Segundo podemos ler na activa web do Club Ciclista O Rosal, o noso veciño Toñi Portela proclamouse o martes 6 de setembro en Sober (Lugo) Campión de Galicia de CRI (Crontrarreloxo Individual).
O ciclista rosaleiro foi o mellor da súa categoría nunha distancia de 5 km "na que invertiu un tempo de 8'15''12 a unha media de 36,36 km/h e distanciando ao segundo clasificado nunha cómoda diferencia de 19 segundos". Por outro lado -tal e como reza a crónica do Club Ciclista O Rosal "cabe destacar a actuación dos seus compañeiros de equipo que grazas á labor de todos o C.C. O Rosal tamén acadou o 1º posto por equipos con Adrián Vicente no 16º, Raúl Fernández 17º, Andrés Fernández 32º, Pablo Cividanes 33º, Cristóbal Coimbra 43º e Adrián Dorna 45º.
En Junior as clasificacións foron máis discretas con Manuel González no posto 20º, Iván Morais 34º e Alex Lomba 37º.
Felicidades para todos eles e felicitar tamén dende aquí aos ex-ciclistas do C.C. O Rosal Aser Estévez (Supermercados Froiz) que se proclamou dobre Campión de Galicia nas modalidades de Fondo e Contra Reloxo Individual en categoría Elite e Jonathan Sousa que acariciou o podio nas dúas modalidades de Sub-23 ao acabar 4º en ámbalas dúas". (Foto: Club Ciclista O Rosal)
Dende Noticias O Rosal sumámonos ás felicitacións tanto para Toñi como para o Club Ciclista da vila. ¡Noraboa!
0 comentarios:
Publicar un comentario