O ROSAL ACOLLERÁ O II CAMPIONATO FEMININO DE FUTBOLÍN PARA AS RAPAZAS DO BAIXO MIÑO. AS TRES PRIMEIRAS PARELLAS CLASIFICADAS DISPUTARÁN O CAMPIONATO DE ESPAÑA.
A Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín organizará o sábado 29 e o domingo 30 de outubro o II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal, que convoca por segundo ano consecutivo esta web cultural baixomiñota.
Poderán participar todas aquelas rapazas que pertenzan á comarca do Baixo Miño (O Rosal, A Guarda, Tomiño, Tui e Oia), recibindo todas elas un agasallo conmemorativo e obtendo as tres primeiras parellas clasificadas, entre outros premios, invitacións para participar gratuitamente no “Campeonato de España Femenino de Futbolín” que se celebrará a principios de decembro deste ano en Galicia.
Os locais con futbolín que colaboran para a celebración do II Campionato Feminino Noticias O Rosal amplíanse nesta edición a tres (Bar Troya, Bar Floro e Bar D’Bute), que serán as sedes do Torneo, cos seguintes horarios:
Os locais con futbolín que colaboran para a celebración do II Campionato Feminino Noticias O Rosal amplíanse nesta edición a tres (Bar Troya, Bar Floro e Bar D’Bute), que serán as sedes do Torneo, cos seguintes horarios:
SÁBADO 29
De 16 a 19 horas: Inauguración-Fase de Grupos. BAR FLORO.
De 19’30 a 22’30 horas: Fase de Grupos. BAR D’BUTE.
DOMINGO 30
Ás 19 horas: Fase Final. BAR TROYA
A inscrición, cun prezo moi popular -5 euros persoa (10 euros a parella)- se formalizará en calquera destes tres locais. O último día de prazo para apuntarse será o venres 28 de outubro na Presentación oficial que se celebrará ás 21:00 horas no Centro Social Polivalente do Rosal.
A modalidade de xogo: Parado (pódese facer cambios na dianteira).
A modalidade de xogo: Parado (pódese facer cambios na dianteira).
Se algún local, institución, empresa ou particular do Baixo Miño quere colaborar aínda na organización deste e outros eventos coa Asociación Os Cabaqueiros, ou mesmo participar nos torneos, pode solicitar información das seguintes formas:
Correo electrónico: asociacioncabaqueiros@hotmail.com
Teléfono: 637 311 007 (Juan Ramón Martínez)
0 comentarios:
Publicar un comentario