FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

25 nov 2010

Xavi Díaz, líder da División de Honor B

O rosaleiro Xavi Díaz, porteiro profesional de balonmán, actualmente no Octavio Pilotes Posada de Vigo, é líder co seu equipo, da División de Honor B. O Balonmano Huesca, segundo clasificado e a tan só un punto dos galegos, declarará "Día de ayuda al club" o enfrontamento deste sábado fronte ao Pilotes. Segundo afirma Xavi "se perdemos, non pasa nada. Entre outras cousas porque Huesca aínda ten que pasar por Vigo. Iso si, se...

O Atlántico Diario entrevista a David

O noso decatleta biolímpico David Gómez Martínez, concedeu esta semana unha pequena entrevista a Santi Alonso, do xornal Atlántico Diario. Nela cóntanos como está adestrando a xoves deportistas mentras non se recupera da súa operación nos tendóns de Aquiles. (Foto: R.C. Cel...

O Rosal. I Gran Cea-Baile. Megafesta do Futbolín

O venres 26 de novembro terá lugar no Rosal a I Gran Cea-Baile. Megafesta do Futbolín 2010, que organizada polo grupo informal (e futura asociación) "Os Cabaqueiros do Futbolín", se celebrará no Restaurante Juan. Segundo o cartel do evento, unha boa cea presidirá a velada, que estará animada polo Grupo 3+1 da Agrupación Musical do Rosal. Os Cabaqueiros do Futbolín afirman que nas instalacións deste coñecido restaurante...

Benito Guerreiro, sairá en Actualizad@s, da TVG

Benito, cruzando a Serra dos Ancares, durante a súa volta a Galicia Segundo nota de prensa remitida á redacción de Noticias O Rosal polo equipo de produción de Avoltascoscontos, o sábado 27 de novembro ás 22:00 horas, “Benito, o protagonista da nosa aventura estará presente no programa Actualizad@s da TVG nun monográfico titulado A pedais”.  Actualizad@s é un espazo divulgativo que reflicte a realidade variada de Galicia a través da vida cotiá...

24 nov 2010

Sorteáronse na Praza de Abastos os tres cheques

O luns 22 de novembro tivo lugar na Praza de Abastos do Rosal o primeiro sorteo dos tres cheques de compra por valor de 75, 50 e 25 euros, dentro do programa “Este inverno, presume de praceiro” que promove a Xunta de Galicia. Entre os días 8 de novembro e o 4 de decembro os clientes dos mercados municipais galegos recibirán un cupón por cada acto de compra. No Rosal cada persoa xa o encheu co seu nome, apelidos e teléfono de contacto, indicando...

23 nov 2010

Actuación do grupo de teatro Agarimo de Vigo

O sábado 20 de novembro tiveron lugar no Auditorio Municipal do Rosal diversos actos con motivo do Día Internacional para a Loita contra a Violencia de Xénero. O grupo Agarimo (Asociación de Amas de Casa y Consumo) de Vigo, representou a obra "A Pousadeira" de Carlo Goldoni, baixo a dirección de Alejandra Abreu. Antes, a concelleira de Servizos Sociais, Mª Carmen Alonso Alonso leu este pequeno manifesto: "Como cada ano ao chegar estas...

Homenaxe da U.D. Ribera a Fuentes e Villita

O pasado domingo 14 de novembro o club de fútbol U.D. Ribera homenaxeou a dous dos xogadores máis importantes da súa historia, Manuel Coballes “Fuentes” e Celso “Villa” Ferreira, ambos os dous rosaleiros, que chegaron a competir na Segunda División nacional. Con motivo dos actos de inauguración do novo Estadio Municipal da Mata, Fuentes e Villita -arroupados en todo momento polo secretario do club, Manuel Iglesias Dorado- foron os encargados de...

Actos de Cruz Roja Juventud para o 25 N

Un lazo na fachada da Casa do Concello do Rosal lembra este Día Cruz Roja Juventud conmemora o 25 de novembro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller baixo o lema: "Ni héroes, ni heroínas, ni príncipes azules en la lucha contra la violencia te necesitamos a ti, ¡POSICIÓNATE!”. Reproducimos aquí literalmente a nota de prensa enviada á nosa redacción: "Para acabar con la violencia de género Cruz Roja entiende que es fundamental...

21 nov 2010

Toni, líder da Copa de España de Ciclocross

Segundo se publica na web do Club Ciclista O Rosal, TONI PORTELA venceu onte domingo en Navia (Asturias) e ademais enfúndase o maillot de LÍDER da COPA DE ESPAÑA de CICLOCROSS. ¡A nosa noraboa! (Foto: Luz Iglesi...

19 nov 2010

Presentouse o novidoso proxecto "Repoblar"

O mércores 17 de novembro tivo lugar no Auditorio Municipal da vila a presentación da Rede Pontevedra Banda Larga Rural "Repoblar". Trátase da rede sen fíos que a Deputación de Pontevedra está a despregar na provincia, a través do proxecto Wimax Rural Pontevedra, cofinanciado nun 70% por fondos FEDER dentro do eixo 5 "Desenvolvemento local e urbano sostible" do P.O. FEDER. Deu a benvida aos asistentes o alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, quen...

17 nov 2010

I TORNEO DE FUTBOLÍN BAR FLORO. INSCRICIÓN ABERTA

O Rosal, que está poñendo de moda na comarca do Baixo Miño este vello xogo tradicional, acollerá en vindeiras datas un novo campionato de futbolín. Organiza: Bar Floro Colabora: A Peña do Futbolín Data: por confirmar. Inscrición: 10 € persoa (20 € a parella) Podedes recoller dende xa no propio local a folla para inscribirvos. Haberá premios e agasallos para todos os/as participantes... ¡Animádev...

Presentación da Rede Repoblar no Auditorio

Hoxe, mércores 17 de novembro, terá lugar ás 19:30 horas no Auditorio Municipal a presentación da Rede Pontevedra Banda Larga Rural "Repoblar". Trátase da rede sen fíos que a Deputación de Pontevedra está a despregar na provincia, a través do proxecto Wimax Rural Pontevedra, cofinanciado nun 70% por fondos FEDER dentro do eixo 5 "Desenvolvemento local e urbano sostible" do P.O. FEDER 2007-2013. Máis información en http://www.concellodorosal.es/...

16 nov 2010

Inauguración do novo Estadio Municipal

O sábado 13 de novembro tivo lugar baixo unha fina pero continua choiva a inauguración das obras efectuadas no novo e flamante Estadio Municipal da Mata. Asistiron ao evento –entre outras autoridades- o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández Fernández; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal; o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa; e o deputado provincial...

Impartirase un curso de arte floral de Nadal

A Asociación Mulleres en Igualdade do Rosal organiza a partir do 25 de novembro un curso de arte floral con motivo das Festas do Nadal. Éste será impartido por Marisol (Floristería Augaluz) e constará de catro clases que se celebrarán os xoves de 20 a 22 horas. O prezo do curso é de 25 euros e hai prazas limitadas. Para anotarse, nos teléfonos 696 865 315 e 677 431 318....

Comezamos xa mesmo a nosa actividade

Despois dunha semana lonxe da terriña, volvemos con máis ganas e ilusión a O Rosal para informarvos novamente de todos os acontecementos turístico-culturais relacionados coa nosa vila. En breve publicaremos a reportaxe da inauguración das obras no novo Estadio Municipal da Mata, á que asistiron -entre outros- tres dos máis destacados deportistas rosaleiros: o ciclista Serafín Martínez, o atleta David Gómez e o triatleta Óscar Vicente...

4 nov 2010

Novo proxecto cultural de Noticias O Rosal

Aínda que con arraigados sentimentos, costumes ou mesmo incribles paisaxes case imposibles de igualar a esta Comarca do Baixo Miño e a Galicia en xeral, dende Noticias O Rosal iniciamos a partir de hoxe 5 de novembro, un percorrido turístico e cultural por diferentes cidades da xeografía española e europea.   Aproveitando unhas pequenas vacacións laborais, comezamos por fin cun dos nosos proxectos, que nos levará a visitar certos...

3 nov 2010

Rafael Louzán entregou dúas subvencións

O martes 2 de novembro o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado do alcalde e deputado Jesús Mª Fernández Portela, fixo entrega de dúas subvencións á Sociedade Cooperativa do Pilar e ao Complexo Cooperativo Agrario Porta do Río Miño. As achegas ascenderon a máis de 14.000 euros, que as cooperativas empregarán en subsanar deficiencias e en mellorar as instalacións. A Sociedade Cooperativa do Pilar, con 39 socios procedentes...

2 nov 2010

O día 28 de novembro, a Romaría de San Martiño

O xoves 11 de novembro, día propio de San Martiño, oficiouse ás 18:30 horas unha misa na súa honra na igrexa parroquial de Santa Mariña. Xa o domingo 21 de novembro terá lugar a tradicional Romaría de San Martiño. A saída do Santo en procesión ata a ermida, está prevista para as 10:30 h da mañá. A Misa Solemne con sermón celebrarase xa na súa capela ás 12 horas.  A Romaría estará animada polo grupo de gaitas Albariños de O Rosal....

Contacontos de Raquel Méndez, de Pavís Pavós

 O sábado 30 de setembro celebrouse na Biblioteca Municipal do Rosal unha divertida e concorrida sesión de contacontos a cargo de Raquel Méndez, da asociación “Pavís Pavós”. Esta actividade está enmarcada dentro do programa de animación á lectura promovido dende a concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Pero...

Boqueixón, de ruta guiada polos Muíños

O venres 29 de setembro -e previo contacto coa concellaría de Turismo que preside Ángeles Vicente Manzano- tivo lugar unha nova ruta guiada polos Muíños do Folón e Picón. Desta vez foron 16 persoas pertencentes ao Obradoiro de Emprego Pico Sacro, do Concello de Boqueixón (A Coruña) quen a pesares da choiva, coñeceron grazas ás explicacións do guía municipal, máis polo miúdo o mecanismo, lendas e historia deste impresionante conxunto rosaleiro de...