TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

25 nov. 2010

O Rosal. I Gran Cea-Baile. Megafesta do Futbolín


O venres 26 de novembro terá lugar no Rosal a I Gran Cea-Baile. Megafesta do Futbolín 2010, que organizada polo grupo informal (e futura asociación) "Os Cabaqueiros do Futbolín", se celebrará no Restaurante Juan.

Segundo o cartel do evento, unha boa cea presidirá a velada, que estará animada polo Grupo 3+1 da Agrupación Musical do Rosal.

Os Cabaqueiros do Futbolín afirman que nas instalacións deste coñecido restaurante rosaleiro estarán dispoñibles gratuitamente varias mesas deste xogo para quen desexe botar unhas partidiñas. 

Este acto de ocio e sociocultural acollerá a presentación dunha nova páxina web así como a entrega de diferentes premios e moitas sorpresas.

Segundo a Organización pode asistir quen queira, previa inscrición e pago de 25 euros no propio Restaurante Juan (tfno: 986 62 50 85) ou no Pub J&J, ambos situados na rúa Couso (en fronte do Auditorio Municipal).

Colaboran nesta I Gran Cea-Baile. Megafesta do Futbolín 2010, o Concello do Rosal, a Agrupación Musical e a nosa web.

Sen dúbida este evento será o colofón final para un ano no que O Rosal converteuse cos seus campionatos de futbolín (II dos Cabaqueiros, I Feminino Noticias O Rosal, e de diversos locais) no referente e impulsor de novo deste "deporte" no Baixo Miño e aínda en Pontevedra.

0 comentarios:

Publicar un comentario