TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

23 sept 2011

Festa da Vendima 2011 organizada pola Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón




Informa: Jorge Cardoso Mariño / Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón.

A Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón (O Rosal) presentou a Festa da Vendima 2011 no seu local social coa presenza do alcalde do Rosal Jesús María Fernández Portela e da concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo.
 
Destacou o Alcalde a labor por recuperar dita festa que se facía na Praza do Calvario hai 10 anos e que este ano o vai a levar a cabo a entidade da parroquia de San Miguel de Tabagón (O Rosal) nun concello cunha gran forza no sector vitivinícola.
 
A Festa da Vendima 2011 iniciarase o domingo 25 de setembro na Alameda de San Miguel de Tabagón, a poucos metros da Adega Museo Santiago Ruiz, home fundamental na historia do sector no concello miñoto, palabras que expresaba o vicepresidente da Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel, Jorge Cardoso Mariño.

Así mesmo, o vicepresidente detallaba os actos vitivinícolas da Festa, co inicio con degustación de polbo á feira, carne ao caldeiro, tapas variadas, empanadas e roscas regadas polo viños das adegas da D.O. Rías Baixas da subzona do Rosal, acompañados igualmente por licores da zona, sen esquecerse dos grupos folclóricos que amenizarán ese día o rico maridaxe que se pode degustar no Baixo Miño.
 
O día 29, no local da entidade, celebrarase unha charla do profesor e historiador da USC D. Xabier Castro, quen falará sobre a historia da vendima en Galicia, unha charla que será acompañada dos viños que colaboran coa Festa de Vendima.
 
O venres día 30 terá lugar o prato forte da Festa cunha Cata de Viños Galegos con Maridaxe dos produtos da zona como grelos, pementos tipo “padrón”, peixe espada e solla do río Miño, dirixida por Mercedes González, presidenta de Asociación de Sumilliers “Galaecia”. Se catarán sete viños brancos e sete viños tintos. Para acceder á cata deberán de contactar no teléfono 672 085 534 e o seu prezo será de 25 €.
 
Para rematar a semana celebrarase o baile na honra de San Miguel, que será o día 1 de outubro no salón de actos do local social. Actuará o Trío Sensación a partires das 11 da noite para pasar ao día seguinte, co último acto, a Romaría de San Miguel, no parque da Carballeira, situado ao lado mesmo da igrexa parroquial (unha iniciativa veciñal que como explicaba Suso, coordinador da mesma, que no segundo ano pensa ter unha gran asistencia como o ano pasado, que rondou os 500 romeiros no día do patrón “O Anxo das Uvas”.
 
Para pechar o acto tomou a palabra o presidente da SRC San Miguel, quen pediu “perdón se en algo se falla porque é o primeiro ano e podemos ter erros, pero sí coas ganas de traballar por esta entidade e invitar a toda a xente de Baixo Miño e de outros lares a pasar por unha festa que a bo seguro ten moito futuro”.

0 comentarios:

Publicar un comentario