonómicas Infantil de Balonmán que se
celebra esta fin de semana en Santander.
As xogadoras Sara Alonso Barbosa (O Rosal; lateral), Marta
Pombal Martínez (Oia; lateral) e Lara Silva Pérez (A Guarda; pivote) do Atl.
Guardés da División...
O PUNTO DE INFORMACIÓN DE CRUZ ROJA BAIXO MIÑO CONTINÚA ABERTO
Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
Recordamos que continúa abierto el Punto
de Información Laboral que Cruz Roja Baixo Miño tiene en funcionamiento desde
el 2010. Pueden acercarse a este punto en horario de lunes a viernes de 08.00 a 15.00.
En este punto además de realizar el
currículum, las personas que se acerquen recibirán nociones sobre la búsqueda a
través de las nuevas tecnologías, así como podrán consultar de...
O CANTANTE ROSALEIRO JOSÉ PÉREZ ACTÚA EN LUAR O VENRES 4 DE XANEIRO

Como xa tiñamos anunciado, o cantante rosaleiro José Pérez actuará o vindeiro venres 4 de xaneiro de 2013 na segunda fase do concurso "Recantos" do coñecido programa Luar (TVG) coa canción "Libre" de Nino Bravo.
Dende Noticias O Rosal ¡¡moita sorte José...
26 dic 2012
O CLUB CICLISTA O ROSAL DESEXA A TODOS/AS UN BO NADAL E FELIZ ANO 2013

Velaquí vos deixamos o enlace á web e felicitación do Club Ciclista O Rosal para estas festas de Nadal e Aninovo, onde non se esquecen dos seus ciclistas, socios e simpatizantes.
Anuncian así mesmo que o vindeiro domingo 30 de decembro "péchase o calendario galego coa disputa do Campionato Galego de Ciclocross en Domaio (Moaña), carreira na que Raúl, Toñi e Zaida teñen moitas posibilidades de podio"....
FELICITACIÓN DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL NESTAS FESTAS DE NADAL

Monserrat Domínguez Otero / A.Musical do Rosal
Dende a Agrupación Musical do Rosal queremos desexarvos un bo Nadal e que o vindeiro ano 2013 esté cheo de ilusión, novos proxectos e esperemos que menos recortes para todos...
Felices Festas!!
...
19 dic 2012
O NOVÁS XOGA ESTE SÁBADO NO ROSAL CO BM ZAMORA, LÍDER DA CATEGORÍA
Tal e como se pode ler no evento creado no facebook polo club Atlético Novás de balonmán, este sábado 22 de decembro ás 19:00 horas no Pavillón Municipal do Rosal celebrarase o partido correspondente á "XIV
Xornada de Liga entre os equipos Mecalia Atlético Novás e MMT Seguros Zamora BM".
Velaquí vos deixamos a crónica do encontro: "Comienza
la segunda vuelta y con la misma, el último partido del año. Pero menudo
partido, un Novás...
18 dic 2012
CURSO EN O ROSAL DE INTERVENCIÓN PSICOPEDAGÓXICA EN NENOS/AS CON DIFICULTADES NA APRENDIZAXE
18.12.12
Comentar

Informa: Rosana Coímbra Piñeiro
O vindeiro sábado 2 de febreiro, de (9:00 a 20:00 h.) celebrarase no Restaurante Juan de O Rosal o "Curso de Intervención Pedagógica en niños/as con dificultades en el aprendizaje".
"Este Curso será impartido por Luis
Antonio Sousa González de APAE centro Especializado en ATENCIÓN
TEMPRANA, LOGOPÉDICA Y PSICOPEDAGÓGICA. Centro asociado al grupo ALBOR COHS
como centro de Investigación y Tratamiento...
O SÁBADO 29 CELÉBRASE NO ROSAL O II TORNEO DE BALONMÁN ATLÉTICO NOVÁS BENXAMÍN, ALEVÍN, INFANTIL E CADETE
Informa: Aurora Lomba Álvarez / Atlético Novás
O vindeiro sábado 29 de decembro celebrarase no Pavillón Municipal do Rosal o II Torneo de Balonmán Atlético Novás en categoría benxamín, alevín, infantil e cadete.
O campionato terá lugar dende as 12 da mañá ata as 19:00 horas e terá como invitados ao Club Balonmán Tui e ao Mecalia Atlético Guardés.
A partir das 19:30 horas realizarase o sorteo dun xamón e varios lotes de produtos...
O CANTANTE JOSÉ PÉREZ ACTÚA NO AUDITORIO MUNICIPAL CON MOTIVO DO CONCERTO DE NADAL DO MARQUIER

José Pérez na compaña do veterano cantante Manolo Escobar
O cantante rosaleiro José Pérez, representante da zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) no concurso Recantos do programa Luar (TVG), actuará este mércores 19 de decembro no Auditorio Municipal.
A cita será a partir das 20:00 horas con motivo do concerto de Nadal dos alumnos e alumnas do CPI Manuel Suárez Marquier que estará coordinado polo profesorado de música.
O...
16 dic 2012
O COLECTIVO CARBALLAS ORGANIZA NO ROSAL A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE LAURA LAGO, "BOLBORETAS"

Segundo informa o Colectivo Carballas, o vindeiro xoves 20 de decembro terá lugar na Casa da Agraria do Rosal a inauguración da exposición fotográfica de Laura Lago, "Bolboretas".
A mostra estará aberta ao público ata o luns 31 de decembro. O seu horario é o seguinte: de luns a venres de 19 a 21 h. Sábados e domingos, de 12 a 14 h.
...
O AUDITORIO ACOLLE O MÉRCORES 19 UN CONCERTO DE NADAL DO ALUMNADO DO CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER
Informa: CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal
Dende o CPI Manuel Suárez Marquier queremos convidalos ao noso concerto
de Nadal a cargo do alumnado do centro, coordinados polo profesorado de música.
Tratarase dun acto sinxelo que terá lugar o vindeiro
mércores 19 de decembro no Auditorio de O Rosal ás 20:00 horas.
Bo Nadal e feliz ano 2013...
O ALUMNADO DO CURSO DE CAMAREIRO/A ORGANIZADO POR ÉRGUETE REALIZA AS PRÁCTICAS FORMATIVAS EN EMPRESAS
Informa: Asociación Érguete Baixo Miño
Este curso organizado pola Asociación Érguete
Baixo Miño está dirixido a persoas desempregadas e con perfil profesional
dentro do ámbito da hostalería e/ou restauración, comezou no mes de outubro
tendo unha duración de 350 h.
Nel participan 12 persoas da Comarca do Baixo Miño
e enmárcase dentro do Programa de Incorporación Social e Laboral que desenvolve
a Asociación Érguete Baixo Miño...
5 dic 2012
ACTOS DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL NO DÍA DE SANTA ICÍA 2012

Informa: Monserrat Domínguez Otero / A. Musical do Rosal
Con
motivo da celebración de Santa Icía enviamos o cartel dos actos que terán lugar o vindeiro sábado día 8 de decembro.
Os actos comezarán ás 17,30 h. cunha misa na honra da patroa dos músicos na
Igrexa Parroquial de Santa Mariña do Rosal, que estará acompañada polo grupo de
metais.
Ás 20,00 h. no auditorio
municipal terá lugar...
CRUZ ROJA NO BAIXO MIÑO ORGANIZA E IMPARTE UN NOVO CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS EN BEBÉS E NENOS

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
Cruz Roja Española
en Baixo Miño convoca de nuevo un curso de interés sanitario, dirigido a
personas mayores de 16 años, que estén interesados en adquirir conocimientos
acerca de Primeros Auxilios específicos en bebés y niños.
El
curso de Primeros Auxilios en bebés y
niños, baremable para el SERGAS tiene una duración de...
A CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL "MERCA NA RÚA" DE O ROSAL REMATA ESTE VENRES 7 CO SORTEO DE 2450 €
5.12.12
Comentar
Informa: Alma María Pérez Aguiño / REDIC
Repartíronse un total de 5.000 boletos
de participación e se repartirán 20 premios de 100€ e tres de 150€. Os
agraciados poderán gastalos nos 30 comercios participantes durante os 6
próximos meses.
O venres 7 de decembro
ás 20:00h na sala de exposicións da Casa do Concello do Rosal, o Alcalde, D. Jesús
Mª Fernández Portela, o Deputado provincial D. Pablo Baquero Álvarez, o concelleiro de Comercio,...
ACTIVIDADES DE NADAL NO ROSAL

Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, realizaranse actividades para nenos de infantil e primaria. Así mesmo convócase un ano máis o Concurso de Beléns e haberá seseión de repostería de Nadal para adultos.
Para máis información podedes achegarvos ata o Centro Social Polivalente ou chamar ao teléfono 986 60 94 5...
A SALA LA HACIENDA DE O ROSAL ACOLLE ESTE SÁBADO O CONCERTO DE PECHE DA XIRA MAKETÓN ESTRELLA GALICIA XII
Informa: Sala La Hacienda / O Rosal
Tenemos el placer de comunicaros que este sábado
día 8 de diciembre de 2012 la Sala La Hacienda de O Rosal acogerá el concierto
de cierre de la Gira Maketón Estrella Galicia XII, en el que se contará con la
actuación de los grupos:
-
The Pretty Shirts (A Guarda)
- Copenhague (A Guarda)
- The Soul Jacket (Vigo)
Fecha: Sábado 8 de
Diciembre de 2012
Hora: 22:30h
Precio: Entrada Gratuita
Lugar:...
4 dic 2012
O CENTRO CULTURAL DA GUARDA ACOLLE DÚAS EXPOSICIÓNS DO SAN XEROME ATA O MARTES 18 DE DECEMBRO
Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome
Con motivo do Día Internacional da
Discapacidade, inauguramos onte, 3 de decembro, no Centro Cultural da Guarda dúas exposicións:
Exposición de pintura do Taller artístico
“Pintamos”.
Exposición de trofeos e fotografías do Club
Polideportivo (Primeira parte), dende a súa creación en 1986 ata o 2001.
En breve anunciaremos a exposición da segunda parte: 2001 ata a
actualidade.
As...
3 dic 2012
ESTE VENRES 7 PROXECTARASE NO AUDITORIO DO ROSAL A PELÍCULA DE ANIMACIÓN ARTHUR CHRISTMAS
3.12.12
Comentar

Este venres 7 de decembro ás 16:30 horas proxectarase no Auditorio Municipal do Rosal a película de animación en 3-D Arthur Christmas, unha coprodución Reino Unido-EEUU, dirixida por Sarah Smith e Barry Cook.
Sinopse: "Santa Claus cree que su reinado está llegando a su fin
y que se acerca ya la hora de jubilarse. Confía en que su hijo Steven, que es
muy eficiente y responsable, aunque no muy alegre, esté preparado para tomar el
relevo...
A PARELLA DE BAILARÍNS "JOSE Y ROSY" ACTUARÁ ESTA FIN DE SEMANA (8 E 9 DE DECEMBRO) EN REDONDELA E PORRIÑO
3.12.12
Comentar

A parella rosaleira de bailaríns "Jose y Rosy" participará este sábado 8 de decembro en Redondela na segunda edición de "+ Q Bachata" e ao día seguinte, domingo 9, levará o seu show a Porriño, na sala Époc...
29 nov 2012
PRESENTACIÓN NA PRAZA DO CALVARIO DA CAMPAÑA "MERCA NA RÚA" NO ROSAL
29.11.12
Comentar

Segundo se pode ler na web do Concello "O pasado luns comezou a campaña “Merca na rúa” no
Rosal. A súa finalidade é dinamizar o comercio local, incentivando o consumo no
pequeno comercio no Rosal e durará desde o 26 de novembro ao 7 de decembro. É
promovida e organizada pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e a
Deputación de Pontevedra a través da Oficina Provincial de Comercio REDIC.
A campaña foi
presentada...
BINGO SOCIAL E BAILE A BENEFICIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

Informa: Iván Diego Martínez / A. Musical do Rosal
Este sábado, no salón do Restaurante Juan, BINGO-BAILE
SOCIAL para recaudar fondos para a Agrupación Musical do Rosal, despois de que
a Xunta de Galicia lle quitara a subvención de máis de 20.000€ que viña
recibindo nos últimos anos.
Tralo bingo, unha gran festa con prezos máis que
populares, a partir das 22:00h e cunha gran pantalla xigante para non
perderse tampouco ese interesante...
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DE LORENA GONZÁLEZ SOBRE O MOSTEIRO DE OIA

Durante todo o
mes de decembro Lorena González expón as súas fotografías na Sala de Exposicións do Concello de O Rosal (Praza do Calvario) sobre o Mosteiro de Oia.
Estará aberta ao público dende o 1 de decembro ata o día 31 de decembro de 2012 en horario de
10h a 13h de luns a sábado.
Lorena González,
natural do concello oiense preséntanos novas pespectivas e enfoques dun ben tan
cercano a nós e tan descoñecido. Unha
visión que a artista...
28 nov 2012
O NOVÁS XOGA HOXE UN AMIGABLE NA CAÑIZA. HORARIOS DA FIN DE SEMANA
Segundo se pode ler no perfil oficial do facebook e no twitter do Mecalia Atlético Novás, o equipo senior desprazarase hoxe ata A Cañiza para disputar un amigable contra a escuadra que dirixe José Ramón Baldo. Igualmente estes son os horarios definitivos para esta fin de semana do 1 e 2 de decembro:
-
Primera Nacional: MECALIA AT. NOVÁS - OAR A CORUÑA 1/12/12 19:00 h. Pabellón
Municipal de O Rosal.
- Primera Autonómica:
VIÑA COSTEIRA -...
27 nov 2012
XAVI DÍAZ VOLVE A GALICIA CO SEU NOVO EQUIPO, O BM VILLA DE ARANDA (BURGOS)

Xavi Díaz coa súa nova equipación (Foto: Club BM Villa de Aranda)
O rosaleiro Xavi Díaz, volve a Galicia o próximo sábado 8 de decembro para disputar un novo partido da ASOBAL (máxima categoría do balonmán nacional e considerada por moitos como a mellor liga do mundo) co seu flamante equipo, o Club BM Villa de Aranda (Aranda de Duero-Burgos).
O porteiro de Fornelos enfrontarase para a semana aos seus antigos compañeiros do Academia Octavio...
NOVOS ARTISTAS DO BAIXO MIÑO, NA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DA CAFETERÍA DO CENTRO SOCIAL DE ESTÁS (TOMIÑO)
27.11.12
Comentar

O Calvario baixo o Arco da Vella. (Foto: Juan Ramón Martínez)
A
Cafetería do Centro Social de Estás (Tomiño) acollerá dende este mércores 28 de
novembro ata o domingo 23 de decembro, unha exposición fotográfica de curiosas paisaxes
do Baixo Miño e Galicia en época outonal e aínda preciosas imaxes cuxa procedencia
traspasa fronteiras (Portugal, Irlanda e mesmo Rumanía).
Chalés adosados. (Foto: Chus López)
Sara
Gándara, Chus López,...
26 nov 2012
O CANTANTE ROSALEIRO JOSÉ PÉREZ ACTUOU NA VILA DA GUARDA E SEGUE COLLEITANDO ELOXIOS POLA SÚA VOZ

(Foto: Pablo González/TVG)
O cantante rosaleiro José Pérez, representante da zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) no concurso "Recantos" do Luar-TVG, ven de actuar, tamén en solitario, nas Festas de San Cayetano, na Guarda.
En concreto, foi o sábado 24 de novembro, como colofón e con motivo da celebración da Romaría de Santa Catalina, na Cruzada, despois das actuacións dos grupos Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e Xamaraina.
Coa...