FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

12 dic 2011

RUTH MARTÍNEZ E MARY DOMÍNGUEZ CONSEGUEN O 5º POSTO NO “XV CAMPEONATO NACIONAL DE FUTBOLÍN”



Finalmente foron once os equipos representantes da Asociación Os Cabaqueiros e do Baixo Miño no "XV Campeonato Nacional de Futbolín" que se celebrou dende o xoves 8 e ata o sábado 10 de decembro en Padrón (A Coruña).


Lembramos que participaron invitadas neste novo Campionato de España, as tres primeiras parellas clasificadas no II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011: HAI CHAPA (Mary Domínguez e Ruth Martínez, 5º posto), AS DIVINAS (Conchi Barbosa Vanesa Sánchez, 13º) e BAR FLORO (Maite Martínez e Noelia Álvarez, 15º).
 
Previa inscrición, xogaron este torneo a nivel nacional, na modalidade "parado" os equipos ANXO-DELIO (Ángel Martínez e Rubén Santos, 12º), OS NENOS (Braulio Álvarez e Sergio Rodríguez, 16º), BAR TROYA (Sergio Casal e Juan Martínez, 18º) e PORTECELO (Carlos Álvarez e Marcos Casal, 38º na F-1, tamén en "movemento", 19º).

E o sábado, no "Mixto-F2” os equipos ÁNGEL-ANABEL (Anabel Magariños e Ángel Martínez, 6º), MARVAN (Marcos Casal e Vanesa Rodríguez, 7º), PORTECELO 2 (Marisa Pérez e Carlos Álvarez, 8º) e HAI CHAPA NENOS (Mary Domínguez e Braulio Álvarez, 9º).

O resultado máis destacado da expedición baixomiñota foi o 5º posto conseguido por Ruth e Mary, vencedoras do II Campionato Feminino Noticias O Rosal, que a pesar de xogar na modalidade de movemento (sen parar a bola na dianteira) case chegan ás semifinais, sendo eliminadas polas Campionas de España absolutas, Alba Quiroga e Paula Carreiro, que novamente repetiron triunfo.

Temos que destacar e agradecer dende a Asociación Os Cabaqueiros o compañeirismo e o bo ambiente amosado polos nosos veciños/as e polos centos de equipos participantes, así como deixar constancia do altísimo nivel de xogo existente neste XV Campionato de España de Futbolín. A nosa noraboa.

Fai clic aquí para ver a reportaxe fotográfica completa realizada pola Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín.

9 dic 2011

A Agrupación Musical do Rosal honra o sábado 10 de decembro á súa patroa, Santa Icía



Montserrat Domínguez Otero / A. Musical do Rosal

Estes serán os actos que terán lugar o vindeiro sábado 10 de decembro, con motivo da celebración de Sta. Icía (Patroa dos músicos).
 
Neste ocasión, ademais da incorporación dos cinco novos músicos realizaremos a fase final do Concurso de Composición de Pasodobres que se convocou con motivo do noso 25º aniversario.

Así, deste modo, a nosa agrupación pechará un intenso ano cheo de actividades, moito traballo e esforzo dos nosos músicos e tamén de éxitos como o 1º premio acadado no V Certame Galego de Bandas de Música o pasado 27 de novembro no Auditorio de Galicia.

Ás 20,00 horas dará comezo no auditorio do Rosal o concerto onde se interpretarán os cinco pasodobres finalistas seleccionados polo xurado formado por Javier Viceiro Filgueira, Juan Lois Diéguez e Xosé Manuel Collazo de entre un total de 21 recibidos. Durante o concerto o público asistente tamén poderá votar o pasodobre que máis lle guste.
 
Como remate do acto daranse a coñecer os tres premios:

- Premio patrocinado por "Bodegas Terras Gauda" por valor de 2000 € outorgado polo xurado.

- Premio patrocinado pola "Fundación O Rosal" por 600 € outorgado polo público asistente.

- Premio patrocinado pola "Fundación O Rosal" por 600 € outorgado polos músicos.

7 dic 2011

Charla informativa sobre educación e terapia con animais no Polivalente




O pasado 30 de novembro celebrouse no Centro Social Polivalente do Rosal a charla informativa sobre Educación e terapia con animais que reuniu a preto de 60 persoas: nais, pais, nenos e nenas, profesores/as e outros profesionais da educación.

Esta charla foi organizada polo Gabinete de Psicopedagoxía e Logopedia ANA do Rosal e ofertada polo Gabinete de Psicopedagoxía Con.Tacto, Terapia, educación e ocio con animais, de Vigo, composto por Olalla Vergara, mestra e técnico en animais de terapia, e Laura Pazos, psicóloga.



Ó termino da charla, os asistentes disfrutaron de pinchos e bebida que permitiu o intercambio e preguntas ás dúas profesionais. Nenos e nenas puideron tamén disfrutar da presenza dos 3 Golden Retriever (Trasto, Hada e Shiva) que se prestaron a algunha demostración da súa docilidade e paciencia así como do que saben facer.

A interesante e amena presentación, acompañada con fotos e vídeos, a cargo de Olalla Vergara, foi aplaudida pola asistencia. Olalla explicou as esixencias, traballo e preparación que necesita este tipo de talleres, sesións, e/ou terapias, que poden ser en grupo ou individuais: moito máis alá de “facer actividades ou xogos con cans”; indicando cales poden ser os obxectivos e beneficios das sesións; así como os distintos colectivos ós que están dirixidas: centros educativos, discapacidade, enfermos mentais, síndrome de down, autismo, centros de maiores, etc.

Os talleres educativos e de terapia con animais xa están en marcha dende setembro no Rosal os mércores cada 15 días de 16h a 17h e de 18h a 19h na rúa Ramón Franco 22-Baixo.


6 dic 2011

O ROSALEIRO DANIEL RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ TRIUNFA NA “LIGA PORTUGUESA DE CAVALOS DE CORRIDAS”


Daniel Rodríguez e Otto de Touchyvon

Reportaxe (texto e fotografías) realizada por Silvia Rodríguez Martínez

Existe en Portugal unha Liga Portuguesa de Criadores e Proprietários de Cavalos de Corrida que organiza carreiras de trote e de galope dende o mes de marzo a novembro de cada ano.


A competición, que é a nivel nacional, conta coa participación da Cuadra Rodríguez, fundada hai uns cinco anos. O seu propietario, adestrador e jockey é o rosaleiro Daniel Rodríguez Rodríguez, (naceu en Parada-Novás, o 21 de xullo de 1961), afincado en Goián, que conta coa inestimable colaboración de Carla Alonso Rodríguez, de Marzán, como adestradora e coidadora dos tres cabalos que posúe a Cuadra.



En Galicia apenas se organizan carreiras desta modalidade e menos a nivel oficial, sendo este o motivo de que compitan na Liga Portuguesa.


O pasado 20 de novembro Daniel proclamábase vencedor do "Gran Premio de Portugal" no Hipódromo Quinta da Granja en Felgueiras-Porto (na imaxe entrando en meta). Esta é a carreira máis importante do ano por ser final de tempada e correr máis distancia, ademais de ser a que habitualmente ofrece máis diñeiro en premios.


O jockey rosaleiro gañou as dúas carreiras do día, a primeira sobre unha distancia de 1.800 metros co cabalo Hennir de Joie, e a segunda, o citado Gran Premio de Portugal, cunha distancia de 3000 metros, co cabalo Otto de Touchyvon (trotón francés de 9 anos) adxudicándose un premio de 2000 euros.


Cabe destacar que Daniel Rodríguez xa lideraba nesta tempada a Clasificación Xeral de Jockey de Trote na Liga Portuguesa de Cavalos de Corridas.

Os colaboradores da Cuadra celebrando a vitoria no Gran Premio de Portugal


¡¡Dende Noticias O Rosal desexámoslles moitos máis éxitos!!

1 dic 2011

AXENDA CULTURAL DESTE MES DE DECEMBRO. Non te podes perder...

DECEMBRO

DÍA 8: CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FUTBOLÍN


As tres parellas gañadoras do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal participarán no "XV Campeonato Nacional". Hotel Scala (Padrón-A Coruña), ás 16 horas.

DÍA 10: MISA DE SANTA ICÍA NA IGREXA PARROQUIAL 

Misa ás 17:30 horas na honra de Santa Icía, na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal, acompañada da Coral da Agrupación Musical do Rosal

DÍA 10: CONCERTO EN HONOR A SANTA ICÍA

Concerto da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 8 da tarde

DÍA 11: TEATRO. Comedia "A Voltas do CDI"


Compañía Mesturanzas de Areas. Auditorio Municipal ás 7 da tarde


DÍA 17: CONTACONTOS DE NADAL


PAPÁ NOEL visita a Biblioteca Municipal ás 12 horas.


DÍAS 17 E 23: AUDICIÓNS DE NADAL

Audicións dos nenos/as ás 8 da tarde e de adultos ás 8'30, tamén da tarde. Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal


DÍA 18: HUMOR EN NADAL


OS CAMPELOS VOLVEN EN NADAL. Auditorio Municipal ás 6 e ás 8 da tarde (no caso de completar aforo na primeira sesión)


DÍA 30: ENCONTRO DE CORAIS.

Auditorio Municipal ás 8 e media da tarde Coro Ecos do Folón, Coral da Agrupación Musical do Rosal, Coral de San Pedro de Domaio (Moaña)


Do 19 ao 30 de decembro, en horario de mañá, mostrarase na Sala de Exposicións do Concello:
·Debuxos dos nenos/as do CPI Manuel Suárez Marquier feitos nas charlas divulgativas da ONG CEMMA sobre as especies animais ameazadas.
·Traballos realizados polos alumnos/as do Pintura do Concello do Rosal.


26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, así como o 2, 3, 4 de xaneiro. CINE DE ANIMACIÓN. Auditorio Municipal ás 5 da tarde.

O 5 de xaneiro os REIS MAGOS chegarán ao Rosal con agasallos e chocolatada. Praza do Calvario a partir das 5 da tarde.

Concurso de Beléns. O Rosal 2011



A Concellaría de Cultura, xunto coa Oficina de Información Xuvenil, organizan unha nova edición do Concurso de Beléns.


1.- Poderán participar tódalas persoas que o desexen. O tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre.

2.- Os Beléns deberán ser colocados polos seus autores/as ou persoas que os representen no lugar que se lles indique os días 15 e 16 de decembro das 9:00 ás 12:00 e das 16:00 ás 19:00 horas no Centro Social Polivalente.

3.- Os traballos presentados estarán expostos a partir do 19 de decembro, data na que se inaugura a exposición e na que se fará entrega dos premios, ata o 6 de xaneiro no mesmo centro.

4.- A retirada dos traballos deberá efectuarse os días 9 e 10 de xaneiro de 2012 de 17:00h. a 20:00h, perdendo o dereito sobre os mesmos no caso de non facelo.

5.- Estableceranse dúas categorías:

· Infantil: ata os 12 anos.

· Xuvenil: dos 13 ata os 17 anos.

· Adulto: a partir dos 18 anos.

6.- Haberá un único premio para cada categoría:

· Lote de libros adecuado ao participante gañador/a para a Categoría Infantil e Xuvenil

· Vale de compra por valor de 100 euros no comercio do Rosal para a Categoría Adulto.

7.- O Xurado darase a coñecer no momento que se estime oportuno

8.- A Organización resérvase o dereito de admisión dos traballos presentados a concurso así como de declarar deserto algún ou todos os premios.

9.- O fallo do Xurado realizarase antes de inaugurarse a exposición.

10.- A Organización resérvase o dereito de publicar fotografías dos Beléns participantes en calquera medio que estime oportuno.

11.- Prazo e lugar de inscrición dos Beléns, ata o día 14 de decembro no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural.






























As Divinas, Hai Chapa e Bar Floro xa formalizaron a súa inscrición e xogarán o Campionato Nacional


Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín

As tres parellas gañadoras do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011 disfrutarán o 8 de decembro dun dos seus premios, que non foi outro que ser invitadas coa inscrición gratuíta, a participar no "XV Campeonato Nacional de Futbolín", onde se enfrontarán ás mellores de España.

O equipo campión, Hai Chapa, estará formado pola capitana Mary Domínguez Rodríguez e a xogadora Ruth Martínez Barbosa.

O equipo subcampión, As Divinas, capitaneado por Conchi Barbosa González e a xogadora Vanesa Sánchez Fernández.

O equipo Bar Floro, terceiras clasificadas, terá como capitana a Maite Martínez González e a xogadora Noelia Álvarez Baquero.

Aínda que ninguén dubida da calidade das nosas veciñas deportistas, en Padrón partirán cunha pequena desventaxa, pois non poderán participar na modalidade habitual de "parado" (no Rosal e na Guarda pódese parar a bola na dianteira e facer cambios) e terán que xogar na de "movemento" (prohibido parar a bola adiante). Polo tanto, terán que sobrepoñerse a esta circunstancia e dar o mellor de sí para conseguir traer algún resultado positivo á Comarca do Baixo Miño.

¡¡Dende a Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín desexámoslles moita sorte neste evento!!


A Asociación Os Cabaqueiros tramitará as inscricións do "XV Campeonato Nacional de Futbolín"




Se queres participar no "XV Campeonato Nacional de Futbolín" que se celebrará no Hotel Scala, de Padrón (A Coruña) os días 8, 9 e 10 de decembro, envíanos estes datos cubertos antes do domingo 4 de decembro a asociacioncabaqueiros@hotmail.com e encargarémonos de facerte chegar a inscrición á Organización do evento.

CAPITÁN (XOGADOR 1)

XOGADOR 2

DNI

TELÉFONO

DIRECCIÓN

POBLACIÓN

PROVINCIA

EMAIL

A inscrición é de 80 € a parella. Para os xogadores da LNF a inscrición custará 50 €.

MODALIDADES

Parado: 8 de decembro, 16:00 horas

Feminino: 8 de decembro, 18:00 horas

Movemento: 9 de decembro, 10:00 horas

Mixto: 10 de decembro, 11:00 horas




























30 nov 2011

A Asociación Érguete Baixo Miño, comprometida coa prevención na transmisión do VIH/Sida




Érguete Baixo Miño
  
A Asociación ÉRGUETE BAIXO MIÑO está implicada no compromiso da prevención na transmisión do VIH/Sida. No Día Mundial do VIH/Sida, que se celebra o xoves 1 de decembro, participamos na proposta de ONUSIDA en relación á Campaña “Lights for rights” a través da cal fai unha chamada de atención á poboación sobre o VIH e os dereitos das persoas afectadas.

Lograr unha maior accesibilidade da mocidade a mensaxes e materiais de prevención forma parte dos obxectivos para conmemorar este día.

A proba do VIH pode realizarse nos centros sanitarios da rede pública de maneira gratuíta e confidencial:
- Centros de atención primaria: médico/a de cabeceira.
- Centros de planificación familiar.

Tamén se poden facer en:
- Laboratorios de análises clínicos.
 
Visita o enlace da Cruz Vermella para máis información detallada: http://www.cruzroja.es/vih/ ou no teléfono gratuíto 900 111 000.

Lembra que na Asociación, contamos cun Servizo de Información e de Asesoramento sobre VIH/Sida así como de Facilitación de Preservativos e de Xiringas totalmente gratuítos e confidenciais, abertos durante de todo ano. Tamén realizamos Talleres preventivos con mozas e mozos sobre Afectividade e Sexualidade, incidindo sobre un uso axeitado do preservativo.

29 nov 2011

EXPOSICIÓN NA GUARDA DO OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA DO PROXECTO EUROPEO COMENIUS REGIO. 3-10 DE DECEMBRO



Xosé Carlos G. Blanco / San Xerome

O obradoiro iniciouse o pasado mes de outubro, e nel interveñen un total de 15 alumnos dos diferentes Centros do Baixo Miño participantes no Proxecto europeo Comenius Regio.

1. “Asociación Avelaíña” (axuda a persoas con problemas de saúde mental)

2. “Asociación San Xerome Emiliani” (atención a persoas con discapacidade intelectual)

3. “CEIP A Sangriña” (Colexio de Primaria)

4. “IES A Sangriña” (Instituto de Secundaria, Bacharelato e Ciclos formativos)
 
Ao longo das 12 sesións que durou o Obradoiro, a especialista Inés Montenegro* traballou aspectos como: explicacións teóricas, visionado de imaxes e técnicas fotográficas, de cara a sacar o maior proveito posible a cámara. Ter en conta a luz e a cor, a contar unha historia a través da fotografía, a reflexionar antes de premer o disparador…

A exposición “Capacidade/Discapacidade”, resultado deste obradoiro, poderá visitarse na Casa dos Alonso (Praza do Reló de A Guarda), a partir do sábado día 3, ata o 10 de decembro, no seguinte horario:

Mañás de 11,30 a 13 h.

Tardes de 17,30 a 20 h.

O sábado e os días 6 e 8 de decembro (festivos), horario só de mañá: 11,30 – 13 h.

Colabora o Concello de A Guarda.

*Inés Montenegro é fotógrafa oficial da ONG “Imagen en acción”. Ten impartido obradoiros de fotografía e formación fotográfica en varios centros educativos. As súas fotografías poden verse na web: www.inesmontenegro.com 

28 nov 2011

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL GAÑA O 1º PREMIO DA PRIMEIRA SECCIÓN NO V CERTAME GALEGO DE BANDAS 2011



O domingo 27 de novembro celebrouse no Auditorio de Galicia, a terceira e última xornada do V Certame Galego de Bandas de Música, que proclamou á Agrupación Musical do Rosal como vencedora do 1º premio da Primeira Sección. (Foto: Suso)

O xurado, que estaba formado por Juan Durán, Pilar Vañó, Mercedes Padilla e Xosé Carlos Seráns Oliveira entregou o primeiro premio, dotado con 2500 €, á Agrupación da vila, que interpretou a obra obrigada A lenda da Santa Compaña, do compositor Diego David Cuevas Sánchez, e a obra de libre elección Apocalypse de Derek Burgeois, conseguindo un total de 366 puntos.

Dende Noticias O Rosal, dobre noraboa á Agrupación Musical por este novo premio, que coincide ademais, neste 2011, co seu 25 Aniversario.

Máis información aquí.

NIÑO DO CORVO SERÁ O DESTINO FINAL DO PROGRAMA TURÍSTICO-CULTURAL "O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO"



Este sábado 3 de decembro, se acompaña o bo tempo, celebrarase a última andaina do programa turístico-cultural "O Rosal. Coñece o teu concello". Desta vez percorrerase a zona do Niño do Corvo.


Lembramos a anterior camiñata, a de novembro, por San Miguel e San Xoán de Tabagón e As Eiras, á que asistiron -entre outros- o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente alcalde Mª Carmen Alonso, a concelleira de Educación, Mabel Franco Pérez e o historiador local, Xoán Martínez Tamuxe.

Máis información desta actividade nos departamentos de Cultura e Turismo municipais ou no teléfono 986 62 50 00. 

ESTE XOVES, NA TAPERÍA PANDEMILLO DE TOMIÑO, CELEBRARASE UNHA CATA DE VIÑOS GALEGOS CON MARIDAXE



O próximo xoves día 1 de decembro terá lugar na Tapería Pandemillo de Tomiño unha Cata de Viños Galegos con Maridaxe coa colaboración da Asociación Galega de Viticultura (AGV), a cal ven realizando por todo o país catas de viño para poder ensinar aos consumidores dos viños galegos.


“Temos que borrar esa etiqueta de que non temos viños á altura de Rioja ou Ribera del Duero, nós non temos que envexar nada a esas zoas, temos viños que están a esa altura ou superiores” coméntanos Jorge Cardoso Mariño, coordinador da AGV no Baixo Miño.

“O por que de facelo en Tomiño é porque este concello ten unha gran cultura de viños e de viticultura. David, Marcos e Susana, os tres irmáns que rexentan a Tapería Pandemillo, apostan polos viños e produtos galegos” palabras do coordinador da AGV, que insiste en levalo por todo o país.




D.O. RÍAS BAIXAS

• GRAN NOVÁS (Albariño)

• ALBANTA (Albariño)

• ALTOS DE TORONA (Rosal)

• QUINTA DE COUSELO (Rosal)

D.O. RIBEIRA SACRA

• REGINA VIARUM

• CASA MOURE

D.O. MONTERREI

• ALMA DE TINTO

• SOUTO DO REI

O evento será conducido polo sumillier Nacho Costoya, Campión de España 2010 no concurso de xefes de sala-metre realizado no I.F.E.M.A. de Madrid, no que se catarán catro viños brancos e catro viños tintos de denominación de orixe galegas, que se maridarán con polbo, bacallau, carrilleiras de porco e zamburiñas, entre outras cousas.

O prezo para asistir a este evento será de 25€ por persoa e pódense anotar chamando ao teléfono 673 935 350.

24 nov 2011

O equipo feminino de baloncesto do San Xerome, CAMPIÓN DE GALICIA na categoría adaptada. A nosa noraboa



Informa: Xosé Carlos G. Blanco / San Xerome

Despois da celebración ao longo do ano 2011 das tres xornadas deportivas, o mércores día 23 de novembro o equipo feminino da categoría adaptada proclamouse CAMPIÓN GALEGO.

Nesta terceira xornada, disputada no Pavillón de O Porriño, o club do Baixo Miño derrotou con claridade aos equipos Aspanaex e Méndez Núñez de Vigo.

Ao remate da xornada, o alcalde do Porriño, Nelson Santos, fixo entrega ás flamantes campionas do trofeo e as medallas individuais correspondentes. 

Noraboa ás deportistas, Paula, Jenifer, Amparo, Rosalía, María, Maite e Nuria; e graciñas ao grupo de adestradores voluntarios polo seu incansable traballo dos martes e sábado.

A próxima cita do Club será para os deportistas de fútbol sala o sábado 10 de decembro no Pavillón do Berbés de Vigo, no Torneo organizado pola Fundación Míchel Salgado.






Cruz Roja abre o prazo do curso para voluntariado de "Animación y estimulación gerontológica"

Cruz Roja Española, desde su Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, convoca dentro de sus acciones formativas un monográfico de Animación y estimulación gerontológica dirigido a mayores de 16 años, que desean realizar actividad voluntaria en el ámbito de la animación en el Programa de Personas Mayores de Cruz Roja en el Baixo Miño.

La acción formativa se desarrollará los días 19 y 21 de diciembre en horario de 10.00 a 14.00 h.; 22 y 23 de diciembre de 16.00 a 19.00 h.

Los objetivos son dar a conocer de manera sencilla habilidades y herramientas básicas que lleven a desarrollar actividades efectivas y prácticas con personas mayores.

En su estructura incluye los siguientes módulos:

Módulo 1. OCIO Y TIEMPO LIBRE CON LA PERSONAS MAYORES.

Módulo 2. TÉCNICAS PARA LA COORDINACIÓN DE GRUPOS.

Módulo 3. PSICOMOTRICIDAD Y JUEGOS DE MOVIMIENTO.

Módulo 4. PSICOESTIMULACIÓN. ACTIVIDADES PARA ESTIMULAR LA MENTE.

Los nuevos voluntarios que se formen en este curso podrán participar en las diversas actividades que desarrolla Cruz Roja Baixo Miño con mayores. Estas son: taller de estimulación de la memoria, taller de gimnasia de mantenimiento, taller de alfabetización, taller del uso del teléfono móvil…

Todas las personas que estén interesadas y/o deseen recibir más información, sobre esta formación o sobre las actividades que Cruz Roja desarrolla con mayores pueden dirigirse a:

 
Cruz Roja Asamblea Comarcal Baixo Miño
C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo.
Teléfonos: 986614609 / 606 348 471 /

O 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia que existe contra a Muller


Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Española

Es imprescindible el compromiso de toda la sociedad para acabar con la violencia de género

Durante 2010, Cruz Roja Española prestó su apoyo a más de 22.000 mujeres en dificultad social
 
Cruz Roja Juventud aprovecha la fecha para sensibilizar a la ciudadanía con su actividad “No a la violencia de género, ni hoy, ni nunca”
 
En torno al 98% de las agresiones que se dan en el entorno familiar son a mujeres; y una mujer de cada cinco en Europa ha sufrido algún tipo de violencia por parte de su pareja, según datos de Naciones Unidas.
 
En España, 679 mujeres han sido asesinadas en los últimos diez años. Aunque se está haciendo un gran esfuerzo para eliminar la violencia de género, el número tan alarmante de mujeres que ha muerto de mano de sus parejas o exparejas lleva a plantearse que: “la erradicación debe ser un compromiso de todos y todas”, asegura Paloma Cemillán, responsable de los programas de mujer en dificultad social de Cruz Roja Española. “Es muy importante sensibilizar y formar a todos los profesionales que se relacionan con la violencia de género: cuerpos de seguridad, legislatura, profesionales de la educación, profesionales de la acción social, etc.”, continúa.
 
“Como también es fundamental hacer un acompañamiento a las víctimas y que conozcan las herramientas que tienen al alcance para ayudarlas y para que no sigan “invisibilizadas”. “Si una mujer no denuncia, es invisible”, concluye Cemillán.
 
En 2010, Cruz Roja Española atendió a 22.023 mujeres dentro de sus programas dirigidos a mujeres en dificultad social, que abarcan una serie de estrategias para ayudar a las mujeres a mejorar sus vidas y superar la situación de vulnerabilidad que sufren. Dentro de ellos, se realizan actividades de acogida, atención y prevención, orientación y asesoramiento, enfocadas a la inclusión social.
 
En esta misma línea de trabajo, y bajo el lema “¡No a la Violencia de Género! ¡Ni hoy, ni nunca!, la sección juvenil de la organización, Cruz Roja Juventud, desarrolla acciones con el objetivo de sensibilizar a la sociedad de la importancia de tener un posicionamiento personal y colectivo ante la violencia de género, que contribuya a su erradicación. La campaña incluye, además, una amplia difusión a través de redes sociales, donde cada día se recuerda a la sociedad con un mensaje que diga NO a la violencia de género, NO al control de sus vidas, NO a la trata de personas, y sí a su derecho a decidir libremente…
 
La violencia de género es aquella que sufren las mujeres por el mero hecho de serlo. “Es fundamental educar a la infancia y la juventud para erradicar la lacra social de la violencia machista”, resalta Ylia Aguilar, responsable de la campaña de Cruz Roja Juventud.