Segundo nos informan dende a Agrupación Musical da vila, esta fin de semana terá lugar na Praza do Calvario do Rosal o XXII Festival de Músicos Xoves, que se ven celebrando dende o ano 1989.
O sábado día 20, a partir das 21:00 h., participarán a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, a Banda Musical da Casa do Povo de Tangil (Portugal), Banda de Música Municipal de Valga e a Agrupación Musical do Rosal.
O domingo 21, á mesma hora, estará adicado a música coral e participarán a Coral Alameda de Pontevedra, a Coral Ecos do Folón (Fornelos, O Rosal) e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.
0 comentarios:
Publicar un comentario