TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

24 sept. 2013

O ROSALEIRO PIÑO GÓMEZ, DE EIRAS, TRIUNFA CO SEU BLOG "LOSGUSTOSMÍOS"


Cabeceira do blog Losgustosmíos, de Piño Gómez

Hoxe presentámosvos o blog gastronómico "Losgustosmíos", do rosaleiro de San Bartolomeu das Eiras, José Antonio Gómez Rodríguez (Piño), residente na actualidade na vila veciña de A Guarda.


Piño (Bodega González Byass), entre outras distincións, vén de ser recoñecido hai uns meses no Casino La Toja (O Grove) -na III edición da gala benéfica Degusta Solidaridad- co premio "Zoco de Ouro" ao "Mellor amante do viño".

O seu blog Losgustosmíos triunfa na Rede e, sen dúbida, é un referente no mundo dos caldos. Nunha das súas últimas entradas publicou estas palabras, que resumen o sentir de Piño: "quiero aprovechar esta ocasión para agradecer a los seguidores que sigáis ahí, al pie del cañón, leyéndome, ya que a veces es complicado mantener un blog activo, por el trabajo y sobre todo por el tiempo que hay que dedicarle, pero estoy encantado de seguir disfrutando de mi trabajo y sobre todo de compartir con todos vosotros lo que aprendo, disfruto y siento por el mundo del vino. Gracias a todos".

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa, Piño!! ¡¡Que o teu blog siga activo durante moito tempo e aínda con máis éxito!!


0 comentarios:

Publicar un comentario