FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 ago 2012

O SÁBADO 1 DE SETEMBRO TERÁ LUGAR NO BAR TROYA O ACTO DE ENTREGA DE DIPLOMAS DO III OPEN DE FUTBOLÍN 2012

Este sábado 1 de setembro, a partir das 22:30 horas, celebrarase no Bar Troya (Marzán) o acto de entrega de diplomas aos 32 xogadores/as que participaron o pasado venres 24 de agosto no III Open de Futbolín O Rosal 2012. Esta terceira edición dos “Open” xogouse no local “troyano” coa vitoria final para o equipo “Fornelos/Cruces” integrado por Sergio Diego Fernández (Frony) e Carlos Álvarez Antúnez (Sevi). Os subcampións foron “Demo e Mary”...

29 ago 2012

O CENTRO CULTURAL DA GUARDA ACOLLE A OBRA DE TEATRO "CASCUDAS"

Informa: A. C. A Velha na Horta @s companheir@s do grupo de teatro do Centro Social Faísca de Vigo estaram na Guarda a vindeira quinta (venres) 31 presentando a sua primeira representaçom, Cascudas, umha obra cargada de humor e retranca. Será no Centro Cultural da Guarda a partir das 21:30 hrs. Entrada de balde. Adianto da obra: http://www.youtube.com/watch?v=eyvUwMoqChw...

28 ago 2012

EXPOSICIÓN DE GEMMA MARQUÉS E DANIEL ALONSO NA CASA TALLER

Informa: Gemma Marqués / Daniel Alonso La Casa Taller es un espacio alternativo en el Baixo Miño, que han concebido sus creadores como lugar de exposición, vivienda, conciertos, proyecciones, reuniones con el fin de dinamizar la actividad cultural de la zona. Es un espacio creado a la medida de sus necesidades, abierto, modular, decorado con mobiliario antiguo restaurado, piezas contemporáneas, obras de arte, en una mezcla ecléctica...

ESTE DOMINGO 2 DE SETEMBRO SERÁ A PRESENTACIÓN DE TODOS OS EQUIPOS DA UNIÓN DEPORTIVA RIBERA 2012/13

Informa: Unión Deportiva Ribera (O Rosal) Uns douscentos nenos e nenas de todas as idades serán os protagonistas da presentación da U. D. Ribera este domingo ás 17:00 horas. Este domingo día 2 de setembro, ás 17:00 horas, no Estadio Municipal de A Mata en O Rosal, terá lugar a presentación de todos os equipos da Unión Deportiva Ribera para a temporada 2012/2013. A club presidido por Estela Pereira ten en total nove equipos, dos...

"ATIVIDADES FIM DE AGOSTO" DA ASSOCIAÇOM C. A VELHA NA HORTA

Informa: A.C. A Velha na Horta A quinta (xoves): · Às 17 hrs: Obradoiro de elaboraçom de xabom ecológico. · Às 19 hrs: Cinema para nen@s " Tempos modernos" de Chaplin. A sexta (venres): · Obra de teatro "Cascudas" no Centro Cultural da Guard...

27 ago 2012

O EQUIPO "FORNELOS/CRUCES" (FRONY E SEVI), CAMPIÓNS DO III OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012 QUE TIVO LUGAR NO TROYA

O venres 24 de agosto disputouse no Bar Troya o III Open de Futbolín O Rosal 2012, organizado polo emprendedor sociocultural baixomiñoto Juan Ramón Martínez Barbosa. Finalmente completáronse todas as prazas ofertadas (32 xogadores/as-16 parellas) neste novo torneo que gañou o equipo “Fornelos/Cruces” integrado por Sergio Diego Fernández (Frony) e Carlos Álvarez Antúnez (Sevi). Os subcampións foron “Demo e Mary” (Sergio Martínez Maza...

26 ago 2012

COMEZO DAS CATEGORÍAS INFERIORES DO BALONMÁN ATLÉTICO NOVÁS

Informa: Aurora Lomba Álvarez / Atlético Novás O martes 4 de setembro ás 18:00 horas terá lugar no Pavillón Municipal do Rosal a inscrición e o comezo dos adestramentos das categorías inferiores do club Balonmán Atlético Novás. BENXAMÍN (8/9 anos) ALEVÍN (10/11 anos) INFANTIL (12/13 anos) CADETE (14/15 anos -excepto nenas-) Ese día diráselle aos nenos/as a hora e os días de adestramento definitivos. Para máis...

CERTAME DE FOTOGRAFÍA VIAXANDO

Informa: Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal Recordade que está aberto o prazo para o Certame de fotografía Viaxando deste ano. ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ PARTICIPADE ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ BASES Poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 35 anos. A temática responderá ao título do Certame VIAXANDO. As fotografías poden ser en branco e negro ou cor, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 18 a 20x24 a 25 e pegadas sobre unha cartolina negra de tamaño DIN A4. Cada participante pode presentar...

ÉRGUETE: TRINTA PARTICIPANTES NO PROGRAMA "CAMBIO DE SENTIDO"

Informa: Asociación Érguete Baixo Miño 30 participantes no Programa “Cambio de sentido”: prevención do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos. Durante este verán desenrolamos o Programa CAMBIO DE SENTIDO para mellorar a información dos/as alumnos/as das autoescolas en relación aos riscos asociados á condución de vehículos baixo os efectos do consumo de alcohol e outras drogas, promovendo actitudes e condutas...

20 ago 2012

SAN MIGUEL ACOLLE UN CURSO DE FORMACIÓN PARA COIDADORES DE PERSOAS MAIORES E DEPENDENTES

Informa: Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel O salón de actos da Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón (O Rosal) acollerá dende o 3 ao 24 de setembro un "Curso de Formación para coidadores de persoas maiores e dependentes". Esta actividade conta co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra. Para máis información pódese chamar aos teléfonos: 672 085 534 986 613 869...

ASEMBLEA MULTITUDINARIA DE FAMILIAS NO SAN XEROME. O SEU DIRECTOR, XOSÉ CARLOS G. BLANCO, DEIXA O CARGO

Informa: Centro San Xerome Coa presenza masiva de familias dos usuarios do Centro, convocados pola Xunta Directiva, tivo lugar o pasado sábado nas instalacións do Centro unha Asemblea extraordinaria de familias. A convocatoria tiña como obxectivo analizar a situación do Centro provocada polos retrasos nos pagos por parte da Xunta de Galicia. A Xunta Directiva informou en primeiro lugar das xestións realizadas nas últimas semanas e dos ingresos recibidos. As familias escoitaron con satisfacción as novidades: A Consellería de Educación...

CONCERTO CLAUSURA XORNADAS MUSICAIS E XXIII FESTIVAL DE MÚSICOS XOVES, CUN CARTEL EXCEPCIONAL

Informa: Montserrat Domínguez Otero / A.M. do Rosal Como acto de clausura das xornadas musicais que se están realizando estes días, celebrarase un concerto o vindeiro mércores 22 de agosto, ás 19,00 h. no Auditorio do Rosal, onde participarán os alumnos que están asistindo ás mesmas cos seus profesores: - Rafael Carracedo Crespo (Trompeta) - José Manuel González Diego (Trompa) - Francisco Sevillá Gonell (Trombón) - Daniel...

15 ago 2012

O HISTORIADOR ROSALEIRO XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE FOI O PREGOEIRO DA VI FESTA DO PERCEBE DE VILADESUSO

O domingo 12 de agosto, celebrouse a VI Festa do Percebe de Viladesuso (Oia), sendo o historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe o encargado de ler o pregón. Deu a benvida ao acto o alcalde oiense, Alejandro Rodríguez Rodríguez, quen realizou unha breve presentación do pregoeiro. Interviron igualmente, Sonia Lorenzo Santos, Xefa de Coordinación da Área do Mar en Vigo e Cristina Pregal, unha das organizadoras desta festa gastronómica. Entre...

8 ago 2012

O CLUB CICLISTA O ROSAL ORGANIZA ESTE XOVES 9 DE AGOSTO O XXVI TROFEO FESTAS DO MONTE SANTA TREGA

Segundo podemos ler na web do C.C. O Rosal "Como ven sendo habitual dende fai 25 anos o segundo xoves de agosto e con motivo das Festas do Monte Santa Trega o vindeiro día nove o Club Ciclista O Rosal organiza o XXVI Trofeo Festas do Monte no circuito que se deseña polos arredores da Sangriña (A Guarda). As competicións comenzarán as 17:00 horas coa categoría Benxamín para continuar con Alevíns, Infantís, Cadetes e rematarán os Junior. Agradecemos...

2 ago 2012

EXPOSICIÓN DE PINTURA DO GRUPO IMPÁS NO CENTRO CULTURAL DE A GUARDA DENDE O 6 AO 18 DE AGOSTO

    Informa: Charo Trigo / Grupo Impás. O Centro Cultural de A Guarda acollerá dende o 6 ao 18 de agosto unha exposición de pintura do Grupo Impás. A inauguración celebrarase este luns día 6, ás 20:30 horas, participando os seguintes artistas: Carmen Baz Charo Trigo Fini Mauri Ignacio Martínez José Luis Rodríguez Mary Cerqueira Mari Otero Nati Alonso Pilar Álvarez Pilar López   Este será o horario de visita...

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS EN BEBÉS E NENOS ORGANIZADO POR CRUZ ROJA

Informa: Rebeca Rodríguez Rodríguez / Cruz Roja Cruz Roja Española en Baixo Miño convoca un curso de interés Sanitario, dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesados en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios específicos en bebés y niños. El curso de Primeros Auxilios en bebés y niños, baremable para el SERGAS  tiene una duración de 10 horas teórico – prácticas, las fechas serán los días 8 y15 de Septiembre,...

1 ago 2012

PROGRAMA MÚSICO-CULTURAL DO CENTRO SOCIAL FUSCALHO PARA AS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA 2012

Velaquí vos deixamos o cartel do programa músico-cultural para as Festas do Monte que organiza a A.C. A Velha na Horta no Centro Social Fuscalho (rúa Colón, nº 2, A Guarda). Igualmente, segundo nos informan, dende o 30 de xullo, ata o domingo 12 de agosto, a partir das 18:00 horas, poderase disfrutar no mesmo Centro da "expossiçom contra a violencia de género da Marcha Mundial das Mulhere...