17 ago 2011
A Praza do Calvario do Rosal acollerá o XXII Festival de Músicos Xoves
Segundo nos informan dende a Agrupación Musical da vila, esta fin de semana terá lugar na Praza do Calvario do Rosal o XXII Festival de Músicos Xoves, que se ven celebrando dende o ano 1989.
O sábado día 20, a partir das 21:00 h., participarán a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, a Banda Musical da Casa do Povo de Tangil (Portugal), Banda de Música Municipal de Valga e a Agrupación Musical do Rosal.
O domingo 21, á mesma hora, estará adicado a música coral e participarán a Coral Alameda de Pontevedra, a Coral Ecos do Folón (Fornelos, O Rosal) e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.
8 ago 2011
David Gómez Martínez, proclamouse Campión de España de Decathlon
O atleta rosaleiro David Gómez Martínez proclamouse esta fin de semana en Málaga -e por cuarta vez- CAMPIÓN DE ESPAÑA de Decathlon en categoría absoluta.
Velaquí vos deixamos íntegra a crónica que se pode ler na web do Real Club Celta de Atletismo ao que pertence David:
"Apostamos por David Gómez y, felizmente, acertamos, porque nuestro olímpico consiguió en Málaga, en los Campeonatos de España absolutos, la medalla de oro del decathlon por cuarta vez, siguiendo a las del 2004, 2007 y 2008.
Tenía enfrente y así lo escribimos, a un malagueño, Óscar González, campeón en 4 ediciones, las de 2001, 2003, 2005 y 2009 y acreditado de mejor marca personal con sus 7.949 puntos del 2001. Y, por su parte, David iba a disputar su primer decathlon desde el olímpico de Pekín 2008, tras arrastrar lesiones y operaciones.
Presagiábamos realmente un duelo personal entre ambos campeones, que pudimos seguir en buenos momentos por la excelente retransmisión de Teledeporte y particularmente en la última y decisiva prueba, la de los 1.500 metros. En aquel calor abrasador andaluz de 38 grados, era quizás una incógnita ver el aguante de David para sufrir el empuje del atleta local.
Días antes nos hablara de un tiempo de 4.50 y la verdad es que lo cumplió, al invertir 4.48,67 e impedir una ventaja mayor de Óscar, que acabó en 4.37,03 como así fue, pero que quedaba lejos de la que en la prueba anterior, la jabalina, le había quitado David: 60,57 m. por 47,06 de Óscar.
Nuestro olímpico acabó sumando 7.298 puntos por 7.193 del malagueño, superando sus propias previsiones y las nuestras también, pues casi nos conformábamos con superar los 7.000 pensando en que el malagueño andaba “flojo”, después de 2 temporadas de ausencia y aun así, por ejemplo, éste se permitió franquear 1,98 m. en salto de altura.
Marcas de David Gómez :
100 m. lisos 11,38 (v.+1,6); longitud 6,82 m. (v.-0,8); peso 13,58 m.; altura 1,88 m.; 400 m. lisos 50,61; 110 m. vallas 14,81 (v.+0,4); disco 38,99 m.; pértiga 4,20 m.; jabalina 60,57 m. y 1.500 m. 4.48,67. Total 7.298 puntos.
En síntesis, nuestro olímpico rindió magníficamente y hay que felicitarle con admiración, extensiva a su entrenador y fisio, Jesús María Lence, por el formidable trabajo conjunto realizado para la buena recuperación de David.
¿Podría pensar en Londres 2012? Nos lo contestará en su día.
Otros célticos también compitieron en Málaga, sin mayor suerte, a saber:
Iratxe Etxebarria 6ª en la 1ª semifinal de 100 m. lisos (v.-3,0) con 12,82 y 7ª en la 2ª de 200 m. lisos (v.-1,0) con 25,62 eliminada en ambas.
Ismael Costas 5º en la 1ª semifinal de 800 m. lisos con 1.52,71 y eliminado.
Lucía Pérez hizo sus 3 intentos nulos de clasificación en el triple salto".
2 ago 2011
Os artistas Mary Varela e David Tamayo, expuxeron a súa obra na Guarda
María del Carmen Varela Velasco, máis coñecida por Mary Varela, é unha pintora natural de Sober (Lugo), aínda que leva uns anos sendo a nosa veciña, xa que vive no barrio de Couselo.
Expuxo parte da súa obra dende o 15 ao 30 de xullo no Centro Cultural de A Guarda. Ata alí se achegaron para visitar a súa exposición a tenente de alcalde rosaleira, Mª Carmen Alonso e as concelleiras de Cultura e Turismo, Charo Tabales Perozo e Ángeles Vicente Manzano.
Segundo nos contaba a artista, xa de pequeniña sentiu emoción polas cores e unha tarde daquelas "en el colegio de monjas, vi a Sor Pura pintando con colores tan bonitos que los recordé para siempre".
Mary Varela viviu en moitos pobos de España, pero un deles, Riaño (nos montes de León) marcaríaa ata o día de hoxe xa que "allí transcurrieron los días más felices de mi vida, descubriendo la belleza de los colores otoñales, las luces mágicas entre los abedules y el resplandor de los atardeceres en las montañas".
Tal e como afirma, se prometeu a si mesma ir a unha academia e formarse en Pintura, para poder levar ao lenzo aquelas paisaxes que lle enchían o corazón. Así, dende 1995 cursou os seus estudos de Arte no Taller Abierto de Pintura de la Universidad Popular de Zaragoza para continualos ata o 2000 na U.P. de Valencia.
Polo tanto, leva máis de 15 anos mostrando a súa obra por toda a xeografía galega e nacional, participando en exposicións colectivas e individuais. Precisamente nesta, na Guarda, presentou en sociedade ao seu fillo David Tamayo Varela, pintor autodidacta, que en palabras de Mary "conoce la naturaleza y la refleja, es un creador. Siento mucha felicidad y tengo la ilusión de que siga pintando".
Exposición de Pintura do Grupo Impás no Centro Cultural da Guarda
Informa: Charo Trigo / Grupo de Pintura Impás.
O Grupo de Pintura Impás, composto por diferentes artistas do Baixo Miño, expón dende onte, día 1, ata o 16 de agosto no Centro Cultural da Guarda.
A mostra, que é unha homenaxe ao cine dos anos 40, estará aberta de luns a sábado, de mañá, de 10 a 13 horas; e de tarde, de 18:30 a 21:30 horas. Durante a Festa do Monte abrirá ata as 12 da noite.
Os pintores e pintoras que expoñen son os seguintes:
Pilar López
Charo Trigo
Isabel Antón
Mari Otero
Loreto Guerreiro
Charo Trigo
Isabel Antón
Mari Otero
Loreto Guerreiro
Sergio Santiago
Carmen Pereiro
Carmen Baz
Carmen María Rodríguez
Ignacio Martínez
Adrián Iglesias
Sara Vicente
Fini Mauri
Nati Alonso
A Associaçom Cultural A Velha na Horta organiza un Torneo de Fútbol Sala
Transcribimos íntegra e literalmente o comunicado remitido á nosa Redacción: "Anímate a participar no torneo de fútbol sala que terá lugar nos campos do parque de Pías (O Rosal) o sábado 6 de agosto. A inscrición é de 3€ por xogador/a.
Os premios serán: para a equipa gañadora unha cea na tapería-restaurante O Cangrexal; para a segunda clasificada material deportivo cedido por Anxosport e para a terceira, licor café e crema "pra esquecer".
Inscribe a túa equipa en avelhanahorta@gmail.com ou chamando aos números 627 606 697 ou 605 789 915. A entrega dos cartos e das listas cos membros de cada equipa mailo sorteo realizaranse o xoves 4 de agosto, ás 20:30 horas na tapería-restaurante O Cangrexal, no porto da Guarda.
Tamén contaremos con música e balcón con bebida e comida. Apúntate!"
1 ago 2011
A Bocatería Bar Floro crea no Rosal unha novidosa Liga de Rá por parellas
En breve se celebrará unha "LIGA DE RÁ" por parellas no BAR FLORO (Novás-O Rosal). A competición deste xogo tradicional terá lugar durante os meses de agosto, setembro e outubro.
A inscrición é de 10 euros por persoa, que serán para disfrutar todos dunha cea entre amigos. Se lle outorgarán premios aos catro primeiros clasificados.
Para apuntarse nesta Liga de Rá ou para máis información, podedes chamar ao Bar Floro: 986 62 63 10 e preguntar por calquera das irmás, Amparo e Delia Álvarez Rivero.
31 jul 2011
O Rosal sairá hoxe, domingo, ás 15:45 h. no programa Vivir Aquí (TVG)
Imaxes do Rosal e algúns dos seus veciños serán emitidas hoxe, domingo 31 de xullo, ás 15:45 horas, na Televisión de Galicia, concretamente no programa Vivir Aquí.
Este espazo está conducido por Isabel Durán e Xosé Luis Bernal, máis coñecido por "Farruco". Segundo eles mesmos proclaman "Gozamos descubrindo esas pequenas historias que non saen nos telexornais, buscamos as experiencias que lle poden pasar a calquera, as particularidades da vida cotiá. Porque fóra dos grandes acontecementos está a vida. Devecemos por atopar as historias que nos chegan non só áo cerebro, senón tamén ao corazón".
Igualmente afirman que "Gústanos Vivir Aquí, porque Galicia ten case tres millóns de historias que se escriben cada día. Nós queremos escoitalas e contarllas a vostede. De Ribadeo a Tui, do Padornelo a Fisterra, os reporteiros do programa percorremos estradas, corredoiras e camiños para coñecer o que lle pasa cada día aos galegos. Na nosa próxima emisión pode saír a súa aldea, o seu veciño, un familiar seu; vostede pode ser o noso vindeiro entrevistado. Gustaralle Vivir Aquí".
28 jul 2011
Este sábado, Concerto do 25 Aniversario da Agrupación Musical do Rosal
O vindeiro sábado 30 de xullo, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal terá lugar o acto principal dos programados con motivo do 25º aniversario da Agrupación Musical do Rosal.
Convidámosvos ao concerto que ofrecerá a banda de música da Agrupación Musical do Rosal e que estará baixo a batuta de varios dos directores que pasaron pola formación (Laureano Matos, Bolívar González, José Luis Represas, José Vicente Simeó, Javier Alonso e Diego J. Lorente).
Pontevedra, Celta B, C.D. Cerveira e Coruxo F.C. xogarán na vila do Rosal
O sábado 30 de xullo ás 19:30 horas, disputarase no Estadio Municipal da Mata, o "Trofeo Villa de O Rosal" entre os potentes equipos do Pontevedra e o Celta B.
Igualmente o seguinte sábado, 6 de agosto, á mesma hora (19:30) celebrarase un gran partido internacional entre o C.D. Cerveira (Portugal) e o Coruxo F.C., que milita na Segunda División B.
19 jul 2011
Curso de cata no Rosal organizado pola "Ruta do Viño Rías Baixas"
Segundo nos informan dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, os días 26, 27 e 28 de xullo terá lugar un curso de cata organizado pola "Ruta do Viño Rías Baixas" que se vai a realizar no Concello do Rosal.
Horario: 17.00 - 20.00 h
Lugar: Centro Social Polivalente.
R/ Cabaqueiros 4
O Rosal.
As persoas interesadas en participar poden apuntarse chamando a:
- Centro Social Polivalente. 986 60 94 50
- Ruta do Viño Rías Baixas 986 521 008 / 658 523 230
Inscrición:
10€ socios da Ruta do Viño Rías Baixas
30€ non socios.
Horario do Muíño das Aceñas, reconvertido en Aula da Natureza
Velaquí vos deixamos o horario do Muíño das Aceñas, na parroquia de San Miguel de Tabagón, que está aberto, gratuitamente, de martes ao domingo durante os meses de xullo e agosto. Trátase dunha Aula de Natureza, de educación ambiental onde "poderán coñecerse os recursos da zona a través de actividades lúdico-formativas, para todos os públicos". Dende o Concello lémbrase que unha monitora especializada atenderá aos visitantes que se acheguen á dita aula.
14 jul 2011
Hoxe, venres 15 de xullo, inaugúrase a XIX Feira do Viño do Rosal
Hoxe, venres, 15 de xullo terá lugar a inauguración da XIX Feira do Viño do Rosal a cargo do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda Valenzuela. Ás 20.30 horas está prevista a visita aos expositores coa conseguinte degustación de viños do Rosal. Xa a partir das 22:00 horas, comezará a actuación da Charanga Os Charamujas.
6 jul 2011
Esta fin de semana, sesión de teatro no Auditorio Municipal do Rosal
O sábado 9 e o domingo 10 de xullo terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal a representación de dúas obras, a cargo da Escola de Teatro de Xerpo e da Escola Municipal de Teatro da Guarda. Velaquí vos deixamos os seus carteis.
Os XIII Xogos Populares clausúranse o vindeiro 24 de xullo no Calvario
Velaquí vos deixamos o calendario e horarios para esta fin de semana, duns XIII Xogos Populares que se clausurarán o vindeiro domingo 24 de xullo, en plenas Festas do Pilar, coa tradicional carreira de cross ás 10 da mañá e a entrega de medallas e trofeos ás 12 do mediodía.
Charla informativa sobre a Lei de Augas a cargo de Manuel Docampo
Informa: Associaçom Cultural A Velha na Horta
O venres 8 de xullo, as 19 horas, agardámoste no Centro Cultural da Guarda, onde contaremos coa presenza de Manuel Docampo Paradela, do Sindicato Labrego Galego, quen nos falará sobre a Lei de Augas de Galicia, recentemente aprobada polo Parlamento Galego.
A lei de Augas de Galicia supón a privatización de todas as augas de Galiza, o pasar a mans privadas o ente público Augas de Galicia. Ademais, a Lei de Augas fixa un prezo para a auga, un canon que pretende establecer sobre toda a auga, a maiores do prezo do subministro que establecen os concellos ou as entidades subministradoras.
Todas as vivendas terán que pagar o canon da auga, independentemente de que a traída sexa municipal, da comunidade de veciños e veciñas ou particular; tamén terán que pagar no caso de que a auga proceda dun pozo propio ou se aproveite a chuvia.
No caso de que a traída sexa municipal ou de empresa subministradora, haberá que pagar a maiores o prezo de depuración e de subministro. O prezo vén determinado cunha parte fixa, que corresponde ao número de persoas que viven na vivenda; e unha parte variable, en función do volume de auga consumido. Establécese unha cota fixa de 1,50 € contribuínte/mes.
Os gobernos deben garantir o subministro e a calidade da auga para o consumo a toda a poboación, con independencia de se viven no rural ou en áreas urbanas, do grao de dispersión do asentamento... Os gobernos tamén deben garantir, de xeito gratuíto, auga suficiente e de calidade para os animais e para a agricultura entendida como actividade de producción de alimentos para a poboación.
A auga é un básico para a vida e debe ser considerado como un ben público e universal, que debe cumprir, antes de anda, unha función social de alimento e de hixiene. Por iso, toda a normativa sobre as augas debería prohibir que se privatice, se saque beneficio ou se especule con ela.
A Lei de Augas de Galicia supón unha grande agresión á realidade galega, concretamente as áreas rurais e dos pequenos núcleos, onde as administracións sempre miraron para outro lado cando se trataba de dar servizos. Agora que tratan de apropiarse dos acuíferos e fontes, miran para o rural como unha reserva de augas de calidade coas que facer negocio.
O Centro Social Polivalente acolle a presentación do libro de Tareixa Ledo
O salón de actos do Centro Social Polivalente do Rosal (rúa Cabaqueiros nº 4) foi o marco elixido para presentar mañá, xoves 7 de xullo, o libro de Tareixa Ledo Regal Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable, publicado por Edicións Laiovento.
O acto de presentación será ás 12:00 horas, e participará nel, amais da autora do libro, a secretaria de organización do SLG, Lidia Senra Rodríguez; e a secretaria xeral, Carme Freire Cruces.




















