TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

2 ago 2011

A Associaçom Cultural A Velha na Horta organiza un Torneo de Fútbol Sala





Transcribimos íntegra e literalmente o comunicado remitido á nosa Redacción: "Anímate a participar no torneo de fútbol sala que terá lugar nos campos do parque de Pías (O Rosal) o sábado 6 de agosto. A inscrición é de 3€ por xogador/a.
Os premios serán: para a equipa gañadora unha cea na tapería-restaurante O Cangrexal; para a segunda clasificada material deportivo cedido por Anxosport e para a terceira, licor café e crema "pra esquecer".
Inscribe a túa equipa en avelhanahorta@gmail.com ou chamando aos números 627 606 697 ou 605 789 915. A entrega dos cartos e das listas cos membros de cada equipa mailo sorteo realizaranse o xoves 4 de agosto, ás 20:30 horas na tapería-restaurante O Cangrexal, no porto da Guarda.
Tamén contaremos con música e balcón con bebida e comida. Apúntate!"

0 comentarios:

Publicar un comentario