TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

16 sept. 2013

VITORIA PARA MARÍA CORREA E PRIMEIRO PODIO PARA O BENXAMÍN IKER RODRÍGUEZ


María Correa, primeira clasificada. (Foto: C.C. O Rosal)

Segundo se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal, este sábado 14 de setembro celebrouse o XXXVI Trofeo Festas do Cristo de Porriño, onde "Iker Rodríguez recibía o seu mellor regalo de cumpreanos, pois con sete anos e unha semana acadaba o seu primeiro podio ao rematar 2º na categoría de Benxamíns, acompañado doutro sorprendente compañeiro, como é David Carnero, que se facía co 3º posto".

Iker Rodríguez (2º) e David Carnero (3º). Foto: C.C. O Rosal

Mario Fernández en Alevíns remataba 4º e Irea Villa, 2ª tras Carla Fernández do C.C.Vigués.

En Infantís, novo éxito para María Correa que conseguía a vitoria. Pola súa banda, en Ribadeo, Antonio Portela finalizaba no 6º posto do XXXI Circuito Ribadense.


0 comentarios:

Publicar un comentario