TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

26 dic 2011

O CLUB CICLISTA O ROSAL, NUN DOS MELLORES MOMENTOS DA SÚA HISTORIA



O Club Ciclista O Rosal e os seus integrantes seguen colleitando nos últimos tempos éxitos e triunfos alá por onde van.

Estes días de Nadal tivo lugar en Santiago de Compostela un novo Campionato de Galicia de Ciclocross, onde Raúl Fernández en categoría cadete e Manuel González en junior, proclamábanse vencedores.

Destacar así mesmo o 10º posto de Cristóbal Coímbra en cadetes, o meritorio 6º posto de Álex Lomba ou un novo subcampionato galego para Toni Portela na categoría junior.

Na imaxe, Gerardo Álvarez Martínez, presidente do Club Ciclista O Rosal, no podium cos seus pupilos, a punto de abrir a botella de champán para celebrar a xesta conseguida.

1 comentario:

  1. enhorabuena!!!!!!!a seguir asi siempre!!!!!!!!!!!!!!
    campeones!!!!!!!!

    ResponderEliminar