FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 abr 2011

Convócase unha nova edición do Certame fotográfico "VIAXANDO"

Convocouse a V edición do Certame fotográfico "VIAXANDO", que está organizado polas Oficinas Municipais de Información Xuvenil de Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda de Caselas, A Guarda, O Rosal, Porriño e a Casa da Xuventude de Tui. Poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 35 anos. A temática responderá ao título do Certame “VIAXANDO”. As fotografías poden ser en branco e negro ou cor, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 18 a...

28 abr 2011

Voluntarios de Cruz Roja e alumnos do San Xerome, nos Muíños do Folón

O mércores 27 de abril voluntarios/as de Cruz Roja procederon á instalación de carteis de concienciación medioambiental na ribeira fluvial do río Folón, en Martín (O Rosal), co apoio de alumnos/as do colexio San Xerome Emiliani e a colaboración da concellería de Medio Ambiente rosaleira, que dirixe Charo Tabales Perozo. Esta é unha das actividades programadas dentro do proxecto “Moviéndonos por el río”, que continuará o sábado 30. O seu...

Novo "Curso de manipulador de alimentos" organizado por ACOR

O vindeiro mércores 4 de maio celebrarase un "Curso de manipulador de alimentos", organizado pola Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR) que preside José Martínez González, "Pepe Berdeal". Dito curso terá lugar no seu local social, na rúa Julio Sesto, ao carón da "Cruz de Ferro", de 10:00 a 13:00 horas. Para máis información podedes chamar ao teléfono 628 875 0...

27 abr 2011

Esta fin de semana, as Festas de San José Obreiro 2011, en Novás

Un ano máis celebraranse en Novás as Festas na honra de San José Obreiro. O sábado día 30 de abril comezarán os festexos cunha Gran Verbena a cargo das orquestras Sintonía e Fin de Siglo, que se prolongará ata altas horas da madrugada. Xa o domingo 1 de maio ás 11:30 horas da mañá, acompañada polo grupo de gaitas A BOALLEIRA, baixada do Santo en Procesión ata a Praza de Novás, onde se celebrará ás 12 horas unha Misa de Campaña na honra...

Mañá xoves, a inauguración no Rosal da V Mostra de Teatro do Miño

O xoves 28 de abril ás 20:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal o acto de inauguración da V Mostra de Teatro do Miño que organiza a Asociación Cultural Feixó de Araúxo. Debido a un imprevisto de última hora será o polifacético artista Benito Guerreiro (e non Os Campelos) quen actúe diante do público ofrecendo un dos seus interesantes monólogos. Así mesmo o evento contará coa participación do Grupo de Percusión da Agrupación Musical...

26 abr 2011

Os Muíños do Folón, atractiva alternativa do Camiño Portugués da Costa

O pasado fin de semana (9 e 10 de abril) tivo lugar un “Convivio Peregrino” no Baixo Miño, onde participaron responsables de turismo dos concellos de Esposende, Camiña, A Guarda, O Rosal e Oia, ademais de peregrinos portugueses e galegos. Con este tipo de iniciativas preténdese dar a coñecer o contorno turístico, cultural, etnográfico e mesmo histórico do Camiño de Santiago no Sur da provincia de Pontevedra. A través destas camiñadas quérese mostrar...

Noticias O Rosal entrevista a José Martínez González (Pepe Berdeal)

Reunímonos recentemente na Praza do Calvario e na Sociedade Liga de Amigos do Rosal para charlar animada e distendidamente cun dos persoeiros máis coñecidos da nosa vila. Este non é outro que José Martínez González, “Pepe Berdeal”, home culto, servicial e amable como poucos e que entre outras ocupacións e cargos, foi durante medio século, funcionario do Concello. Na actualidade é o presidente da Asociación de Comerciantes (ACOR) e ven de ser...

24 abr 2011

Os rosaleiros Eric Barceló e Nuria Martínez, Campións Galegos de Judo

O sábado 9 de abril celebrouse en Ribadumia (Pontevedra) a final do Campionato Galego Cadete de Judo ao que asistiron dous judokas rosaleiros, Eric Barceló Rodríguez e Nuria Martínez Lomba, ambos pertencentes ao Club de Judo Do-Majo. Destacar que Eric e Nuria combinan os seus adestramentos no CAR de Pontevedra e coa súa adestradora, tamén rosaleira, Mónica Pacheco. Pois ben, Eric (na imaxe, 1º pola dereita) na categoría de -50 kg, conseguiu...

A andaina "eclesiástica" de abril volveu a reunir un cento de persoas

Celebrouse o pasado sábado 2 de abril unha nova andaina deportiva-cultural organizada polo Concello do Rosal. Nesta ocasión visitouse a igrexa parroquial de Santa Mariña e tres capelas, a de Santa Ana, a de San Vicente e a de San Xosé, ademais de distintos elementos do noso patrimonio cultural, entre eles os sepulcros antropomorfos visigóticos de Marzán ou a restaurada Serra do Pijorro. Entre as preto de cen persoas que asistiron a esta ruta, atopábanse...

Nenos e nenas do CPI Manuel Suárez Marquier visitaron a Casa do Concello

O pasado mércores 30 de marzo tivo lugar a visita de 23 nenos e nenas de 1º de Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier ao Concello do Rosal. Alí foron recibidos pola concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, quen unha a unha, amosou todas as oficinas municipais e explicou as tarefas que desenvolven os distintos funcionarios. Os rapaces e rapazas coñeceron o Xulgado de Paz, os distintos departamentos, o Arquivo e aínda a Biblioteca Municipal. Ao...

A C.M.V.M.C de San Miguel de Tabagón homenaxea a Florindo Castro Alonso

 O domingo 27 de marzo tivo lugar na casa social da Comunidade de Montes Veciñal de San Miguel de Tabagón unha Asemblea Ordinaria na que se rendeu unha merecida homenaxe a Florindo Castro Alonso, presidente da Comunidade dende facía máis de trinta anos e recentemente finado. O seu vicepresidente e presidente actual, que o sucede no posto, Francisco González Martínez (Lito), foi o encargado no seu discurso, de ensalzar a figura de Florindo,...

23 abr 2011

Apoiemos a LIROLAI, que participa no concurso "Novo Son" da CRTVG

Coa finalidade de promover a cultura musical e o traballo creativo da mocidade do noso país, a Radio Galega convoca a primeira edición do Certame ‘Novo Son’, un concurso que pretende descubrir e difundir o talento musical dos grupos e solistas galegos. Novo Son está aberto á participación de todos os músicos galegos maiores de 16 anos que conten cun repertorio propio dun mínimo de 30 minutos. Votade por LIROLAI no seguinte enlace: http://ww2.cr...

21 abr 2011

Presentación do Muíño das Aceñas como Aula da Natureza

O pasado 26 de marzo tivo lugar o acto de Presentación da Aula da Natureza do Muíño das Aceñas, na parroquia de San Miguel de Tabagón. O crego D. Isaac Penela Carbajales procedeu á bendición destas novas instalacións na compaña -entre outros- do alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, a concelleira de Medio Ambiente, Charo Tabales Perozo e o presidente de Anabam, Agustín Ferreira Lorenzo. Practicamente a totalidade da Corporación Municipal...

20 abr 2011

Programa relixioso na parroquia de Santa Mariña e no Convento

Velaquí vos deixamos o programa relixioso desta fin de Semana Santa 2011 na parroquia de Santa Mariña e no convento das HH. Carmelitas da Bouzada. XOVES SANTO Na parroquia · Ás 20:00 horas, Celebración da Cea do Señor. · A continuación, Adoración do Santísimo. (A igrexa permanecerá aberta ata as 12 da noite). Nas Carmelitas· Ás 18:00 horas, Celebración da Cea do Señor. VENRES SANTO Na parroquia· Ás 11 da mañá "Encontro" e procesión ao redor...

19 abr 2011

¡Benvidos/as de novo a Noticias O Rosal... en probas e pouquiño a pouco!

Encantados de retomar a nosa actividade, ¡¡saudámosvos con inmensa alegría!! ¿A verdade? Non podíamos aguantar máis tempo parados, temos ganas de traballar e de ofrecervos a mellor información cultural, así que pouquiño a pouco iremos publicando as reportaxes atrasadas -e por suposto as actuais- completando ademais o deseño da páxina, que xa mirades que está practicamente baleira. Animámosvos a que colaboredes -dende xa- coas...