TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

7 oct. 2014

O Rosal celebra as Festas da Pilarica e da XXVII Romancha do Cabaqueiro


Inauguración do Monumento ao Cabaqueiro en 1987. (Imaxe: Foto Verano)

Esta fin de semana (10, 11 e 12 de outubro) celébranse en O Rosal as Festas da Pilarica e da XXVII ROMANCHA DO CABAQUEIRO. Velaquí vos deixamos o programa de festexos:

Venres 10 de outubro

SERÁN de música tradicional galega a partir das 22:00 horas, organizado pola Agrupación Musical do Rosal.

Sábado 11 de outubro

OBRADOIRO DE TELLAS e CESTOS para nenos e nenas a partir das 17:00 horas. 

VERBENA amenizada polas orquestras BLUESTAR e MARCA a partir das 21:30 horas

Domingo 12 de outubro

MISA SOLEMNE cantada pola CORAL ECOS DO FOLÓN

A partir das 17:30 horas, terá lugar a celebración da XXVII FESTA DE LEMBRANZA “OS CABAQUEIROS” que comezará coa lectura do pregón a cargo de D. MANUEL  GONZÁLEZ DORADO, nado en Novás, docente e investigador químico.

Concerto da BANDA DA AGRUPACIÓN MUSICAL  DO ROSAL a partir das 20:00 horas.

Durante todo o día haberá demostración dos oficios de FORXA, CESTEIRO e GRAVADOR  DE PEDRA.

EXPOSICIÓN DE PINTURA E DEBUXOS do Colectivo de alumnos e alumnas do curso de  pintura do Rosal.

0 comentarios:

Publicar un comentario