TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 sept. 2013

III FESTA DA VENDIMA EN SAN MIGUEL DE TABAGÓN (5 E 6 DE OUTUBRO DE 2013)




Jorge Cardoso Mariño // San Miguel de Tabagón

A Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel (O Rosal) presentou a Festa da Vendima 2013 no seu local social, coa presenza do alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, quen destacou a labor desta asociación cultural por recuperar dita festa que se facía na Praza do Calvario.

Hai 11 anos e xa por terceiro ano o vai a levar a cabo a entidade da parroquia de San Miguel de Tabagón (O Rosal) nun concello cunha gran forza no sector vitivinícola.

A Festa da Vendima 2013 iniciouse o sábado 28 de setembro cun gran baile dentro do local da SRC San Miguel na honra de San Miguel “O Anxo das Uvas” e de seguido o 29 setembro, día do patrón, houbo unha misa solemne con sermón e procesión para rematar coa romaría no Parque da Carballeira.

A Asociación Galega de Viticultura (AGV) colabora na organización o martes día 2 de outubro na cata de viño con maridaxe de produtos da zona (peixe do río Miño, horta do Rosal, peixe espada…..) dirixido por Marina Cruces destacada sumiller, membro da Asociación Galega de Sumilliers (AGASU).

O venres día 4 de outubro terá lugar no local da Src San Miguel unha xornada técnica sobre viticultura, e ao remate se catarán viños galegos de Denominación de Orixe.


Esta Festa da Vendima terá o seu momento álxido na fin de semana co II Torneo de Rá, que se iniciará o sábado 5 durante toda a tarde e as finais no día seguinte.

Tamén no recinto da festa estará a Asociación de Artesáns da Comarca do Baixo Miño (ARCO Baixo Miño) que terán os seus stands de artesanía dende as 3 da tarde.

Para rematar este día, a Src San Miguel creou o Concerto Rock&Dj`s “Festa da Vendima”, dende as 22.30 ata altas horas da madrugada, con cantina organizada pola Asociacion Solteiros-Casados de San Miguel.

Para rematar o evento, o domingo 6 dende as 10.00 h., teremos pulpo e carne ó caldeiro durante todo o día, acompañándoos con viños da zona do Rosal e a colaboración das adegas da AGV. Ás 13 horas, lerase o pregón e terá lugar a entrega de diplomas dos cursos do ano 2012 realizados por esta Asociación.

Por último e durante a tarde, celebrarase o “Festival Serán” de grupos folclóricos do Baixo Miño e a entrega dos premios do “Torneo da Rá”.

Tamen hai que subliñar que durante o evento teremos a I Recollida Solidaria de Tapóns e a entrega dos premios do Concurso de Fotografía “Festa da Vendima” Santiago Ruiz.

0 comentarios:

Publicar un comentario