26 nov 2008
Entrega de premios do I Certame de Poesía e Relato Curto do Concello do Rosal
26.11.08
Comentar
Os vencedores absolutos deste I Certame, Antón Ferreira Lorenzo e Anselmo Martínez PenaReportaxe: SERVIZO DE PROMOCIÓN DA MULLER. CONCELLO DO ROSAL
O día 26 de novembro levouse a cabo no Salón de Plenos do Concello do Rosal a entrega de premios do I Certame de Poesía e Relato Curto contra a Violencia de Xénero. Este concurso estivo organizado pola Concellaría de Servizos Sociais e Muller e máis concretamente polo Servizo de Promoción da Muller....
25 nov 2008
O Día Internacional contra a Violencia de Xénero tamén se celebrou no Rosal
25.11.08
Comentar
O martes 25 de novembro e organizado pola Concellaría de Servizos Sociais e Muller do Rosal que dirixe Mª Carmen Alonso Alonso, leváronse a cabo unha serie de actos para conmemorar este día, tales como a celebración do I Certame de Poesía e Relato Curto ou a colocación dun mural que vai de extremo a extremo da Casa do Concello realizado por alumnos de primaria e da E.S.O. do colexio Manuel Suárez Marquier e que reza O Rosal contra a violencia de...
24 nov 2008
Noticiasorosal crea a páxina web "A Comarca"
24.11.08
Comentar

Debido a que cada vez nos chegan máis peticións á nosa redacción, decidímonos -sen outro ánimo que non sexa o informar e poñer o noso gran de area á Cultura e ao Turismo- crear a páxina web de amizade e intercambio cultural luso-galaica A COMARCA. Aquí vos deixamos o enlace á mesma aínda que podedes facer click sobre "Baixo Miño e Portugal" que a partir de agora estará tamén presente nesta páxina de todos os rosaleiros, baixomiñotos e interesados...
21 nov 2008
Día do Comercio Aberto con "Magosto"
21.11.08
Comentar
O domingo 7 de decembro celebrarase o Día do Comercio Aberto. Os comercios do Rosal permanecerán abertos esta xornada dominical celebrándose na rúa Ramón Franco, fronte ao popularmente coñecido como "Edificio redondo" no Calvario, un magosto que comezará ás 16:30 da tarde e que se prolongará ata as 18:30 horas. A organización corre a cargo de A.C.O.R. (Asociación de Comerciantes do Rosa...
Éxito da obra promovida pola Escola Comarcal
21.11.08
Comentar
A Escola de Teatro Baixomiñota celebra a grande acollida que tivo a obra “Antibióticos: unha conquista da humanidade que estamos botando a perder” que achegaron á Comarca coa asistencia de máis de 700 nenos. Como xa tiñamos anunciado o mércores en Tomiño e O Rosal e o xoves na Guarda, centos de rapaces disfrutaron da obra teatral didáctica na que se explicou aos nenos entre 8 e 12 anos o que non deben facer cos antibióticos. Segundo declaracións...
20 nov 2008
Os Albariños de O Rosal
20.11.08
Comentar
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da actuación do grupo de gaitas "Os Albariños de O Rosal" que con motivo da Romaría de San Martiño (http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/RomarADeSanMartiO2008#) ofreceron na cima do Campo do Couto o domingo 16 de novembro ...
Cultura Baixomiñota edita a súa revista nº 5
20.11.08
Comentar

Comeza a ser xa algo habitual atoparnos en calquera lugar público coa revista mensual e gratuita Cultura Baixomiñota. Esta publicación, dirixida por Enrique Álvarez e que conta na súa redacción con Beti Rey e o rosaleiro Juan Ramón M. Barbosa, é xa un referente no Baixo Miño para coñecer todas as actividades culturais, turísticas e de lecer que se desenvolven cada mes na nosa Comarca. Neste número 5 que titulan Outono con tons ocres a revista anúncianos...
Imaxes e lembranzas dun recente pasado (cap. VI)
20.11.08
Comentar

Seguindo coa nosa sección de fotografías e recordos de antano publicamos esta fotografía que nos foi remitida amablemente por María J. Rodríguez, da xuradía de Fornelos. Trátase do mercado que había certos domingos na Praza do Calvario e onde se vendía dende froita, embutidos ou verdura ata roupa e zapatos. Esta imaxe concretamente é do ano 1995 e como se pode observar aínda estaba aberta a "Cámara Agraria Local" e non se construíra algún que outro...
18 nov 2008
II Concurso de Beléns en O Rosal
18.11.08
Comentar

Primeiro premio do ano 2007: Aula de Educación Infantil de Paradela - Tabagón
A Concellaría de Cultura, xunto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), organizan o II Concurso de Beléns.
BASES
Poderán participar todas as persoas que o desexen. O tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre. Os Beléns deberán ser colocados polos seus autores/as ou persoas que os representen no lugar que se lles indique os días 15 e 16 de decembro...
Publicación de fotografías en Noticiasorosal
18.11.08
Comentar
.jpg)
Ultimamente están chegando moitas peticións e suxerencias de reportaxes ao noso correo electrónico. Intentaremos complacervos na medida do posible. Se queredes que publiquemos algunha nota de prensa, escrito ou artigo, opinión... enviade as vosas colaboracións ao noso e-mail: noticiasorosal@hotmail.com. Ao igual que se desexades dar a coñecer (a nivel asociación ou particular) algunha fotografía antiga que está no "baúl dos recordos", curiosas ou...
Teatro para nenos en O Rosal, Tomiño e A Guarda. O mércores 19, no Auditorio
18.11.08
Comentar

A Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota achega á Comarca tres representacións de teatro para os concellos de O Rosal, Tomiño e A Guarda. A obra representarase gratuitamente e está especialmente deseñada a un público de 8 a 12 anos de forma directa e indirectamente aos pais e nais. Baixo o título "Antibióticos: unha conquista da humanida-de que estamos botando a perder" a sesión incorpora tamén un vídeo divulgativo no que figura persoal do Instituto...
Abrimos nova sección: Cursos e Emprego
18.11.08
Comentar

Inauguramos este 18 de novembro unha nova sección: Información para a Xuventude. Cursos e ofertas de emprego (ao final da páxina). Faremos puntualmente -neste tempo de crise- un repaso semanal da actualidade laboral e vos informaremos dos dife-rentes cursos que se realicen no Rosal, na zona do Baixo Miño e por que non, da provincia de Pontevedra....
16 nov 2008
Celebrouse a Romaría de San Martiño 2008
16.11.08
Comentar
Cun día de sol, espléndido, grazas quizais precisamente ao "veraniño de San Martiño", a romaría deste santo saíu o domingo 16 de novembro -tal e como estaba previsto- da igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ás 10'30 da mañá. Multitude de persoas acompañaron á súa imaxe ata a capela que leva o seu nome, en pleno Campo do Couto. Unha vez arriba, previa subida polos muíños do Picón, San Martiño volveu a congregar nas inmediacións...
II Magosto Parroquial no Rosal
16.11.08
Comentar

O sábado 15 de novembro celebrouse un magosto en Barbuntín organizado polas catequistas e colaboradoras da parroquia de Santa Mariña do Rosal que dirixe eclesiasticamente o abade D. Julio Ramos Rodríguez. Xogos populares, dos "de sempre" como o "pañuelo" fixeron que os rapaces asistentes e os que ata alí se achegaron o pasaran en grande mentres o magosto estaba en proceso. Podedes ver todas as fotografías facendo click en:http://picasaweb.googl...
14 nov 2008
Alumnos do Suárez Marquier e da Sangriña visitan a Exposición do Cid
14.11.08
Comentar

Baixo a organización da concellaría de Cultura do Rosal que dirixe Charo Tabales Perozo, visitaron a exposición do Cid -que estivo aberta dende o día 3 ao 14 de novembro- preto de 300 persoas. Ademais dende o mércores 12 houbo visitas dos colexios Suárez Marquier (máis dun centenar de alumnos de 2º e 3º da E.S.O.) e do Instituto da Sangriña (45 alumnos de 3º da E.S.O.) Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográ-fica desta xornada onde os rapaces...
9 nov 2008
A Asociación de Mulleres Rurais "Chan dos Casteliños" de As Neves visitou O Rosal
9.11.08
Comentar
Previo contacto coa concellaría de Turismo do Rosal que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, visitou a nosa Vila o domingo 9 de novembro a activa Asociación de Mulleres Rurais Chan dos Casteliños de As Neves. Á súa fronte, a presidenta Mª Carmen Núñez Rodríguez e a súa secretaria, Mª Carmen Gil Álvarez, concelleira de Cultura e Servizos Sociais dese concello. Ás 11'30 foron recibidas na Praza do Calvario polo guía turístico municipal, facendo...
O Miño, unha corrente de memoria
9.11.08
Comentar

Chegou á nosa Redacción unha recente publicación que leva por título O Miño, unha corrente de memoria. Actas das xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño (2006-2007), de Edicións Alén Miño, coa colaboración dos concellos de A Guarda, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Salceda, Tomiño e Tui. Tal e como se proclama na contraportada "No outono de 2006 e 2007 a Comisión Cidadá pola verdade do 36 do Baixo Miño organizou sendas...
8 nov 2008
Gala Solidaria - Raiares ' 08 no Auditorio
8.11.08
Comentar

Sur de Sudán, mirando ao futuro (foto Reuters)
O sábado 15 de novembro ás 20:30 horas celebrarase a Gala Solidaria - Raiares '08 no Auditorio Municipal do Rosal. Un espectáculo organizado por Can de Palleiro e a Escola de Danza Paula Cobián coa colaboración do Concello do Rosal, Activa Dixital e Floristería La Flor. Haberá as seguintes actuacións:
As FeiticeirasBambalinaCan de PalleiroDanza PasiñosFrancisco BenítezGrialiaPaula Cobián Escola de DanzaPaz...
Festas na honra de San Martiño no Rosal
8.11.08
Comentar

Interior da capela de San Martiño
O martes 11 de novembro celébrase o día de San Martiño. Ás 18:30 horas haberá misa na honra do santo na igrexa parroquial da Vila. Xa o domingo 16, terá lugar a tradicional Romaría de San Martiño. A saída -dende a Praza do Calvario- será as 10:30 horas e a misa solemne con sermón, xa na súa capela, será as 12 da mañá. O grupo de gaitas Albariños de O Rosal amenizará a Romaría. En caso de mal tempo a data desta conmemoración...
6 nov 2008
En Clave Coral 08 no Auditorio do Rosal
6.11.08
Comentar

A cita será no Auditorio Municipal o sábado 8 de novembro ás 20 horas. Actuarán a Coral Follas Novas (A Coruña), o Grupo de Canto Aleceia (Teo-A Coruña) e a anfitriona Coral da Agrupación Musical do Rosal. Este acto está organizado pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, así como pola Federación Coral Galega. (Facer click na imaxe para amplial...
Alumnos do I.E.S. Álvaro Cunqueiro de Vigo, de visita nos Muíños do Folón
6.11.08
Comentar

Os nenos, subindo pola Carreira de Martín
O mércores 5 de novembro, previo contacto co departamento de Turismo que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, visitaron os nosos muíños 59 alumnos de 1º da E.S.O. do I.E.S. Álvaro Cunqueiro de Vigo. Foron acompañados nesta ruta polo guía municipal do Rosal e catro profesores dese instituto (Francisco Prieto, Alfonso Guillán, Susana Piñeiro e Luís M. Pérez) dentro do Proxecto Interdisciplinar "Por un...
3 nov 2008
Exposición "EL CID Y SU ÉPOCA" no Rosal
3.11.08
Comentar

Celebrándose o oitavo centenario da que se considera a primeira obra narrativa extensa da literatura española escrita na lingua romance, a concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo lanza EL CID Y SU ÉPOCA, unha exposición dirixida a nenos e nenas a partires dos 8 anos e a un público familiar en xeral. A exposición EL CID Y SU ÉPOCA pretende trasladar no tempo a escolares e adultos, permitíndolles participar na fantástica aventura de...
2 nov 2008
Talasonimia da Costa Sur de Galicia, novo libro de Xosé Lois Vilar
2.11.08
Comentar
Xosé Lois Vilar, asinando exemplares do seu último libro
O venres 31 de outubro presentouse no Centro Cultural da Guarda o libro Talasonimia da Costa Sur de Galicia, da autoría do arqueólogo e subdirector do Instituto de Estudos Miñoranos, Xosé Lois Vilar Pedreira. Presentou o acto o concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, quen deu paso á intervención do alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas quen lembrou que este libro é importantísimo...