30 oct 2011
Presentouse no Centro Social Polivalente o II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal
30.10.11
Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros, Futbolín, II Campionato Feminino de Futbolín
Comentar
O venres 28 de outubro tivo lugar no Centro Social Polivalente a presentación do II Campionato Feminino de Futbolín que convoca esta web cultural e organiza a Asociación Os Cabaqueiros coa colaboración do Concello do Rosal.
Presentou o acto o coordinador de Noticias O Rosal, Juan Ramón Martínez Barbosa, quen deu a benvida e agradeceu a presenza –entre outros- do concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz, o presidente da Asociación de Comerciantes...
27 oct 2011
O Balonmán Atlético Novás Alevín e Infantil botou a andar con dezaoito novas incorporacións
Informa: Aurora Lomba / Atlético Novás
A pasada fin de semana celebráronse os primeiros partidos de balonmán do Novás nas categorías alevín e infantil. Aínda que os dous encontros se saldaron con derrotas, existe unha gran satisfacción nos dous equipos, con moitos nenos amantes deste deporte.
Este sábado 29 de outubro xogarán en Chapela ás 10:30 e ás 12:00 horas, estrenando equipación.
Dende Noticias O Rosal desexámoslles ¡¡moita sort...
26 oct 2011
O Auditorio acollerá un Concerto da Banda de Música Xuvenil de Xinzo

Seguen os actos programados con motivo do 25 aniversario da Agrupación Musical do Rosal. Desta vez, o sábado 29 de outubro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal, terá lugar un concerto que ofrecerá a Banda de Música Xuvenil de Xinzo, baixo a batuta de Juan Carlos Díaz Álvarez.
Interpretarán o seguinte programa: Alvamar Overture de James Barnes, Czardas de Monti, Marta Agustín de Pérez Sanz, Waves of the revolution de Sean O`Loughlin,...
21 oct 2011
O Campionato Feminino comezará o sábado 29 de outubro no BAR FLORO
21.10.11
Braulio Álvarez González (Galis), Carlos Álvarez Antúnez (Sevi), Futbolín, II Campionato Feminino de Futbolín, Yeya Casal (futbolín)
Comentar
O vindeiro sábado 29 de outubro ás 16:00 horas terá lugar no BAR FLORO a INAUGURACIÓN e Fase de Grupos do II CAMPIONATO FEMININO DE FUTBOLÍN NOTICIAS O ROSAL 2011.
Na primeira imaxe do evento, de esquerda á dereita, Carlos Álvarez Antúnez "Sevi" (campión de España de Futbolín Movemento F-2), Braulio Álvarez González "Galis" (recente gañador do III Torneo Os Cabaqueiros), Delia Álvarez Rivero (Bocatería Bar Floro), Gerardo González Gómez (vén...
18 oct 2011
Ruta dos Cruceiros. Andainas "O Rosal. Coñece o teu concello"
Velaquí vos deixamos unha das reportaxes que tíñamos atrasadas deste mes de outubro, concretamente a do día primeiro, cando -como cada mes- se celebrou unha nova andaina, a Ruta dos Cruceiros, organizada polo Concello do Rosal, e á que asistiron -entre outros- o Alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente de Alcalde, Mª Carmen Alonso Alonso e o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz.
O guía destas camiñatas turístico-culturais,...
17 oct 2011
Programa de Compostaxe Doméstica no Concello do Rosal

O Concello do Rosal vai a iniciar un programa de compostaxe doméstica que inclúe a cesión gratuíta dun compostador, un aireador e unha sesión formativa obrigatoria prevista para o vindeiro xoves 27 de outubro ás 21:00 h. no salón de actos do Centro Social Polivalente.
Todas as persoas interesadas en participar no programa deberán presentar unha solicitude nas oficinas xerais do Concello ou a través do correo compostaxe@concellodorosal.es ata...
Encontro de Corais organizado pola Agrupación Musical do Rosal

Este sábado 22 de outubro ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal, terá lugar un Encontro de Corais organizado pola Agrupación Musical da vila.
Actuarán neste evento, a Coral Fonte do Souto (Culleredo), a Coral do Liceo de Noia e a anfitriona, Coral da Agrupación Musical do Ros...
Medio cento de persoas do Centro Asturiano da Coruña, de ruta guiada polos Muíños do Folón e Picón
Recentemente (o 7 de outubro) tivo lugar unha visita guiada polos Muíños do Folón e Picón para 55 persoas do Centro Asturiano da Coruña.
O grupo, comandado por Guillermo Brañas, parou xa de mañá na Praza do Calvario para logo coñecer unha das xoias do noso patrimonio etnográfico, os 67 enxeños hidráulicos de Martín e Fornelos.
Aínda que é de dificultade media-baixa, a metade dos membros do Centro Asturiano da Coruña percorreron completa...
15 oct 2011
Ballet Studio 88 presenta este domingo 16 de outubro "Burlesque"

Informa: Dora Domínguez Lago / Asociación Studio 88
"Este año nuestra actuación se tiene que celebrar en el Pabellón Municipal de A Guarda (al lado del colegio Público de A Sangriña) en la localidad de A Guarda, por respetar la ley de Ruidos y Sonidos, ya que la Asociación Studio 88 no se expone a que se la pueda multar por hacer un acto, para todos las personas del concello y demás personas que se alleguen, entendiendo que desde la Asociación...
Obradoiro de autoestima para persoas maiores de 65 anos

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño
Transcribimos íntegra e literalmente a nota de prensa recibida na nosa Redacción: "El próximo lunes 24 de octubre a las 10.00 h, iniciaremos en la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño de A Guarda, el TALLER DE AUTOESTIMA para personas mayores de 65 años.
Este taller está pensado para favorecer y fomentar el desarrollo y mantenimiento de la autoestima en las personas mayores de 65 años;...
A Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón organiza o I Rally do Tamuxe de Scalextric

Informa: Jorge Cardoso Mariño / S.R.C. San Miguel
A Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón celebra o día 15 de outubro a primeira edición do Rally do Tamuxe na modalidade scalextric. Abrirase a participación de toda a persoa que o desexe nas categorías de menores de 13 anos e maiores de 14 anos cunha inscrición de 3 e 5 euros.
O evento comeza o sábado pola mañá con adestramentos libres a partir das 10.30 horas ata as 13...
O proxecto "1 euro por km S.O.S. Cuerno de África" crece día a día
15.10.11
Comentar

Informa: Armando Verde
A iniciativa solidaria que pretende completar a volta a España recadando 1 euro por km percorrido, xa ten apadrinados 270 km.
A falta duns días para a saída do km 0 xa se cumpriu case a totalidade do primeiro obxectivo, A Guarda-Verín, 286'7 km, recadando 1 euro por km entre corredores e colaboradores.
A saída para a primeira etapa de 15'9 km entre A Guarda e Tomiño, está prevista para o próximo domingo 16 de outubro ás...
I Mercadiño sustentábel na Guarda organizado por A Velha na Horta

Informa: A Velha na Horta
Esta fin de semana A Velha na Horta organiza un mercadiño de artigos de 2ª man na praza de San Bieito da Guarda. Ámbolos dous días abriremos as 16:00 h. e pecharemos as 21:00 h.
Esta iniciativa pretende ser unha alternativa orixinal e claramente anticonsumista, na que a compra ou o troca das cousas que teñamos por casa sen usar den prioridade a ir a mercar a un centro comercial ou a última tenda de moda.
A maiores do...
13 oct 2011
GALIS E SERGIO, VENCEDORES DO III CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS. CONCELLO DO ROSAL 2011
Esta fin de semana (8 e 9 de outubro) celebrouse na Praza do Calvario o III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2011.
A organización deste evento correu a cargo da Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín e o propio concello rosaleiro, que dende 2009 vén celebrando este torneo como unha actividade máis dentro da Festa do Cabaqueiro, este ano xa na súa XXIV edición.
Aínda que houbo moitas ausencias significativas...
4 oct 2011
O III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2011 celebrarase o 8 e 9 de outubro

A Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín e o Concello do Rosal organizarán o 8 e 9 de outubro o III Campionato OS CABAQUEIROS 2011.
Este torneo -ao igual que a Asociación- creouse para promover a Cultura e a Festa do Cabaqueiro, fomentar o desenrolo cultural do Baixo Miño, así como promocionar o xogo do futbolín e crear un ambiente de festexo entre todos os veciños e veciñas da Comarca.
Estas son as bases, programa e inscricións:...