María del Carmen Varela Velasco, máis coñecida por Mary Varela, é unha pintora natural de Sober (Lugo), aínda que leva uns anos sendo a nosa veciña, xa que vive no barrio de Couselo.
Expuxo parte da súa obra dende o 15 ao 30 de xullo no Centro Cultural de A Guarda. Ata alí se achegaron para visitar a súa exposición a tenente de alcalde rosaleira, Mª Carmen Alonso e as concelleiras de Cultura e Turismo, Charo Tabales Perozo e Ángeles Vicente Manzano.
Segundo nos contaba a artista, xa de pequeniña sentiu emoción polas cores e unha tarde daquelas "en el colegio de monjas, vi a Sor Pura pintando con colores tan bonitos que los recordé para siempre".
Mary Varela viviu en moitos pobos de España, pero un deles, Riaño (nos montes de León) marcaríaa ata o día de hoxe xa que "allí transcurrieron los días más felices de mi vida, descubriendo la belleza de los colores otoñales, las luces mágicas entre los abedules y el resplandor de los atardeceres en las montañas".
Tal e como afirma, se prometeu a si mesma ir a unha academia e formarse en Pintura, para poder levar ao lenzo aquelas paisaxes que lle enchían o corazón. Así, dende 1995 cursou os seus estudos de Arte no Taller Abierto de Pintura de la Universidad Popular de Zaragoza para continualos ata o 2000 na U.P. de Valencia.
Polo tanto, leva máis de 15 anos mostrando a súa obra por toda a xeografía galega e nacional, participando en exposicións colectivas e individuais. Precisamente nesta, na Guarda, presentou en sociedade ao seu fillo David Tamayo Varela, pintor autodidacta, que en palabras de Mary "conoce la naturaleza y la refleja, es un creador. Siento mucha felicidad y tengo la ilusión de que siga pintando".
Se nota tu amor a la pintura, y que lo haces con mucho cariño. Me encantan tus atardeces sobre todo. Enhorabuena.
ResponderEliminarEmiliana.