FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 sept 2011

A Romaría de San Francisco (Marzán) celébrase o 1 e 2 de outubro

A Romaría de San Francisco celebrarase a primeira fin de semana de outubro en Marzán. O sábado día 1, a partir das 18:00 horas GRAN CHURRASCADA e BACALLAU Á BRASA amenizada polo grupo de concertinas BARRIGAS DE GONDAREM, acompañado da iluminación e son de ELECTROSIL. O domingo 2 de outubro, ás 11:30 horas terá lugar a MISA SOLEMNE con SERMÓN E PROCESIÓN en honor a San Francisco, acompañada do CORO ECOS DO FOLÓN e do grupo de gaitas...

28 sept 2011

Este sábado, a "Ruta dos Cruceiros" organizada polo Concello do Rosal

  O Concello do Rosal retoma, despois do parón estival, o seu programa mensual de andainas turístico-culturais do ano 2011. Nesta ocasión, o sábado 1 de outubro, os participantes percorrerán a “Ruta dos Cruceiros” para pasear, admirar e coñecer a historia e curiosidades dunha parte do rico e artístico patrimonio relixioso que ten a vila. Para a realización desta andaina, se terá como base o completo e exhaustivo estudo sobre o tema, do recoñecido...

O domingo celebrarase a Romaría Popular de San Miguel de Tabagón

Informa: Jesús González Álvarez (Suso) / San Miguel de Tabagón O domingo 2 de outubro terá lugar a Romaría Popular de San Miguel de Tabagón na honra de "O Anxo das Uvas". A misa celebrarase ás 12 da mañá. Despois da misa e da procesión "xuntarémonos na Carballeira da Igrexa para xantar xuntos". "Lembrade traer comida e moitas ganas de festa"....

26 sept 2011

Volven as sesións de contacontos á biblioteca municipal do Rosal

Tal e como se pode ler na web municipal, "o pasado sábado a concellería de Cultura do Concello do Rosal reiniciou as sesións de contacontos no Rincón do Conto da Biblioteca Municipal. Despois do descanso do verán, volve esta actividade tan atractiva para os cativos. Nesta ocasión, a contadora Raquel Queizas destacou pola súa imaxinación, empatía cos nenos e pola súa capacidade de manter a atención dos nenos grazas ao protagonismo e participación...

23 sept 2011

Festa da Vendima 2011 organizada pola Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón

Informa: Jorge Cardoso Mariño / Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón. A Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón (O Rosal) presentou a Festa da Vendima 2011 no seu local social coa presenza do alcalde do Rosal Jesús María Fernández Portela e da concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo.  Destacou o Alcalde a labor por recuperar dita festa que se facía na Praza do Calvario hai 10 anos e que este...

Concerto da Banda-Escola de Música de Beade no Auditorio

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL segue cos actos programados con motivo do seu 25 ANIVERSARIO e informan de que este SÁBADO 24 de setembro, ás 21:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL, terá lugar un concerto que ofrecerá A BANDA-ESCOLA DE MÚSICA DE BEADE baixo a batuta de Luis A. González Amo...

20 sept 2011

Programa das Festas da Pilarica e da XXIV Festa do Cabaqueiro 2011

As FESTAS DA PILARICA e a "XXIV ROMANCHA DO CABAQUEIRO" celebraranse na Praza do Calvario do Rosal durante os días 8, 9, 11 e 12 de outubro. Ao igual que os últimos anos, a Festa do Cabaqueiro 2011 ven cargada de atractivos eventos músico-culturais para nenos, mozos e adultos (verbena, festivais, actuación da Banda, III Campionato de Futbolín ou mesmo demostración de oficios, obradoiros e exposicións). Este ano lerá o pregón da...

15 sept 2011

Roteiros para a xuventude do Rosal, A Guarda e Tomiño

Estes "roteiros" están convoca-dos pola Dirección Xeral de Xuventude. Trátase de estadías de fin de semana multiaventura para mozas e mozos galegos de entre 18 e 35 anos, desta vez no Albergue Xuvenil de Pontemaril-Forcarei. Haberá escalada en rocódromo, rutas BTT, xeocaching, taid cultural (fotográfico, orientación e rastrexamento), así como veladas nocturnas. As actividades desenrolaranse durante os días 11, 12 e 13 de novembro. A cota de inscrición...

O Rosal abre o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas

Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural da vila, está aberto o prazo para inscribirse nas escolas deportivas que a Deputación de Pontevedra e o Concello do Rosal organizan para este curso 2011/2012. Patinaxe: inscricións no Centro Social Polivalente, ata o día 30 de setembro, de 9 a 13 horas (nenos de 5 a 15 anos). Fútbol: inscricións no Estadio Municipal da Mata, de luns a venres a partir das 18:30 horas. Balonmán:...

O Curso de Movilización de Persoas Dependentes, para finais de mes

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño Esta é a nota íntegra e en castelán recibida na nosa Redacción: "Desde la Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño se amplía el plazo de inscripción para el curso de 20 horas de duración y se retrasa el inicio del mismo, para los días 24 de septiembre, 1 y 8 de octubre. El curso de Movilización de personas dependientes está enmarcado dentro de las acciones formativas de interés socio-sanitario de Cruz Roja...

13 sept 2011

Noite de tangos no Rosal con LA MINITÍPICA e os seus bailaríns

O sábado 17 de setembro ás 21:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal, unha noite de tangos coa actuación de "LA MINITÍPICA e os seus bailaríns". Tal e como se pode ler no seu perfil de facebook "la Minitípica es un grupo de tango que nació en Galicia en 2004, para difundir la música del Río de la Plata. Integrada por los bonaerenses Gerardo Rebagliati, voz y 2ª guitarra, Juanma Ons, guitarra y 2ª voz, Andrea Navarrete, acordeón,...

9 sept 2011

O II Campionato Feminino de Futbolín celebrarase o 29 e 30 de outubro

O ROSAL ACOLLERÁ O II CAMPIONATO FEMININO DE FUTBOLÍN PARA AS RAPAZAS DO BAIXO MIÑO. AS TRES PRIMEIRAS PARELLAS CLASIFICADAS DISPUTARÁN O CAMPIONATO DE ESPAÑA. A Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín organizará o sábado 29 e o domingo 30 de outubro o II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal, que convoca por segundo ano consecutivo esta web cultural baixomiñota. Poderán participar todas aquelas rapazas que pertenzan á comarca...

Voluntarios de Cruz Roja realizarán un inventario fotográfico da flora do río Folón

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño Todas las actividades del proyecto “Moviéndonos por el río” se realizan dentro de la Estrategia de Restauración de Ríos del MARM que cuenta con el apoyo del Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino, del programa voluntariado en ríos y la colaboración de la Conferencia Hidrográfica Miño-Sil. El próximo sábado 10 de septiembre, si el tiempo nos lo permite, a partir de las 10:00 h y hasta...

8 sept 2011

I Proba de "Habilidade Sobre Asfalto" Concello do Rosal

O sábado 17 e o domingo 18 de setembro a partir das 16 horas celebrarase no aparcamento de Barbuntín (no cruce á Lomba) a I Proba Automobilística de "Habilidade Sobre Asfalto" Concello do Rosal. Haberá unha FESTA DO MOTOR e cantina no recinto do circuíto, con DJ CHUCHI (Singular-A Guarda).  Organiza o envento: Amigos das XinkanasColabora: Concello do Rosal e Baixo Miño Multimar...

Novo éxito de Antonio Portela, desta vez CAMPIÓN DE GALICIA en Contrarreloxo Individual

Segundo podemos ler na activa web do Club Ciclista O Rosal, o noso veciño Toñi Portela proclamouse o martes 6 de setembro en Sober (Lugo) Campión de Galicia de CRI (Crontrarreloxo Individual). O ciclista rosaleiro foi o mellor da súa categoría nunha distancia de 5 km "na que invertiu un tempo de 8'15''12 a unha media de 36,36 km/h e distanciando ao segundo clasificado nunha cómoda diferencia de 19 segundos". Por outro lado -tal e como reza...

Obradoiros de inverno organizados por Cruz Roja Baixo Miño

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño Velaquí vos deixamos a nota íntegra e literal recibida na nosa Redacción: "En el mes de octubre los voluntarios y voluntarias de la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño iniciaremos una serie de actividades para niños y niñas con edades comprendidas entre los cinco y los doce años. El taller de Manualidades los sábados en la sede de la Asamblea, en A Guarda. La actividad se realizará los sábados, en A Guarda desde las 12:00 hasta las 13:30. Queremos favorecer el correcto desarrollo de las habilidades...

6 sept 2011

Cine no Auditorio coa proxección de "Una hora más en Canarias"

O sábado 10 de setembro ás 19:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal a proxección da película "Una hora más en Canarias". Trátase dunha comedia romántica española estrenada en 2010, dirixida por David Serrano, con esta sinopse: Claudia (Angie Cepeda), una mujer atractiva de treinta y cinco años, tiene un bonito café en el centro de Madrid, un marido guapo al que adora (Diego Martín), un hijo guapo al que también adora y un amante...

5 sept 2011

Rematan as actividades de verán organizadas polo Concello do Rosal a través da OMIX

 Segundo se pode ver na páxina web municipal, o día 5 de setembro rematan as actividades de verán organizadas polo Concello do Rosal, a través do Servizo de Información Xuvenil, dirixidas a rapaces matriculados o pasado ano en Educación Infantil e Educación Primaria. Un total de 60 rapaces participaron este ano nas mesmas. Entre as actividades que realizaron están as manualidades, xogos e visitas (concretamente ás Aceñas e á Biblioteca Municipal)....