TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 sept 2013

ÉRGUETE ORGANIZA UNHAS XORNADAS DE EMPRENDEMENTO XUVENIL




Asociación Érguete Baixo Miño

Queremos presentar as Xornadas "Emprégate: quítalle partido as túas ideas" que se celebrarán os días 8, 9, 11, 14, 15 e 18 de outubro de 2.013. 
Trátase dun proxecto encamiñado a favorecer o acceso ao emprego dos mozos e mozas desempregados/as creando un espazo de coñecemento para desenrolar as súas ideas emprendedoras e innovadoras, coa finalidade de materializalas exitosamente.
As partes das que consta o proxecto son as seguintes:
-Taller “Descubrindo as miñas potencialidades” onde nos embarcaremos durante dous días na creación de novas ideas de negocio e para aprender a emprender.
-Seminario “Alternativas empresariais: aspectos legais” terá lugar nunha xornada consistente en orientar das formas xurídicas máis axeitadas, dos trámites coa Administración e sobre axudas, subvencións e financiamento.
-Exposición “Compartindo experiencias” será unha xornada participativa de presentación de experiencias de persoas emprendedoras.
-Workshops “Fai realidade a túa idea” en grupos de traballo e durante dous días estudarase cada idea analizando a súa rendibilidade, partindo dunha visión global e aportando coherencia e estrutura para plasmar o modelo de negocio, é dicir, facer simples as ideas que na cabeza parecen complexas.
As actividades realizaranse no local social da Asociación Érguete Baixo Miño e son de balde.
Do 20 de setembro ao 4 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para participar na iniciativa. 

Podes descargar o tríptico informativo e a folla de inscrición en www.erguete.org
Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail info@erguete.org     

0 comentarios:

Publicar un comentario