24 nov 2011
Reportaxe da ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2011 celebrada no Rosal
Despois dos retrasos obrigados polas choivas, celebrouse a romaría na honra de San Martiño de Tours.
O santo, levado en procesión ao son da gaita, saíu da igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal o pasado domingo 20 de novembro ás 10:30 horas da mañá, para chegar á súa capela no alto do monte da Valga, a repique de campá, ás 12 horas.
A referencia histórica máis antiga que coñecemos da capela data do século XVI e sabemos que pertencía ao Mosteiro de Santa María a Real de Oia.
Os devotos de San Martiño, avogado das espullas, realizaron como sempre, a solemne e ritual parada no lugar do “Pouso”.
Xa na capela, a misa foi oficiada polo abade párroco, Rvdo. D. Julio Ramos, auxiliado por dous “Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres de Teis”.
Logo da cerimonia -con homilía- saíu a procesión arredor da capela. Os fieis de San Martiño, rematada a subhasta das ofrendas, foron collendo sitio polas inmediacións da ermida, para xantar de campo.
Os mordomos -“Os da Torre”- e convidados, como é tradicional, ocuparon as mesas de pedra preto da capela.
Sobre as 4 da tarde o Santo deixou a ermida e en procesión, facendo diferentes paradas, foise baixando ata o punto de partida, a igrexa parroquial de Santa Mariña.
23 nov 2011
XEROCK E THE RUNAWAYS, NO IES A SANGRIÑA, COMO DESPEDIDA DO PROXECTO “DEMOCRACIA PARTICIPATIVA”
Informa: Xosé Carlos G. Blanco / San Xerome
O vindeiro venres 25 de novembro o Centro San Xerome Emiliani en colaboración co Instituto da Sangriña vai celebrar o derradeiro acto do proxecto de democracia participativa que comezou o pasado 1 de decembro do 2010.
Este acto consiste nun concerto do grupo XEROCK do Centro San Xerome Emiliani e o grupo The Runaways composto por mozos de A Guarda. Con este concerto pretendemos celebrar un encontro da xuventude guardesa na que se coñeza cal foi o itinerario pola democracia levado por un grupo de oito mozos do Centro San Xerome Emiliani e Avelaíña e por outros oito de Vilafranca de Xira en Portugal.
Pretendemos dar a coñecer tamén que Europa non é so unha entidade política económica senón que dende programas como o de Juventud en Acción tamén se apoia iniciativas de mozos en aras da súa participación, formación e achegamento ata a democracia. A música sempre está unida á xuventude e con este concerto e a golpe de Rock, pretendemos achegar a Unión Europea aos mozos de A Guarda.
O concerto terá lugar ás 12:30 h., no Salón de Actos do Instituto de A Sangriña.
Durante a actividade imos a proxectar algúns dos momentos que protagonizaron o grupo de Democracia Participativa no seu itinerario pola democracia, dende a visita ao Concello da Guarda, á Xunta de Galicia, ao Ministerio de Sanidade, Política Social e de Igualdade ata chegar á Comisión Europea en Bruselas, pasando polos Parlamentos, autonómico, nacional e o europeo. Toda esta viaxe remata compartindo eses momentos cos nosos compañeiros e compañeiras coa banda sonora de fondo dos músicos de Xerock e The Runaways.
Concerto da Agrupación Musical do Rosal con vistas a súa participación no V Certame Galego de Bandas
Informa: Montserrat Domínguez Otero / Agrupación Musical do Rosal
Con motivo da participación da Agrupación Musical do Rosal na sección primeira do V Certame Galego de Bandas realizaremos un concerto de presentación das obras que interpretaremos. O concerto terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal este sábado día 26 ás 17,00 h. e o programa será o seguinte:
- Adiós Tomiño! de Ademar Álvarez
- A lenda da Santa Compaña de David Cuevas
- Apocalypse de Derek Bourgeois
O día seguinte, domingo 27, a partir das 16,30 h. no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela terá lugar o Certame Galego de Bandas, participando na primeira sección as seguintes bandas, por esta orde:
- Banda Recreativa e Cultural de Bandeira
- Agrupación Musical do Rosal
- Agrupación Musical de Vincios
- Banda de Música de Valga
- Banda de Música Municipal de Caldas de Reis
Se algunha persoa está interesada en acompañar á Banda en autobús, poden anotarse na oficina da Agrupación ou no teléfono 986.62.63.11. O prezo da viaxe son 10 euros.
21 nov 2011
Nuria e María disfrutaron do seu premio no BAR-TAPERÍA A COMPETENCIA
O sábado 19 de decembro, Nuria González Adrover e María Senra Álvarez, integrantes do equipo "AS VITAMINAS", décimas clasificadas no II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011, tamén disfrutaron do seu premio.
Este non era outro que unha cea no BAR TAPERÍA A COMPETENCIA* (O Rosal), xentileza do seu propietario, José Enrique Rodríguez Vicente.
*O BAR-TAPERÍA A COMPETENCIA atópase en plena Praza do Calvario. Se queredes contactar para pedir información dos seus bocadillos, tapas e demais, deixámosvos o seu teléfono: 671 636 576.
¡¡Dende Noticias O Rosal, graciñas Enrique!!
Este non era outro que unha cea no BAR TAPERÍA A COMPETENCIA* (O Rosal), xentileza do seu propietario, José Enrique Rodríguez Vicente.
*O BAR-TAPERÍA A COMPETENCIA atópase en plena Praza do Calvario. Se queredes contactar para pedir información dos seus bocadillos, tapas e demais, deixámosvos o seu teléfono: 671 636 576.
¡¡Dende Noticias O Rosal, graciñas Enrique!!
O BAR RESTAURANTE PARADELA premia a FUSIÓN, equipo feminino de futbolín
O pasado venres 18 de novembro, Luisa Fernández Álvarez e Rebeca Rodríguez Rodríguez, integrantes do equipo "FUSIÓN", oitavas clasificadas no II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal, foron premiadas cunha fantástica cea no BAR RESTAURANTE PARADELA* (San Xoán de Tabagón) cortesía do seu propietario, Delmiro Pereira Barros.
Ata alí se achegaron tamén Rubén Santos Paz e Sergio Casal Fernández, secretario e vicepresidente -respectivamente- da Asociación Os Cabaqueiros do Futbolín, coorganizadora do "Feminino Noticias O Rosal".
*O BAR RESTAURANTE PARADELA está emprazado en San Xoán de Tabagón, na estrada que vai ás Eiras. Para máis información sobre o seu servizo, os seus menús, comidas e ceas, podedes contactar sen compromiso no teléfono 986 611488 e no 671 289 570.
¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa gratitude Miro!!
Studio 88 estará no III Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo
Informa: Josué Álvarez Alonso / Asociación Studio 88
A Asociación Studio 88 estará o domingo 27 de novembro no III Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo, "Open Internacional Standar y Latino", dende as 14:00 ás 20:00 horas, no pavillón municipal.
Dende a Asociación recomendamos a asistencia, xa que sen dúbida constitúe todo un espectáculo, e nos tempos que corren é bo apoiar a todas esas parellas que se dedican a un deporte moi pouco valorado.
Encontro galego-portugués no Centro San Xerome Emiliani
Informa: Xosé Carlos G. Blanco / San Xerome
A pasada fin de semana, do 18 ao 20 de novembro reuniuse no Centro San Xerome Emiliani o equipo de Democracia Participativa do programa europeo Xuventude en Acción.
O grupo da Cercipovoa de Vilafranca de Xira (Portugal) viaxou nesta ocasión a A Guarda para facer o derradeiro encontro Galego - Portugués do proxecto. O grupo está constituído por oito mozos de Vilafranca de Xira e oito do Centro San Xerome Emiliani e da Asociación Avelaíña.
O traballo que desenrolado é unha posta en común dos resultados das reunións previas de cada grupo nas institucións locais, autonómica (só no caso galego) e nacionais. O segundo punto na orde do día foi valorar cales foron os cambios persoais e o crecemento como cidadáns neste camiño que fixemos polas nosas institucións. Por último e como unha das cuestións máis importantes, valoráronse os proxectos que queremos desenrolar no futuro, xa sexa dentro da Acción de Democracia Participativa ou noutras áreas do programa Xuventude en Acción da Unión Europea.
A anterior ocasión na que o grupo se xuntou foi a viaxe a Bruselas, onde tivemos reunións cos responsables técnicos da área da discapacidade da Comisión Europea e coñecemos máis de preto o Parlamento Europeo, onde tivemos a ocasión de entrevistarnos con algúns europarlamentarios galegos e portugueses.
Dende o Centro San Xerome Emiliani, promotor desta iniciativa, estamos moi satisfeitos con este proxecto e con todo o conquerido nesta viaxe pola democracia.
A fotografía corresponde á recente visita á Comisión Europea en Bruxelas do grupo galego-portugués dentro do primeiro dos programas (Juventud en Acción – Democracia participativa).
A nosa noraboa a Jonathan, que estivo a piques de pasar á final do concurso "Jóvenes Modelos 2011"
21.11.11
Comentar
Informa: José Luis Rodríguez Fernández
O rosaleiro Jonathan Rodríguez Rodríguez, que conseguira pasar á final local do concurso “Jóvenes Modelos", organizado por El Corte Inglés e Faro de Vigo, non puido acceder á ultima proba a nivel de Galicia, pese a ser un dos favoritos do público.
El Corte Inglés de Vigo acolleu o pasado mércores 16 de novembro unha gala na que o xurado decidiu que os seis gañadores que representarán a Vigo na fase rexional sexan os seguintes: Michelle Teijeiro Calvo, Manuel Severo Rodríguez González, Sara Mª Tesouro, Damián Novo, Noelia Vila e Elías Armando de la Cruz.
Estes rapaces e rapazas competirán cos gañadoras de A Coruña e Santiago no centro comercial Marineda o xoves 24 de novembro. Desta final sairá a "Parella de Moda Galicia 2011".
16 nov 2011
Últimas prazas para participar no Curso de Primeiros Auxilios no Fogar
16.11.11
Comentar
Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
Cruz Roja Española en el Baixo Miño informa de las últimas plazas vacantes para el curso de interés sanitario, dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesadas en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios en el hogar.
El curso de Primeros Auxilios en el hogar, baremable para el SERGAS tiene una duración de 10 horas teórico-prácticas. Las fechas serán los días 19 y 26 de noviembre de 2011.
El objetivo general es proporcionar los conocimientos más elementales para poder ofrecer una ayuda eficaz a las personas que han sufrido una situación de emergencia, sea por accidente o enfermedad en el hogar. De este modo se podrán afrontar esos decisivos primeros minutos con la máxima seguridad.
En su estructura el curso incluye los siguientes módulos:
Módulo 1. Los Riesgos en el Hogar. Módulo 2. Objetivos; Módulo 3. ¿Qué es el socorrismo? Módulo 4. Pautas Generales de actuación ante una situación de emergencia. Módulo 5. La cadena de supervivencia. Proteger, Socorrer y avisar. Módulo 6. Conceptos de PPAA. Módulo 7. Reanimación cardiopulmonar básica en adultos. Módulo 8. Posición Lateral de seguridad. Módulo 9. Movilidad y manejo urgente de las víctimas. Módulo 10. Exploración Secundaria. Módulo 11. Obstrucción de la vía aérea por cuerpo extraño. Módulo 12. Hemorragias. Módulo 13. Quemaduras. Módulo 14. Electrocución. Módulo 15. Heridas. Módulo 16. Traumatismos. Módulo 17. Intoxicaciones. Módulo 18. Mordeduras y picaduras de animales. Módulo 19. Urgencias médicas. Módulo 20. El Botiquín. Módulo 21. Prevención de accidentes. 21.2. Pautas generales en los diferentes accidentes.
La acción formativa se llevará a cabo en A Guarda, todas las personas interesadas pueden solicitar más información en Cruz Roja Baixo Miño, situada en la C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo o llamando al teléfono 986 61 46 09, en horario de 8:00 a 15:00 h. y de 16:00 a 19:00 h.
El plazo de inscripción acaba el 18 de noviembre. El número de plazas es limitado y la realización del curso queda sujeta a que se cubra el número de plazas. El coste del curso será de 40€.
14 nov 2011
A Peluquería Ignacio do Rosal premia ás gañadoras do "Feminino"
A "Peluquería Ignacio" do Rosal obsequiou a Mary Domínguez e Ruth Martínez, gañadoras do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011, cunha sesión de perruquería.
Os irmáns Ignacio e Sonsoles González Rivas atenderon amablemente o pasado venres ás vencedoras do "Feminino", que se peinaron, cortaron o cabelo e aínda se fixeron mechas. ¡¡A nosa gratitude para eles!!
10 nov 2011
O rosaleiro Jonathan Rodríguez Rodríguez, na final local de "El Joven Modelo El Corte Inglés 2011"
10.11.11
Comentar
Informa: José Luis Rodríguez Fernández
O rosaleiro Jonathan Rodríguez Rodríguez* consegue pasar á final do concurso “El Corte Inglés de Galicia elige El Joven y La Joven Modelo El Corte Inglés Galicia 2011”, onde participan rapaces e rapazas de entre 14 e 22 anos de idade.
Este mércores 16 de novembro celébrase a final local, sendo durante esta gala cando se elixan os seis gañadores que representarán a Vigo na fase rexional.
O xurado estará formado por profesionais de recoñecido prestixio no campo da moda, a imaxe e a publicidade, así como representantes das firmas organizadoras.
Os finalistas das diferentes fases locais participarán na “Gran Gala de la Moda”, que se celebrará o 24 de novembro en El Corte Inglés de Marineda City (A Coruña).
Dende Noticias O Rosal, ¡¡moita sorte!!
*Jonathan ten 15 anos, vive en Martín e estuda no colexio Manuel Suárez Marquier do Rosal. Ademais, o noso veciño é porteiro de fútbol do Sporting Guardés, categoría cadete.
O grupo LIROLAI actuará este venres no programa LUAR da TVG
Mañá, venres 11 de novembro, LIROLAI actuará no programa LUAR da TVG, interpretando a canción "A Cabaqueira".
O grupo rosaleiro está composto por Gloria de la Peña, Miguel Proba, Fátima Pereira, Celso Diego, Rafael Martínez, Serafín Luna, Rafael Domínguez, Sara Proba, Chelo Pereira, Sol Rodríguez, Berta Caride, Esther Vicente e Carmen Rodríguez.
O grupo de pandereteiras/os e música tradicional Lirolai nace no interior da Agrupación Musical do Rosal, sendo este un máis dos proxectos levados a cabo por esta asociación que conta entre outras cousas con escola de música, banda, coral, grupos de cámara, etc.
O grupo consta de doce compoñentes, cinco homes e sete mulleres que interpretan repertorio cantando, pezas de pandereteiras, temas... instrumentais con gaitas, acordeóns, saxo, tamboril e bombo, e versións mixtas de canto e instrumentación. Posúen un amplo repertorio de cancións de recollida de diferentes zonas de Galicia, así como versións de temas populares e tamén pezas de composición propia.
Lirolai fixo a súa presentación o 1 de marzo de 2008 no Centro Social de Estás (Tomiño) e desde entón actúan en diversos eventos culturais: Centro Cultura da Guarda, auditorio do centro cultural Hélios de Bembrive, casa cultural e veciñal de Camposancos e auditorio do Rosal.
Tamén asisten a diferentes festas coma San Gregorio e festa das Letras Galegas do Rosal, I Festa do Kiwi en Tomiño, XVI Festa Luso-Galaica en Vilanova de Cerveira, así como infinidade de seráns e foliadas dos concellos do Rosal, Oia, Tomiño, Tui e Porriño.
Igualmente ten feito colaboracións coa coral da Agrupación Musical do Rosal e co grupo Folk Deixandar, tamén do Rosal. No mes de novembro do 2009 desprázase ata Vitoria para actuar no Centro galego desta cidade, acadando un importante recoñecemento por parte do público asistente. (Fonte: Lirolai)
7 nov 2011
Conchi, Vanesa, Mary, Ruth, Noelia e Maite, ao Campionato de España de Futbolín tras gañar o "Feminino"
7.11.11
Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros, Futbolín, II Campionato Feminino de Futbolín
Comentar
O domingo 6 de novembro, no Centro Social Polivalente da vila, tivo lugar o acto de entrega de premios do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011, que organizou esta web conxuntamente coa Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín e a colaboración do Concello do Rosal.
Un total de 20 rapazas disputaron este torneo os días 29 e 30 de outubro no Bar Floro, Bar D’Bute e Bar Troya. As tres primeiras parellas clasificadas (Hai Chapa, As Divinas e Bar Floro) xogarán directamente o Campionato de España de Futbolín que se celebrará os días 8, 9 e 10 de decembro en Padrón (A Coruña).
Lembrar que as gañadoras, Mary Domínguez e Ruth Martínez, revalidan o seu título –invictas- pois venceran tamén na primeira edición, a de 2010. Igualmente Mary foi elixida entre as propias participantes como a mellor xogadora do torneo e Ruth como a mellor porteira.
Todas as participantes foron obsequiadas cun novidoso diploma conmemorativo, libros, trofeos e diferentes agasallos. Entre eles, dúas tartas para as campionas, xentileza de Confitería Rogelio (O Rosal), ceas para dúas persoas cortesía do Restaurante Juan, Restaurante Paradela e Bar A Competencia (O Rosal), así como do Woody Pool (Tomiño), ademais dunha noite na casa rural Casa Cabaqueiros (O Rosal).
A Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín quere agradecer publicamente o exemplar comportamento e deportividade das xogadoras inscritas no torneo, así como a colaboración de todas as persoas e entidades que o fixeron posible.
Esta foi a clasificación final do II Campionato Feminino de Futbolín 2011:
1ª: HAI CHAPA (Mary Domínguez Rodríguez e Ruth Mª Martínez Barbosa)
2ª: AS DIVINAS (Conchi Barbosa González e Vanesa Sánchez Fernández)
3ª: BAR FLORO (Maite Martínez González e Noelia Álvarez Baquero)
4ª: CAMPOSINAS (Bea Rodríguez Martínez e María Martínez Pereira)
5ª: TAPERÍA A POUSADA (Sofía Gómez Sobrino e Ana Pérez Otero)
6ª: EVASIÓN (Eva Fernández Vicente e Tania Rodríguez Rodríguez)
7ª: XA ESTAMOS AQUÍ (Clara Lomba Rodríguez e Jenifer López Álvarez)
8ª: FUSIÓN (Rebeca Rodríguez Rodríguez e Luisa Fernández Álvarez)
9ª: MARVAN (Marisa Pérez Rodríguez e Vanesa Rodríguez Vicente)
10ª: AS VITAMINAS (María Senra Álvarez e Nuria González Adrover)
6 nov 2011
Hoxe domingo, a entrega de premios do II Campionato Feminino de Futbolín
6.11.11
Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros, Futbolín, II Campionato Feminino de Futbolín
Comentar
Mary e Ruth, gañadoras das dúas edicións do Feminino
Hoxe, domingo 6 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro Social Polivalente da vila, terá lugar o acto de entrega de premios do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011, organizado pola nosa web e a Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín coa colaboración do Concello do Rosal.
Lembramos de seguido a clasificación final da segunda edición deste innovador torneo, exclusivo para as mulleres do Baixo Miño.
1ª: HAI CHAPA (Mary Domínguez Rodríguez e Ruth Mª Martínez Barbosa)
3ª: BAR FLORO (Maite Martínez González e Noelia Álvarez Baquero)
4ª: CAMPOSINAS (Bea Rodríguez Martínez e María Martínez Pereira)
5ª: TAPERÍA A POUSADA (Sofía Gómez Sobrino e Ana Pérez Otero)
6ª: EVASIÓN (Eva Fernández Vicente e Tania Rodríguez Rodríguez)
7ª: XA ESTAMOS AQUÍ (Clara Lomba Rodríguez e Jenifer López Álvarez)
8ª: FUSIÓN (Rebeca Rodríguez Rodríguez e Luisa Fernández Álvarez)
9ª: MARVAN (Marisa Pérez Rodríguez e Vanesa Rodríguez Vicente)
10ª: AS VITAMINAS (María Senra Álvarez e Nuria González Adrover)
A Xunta de Galicia ingresa 47.000 € ao Centro San Xerome
Informa: Xunta Directiva do Centro San Xerome
O venres 4 de novembro, a Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia ingresou 47.000 € correspondentes ao contrato de servizos do Centro de día e Centro ocupacional relativos á facturación do pasado mes de agosto.
Con este importe fíxose efectivo o pago das nóminas do persoal do Centro, do mes de outubro. Quedan pendentes de ingresar por diferentes conceptos coa Administración, un total de 200.000 €., indispensables para o normal funcionamento das unidades e servizos do Centro San Xerome.
4 nov 2011
II Rally do Tamuxe de Scalextric organizado pola Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel
O sábado 5 de novembro terá lugar a segunda edición do Rally do Tamuxe de Scalexctric que organiza a Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón.
Haberá catro tramos de competición, comezando os adestramentos libres ás 10:30 horas, para xa ás 16:00 horas dar inicio a este curioso e novidoso Rally do Tamuxe.
Máis información nos teléfonos 986 61 38 69 e 672 085 534.





















