TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

1 jun. 2008

Rutas guiadas aos Muíños do Folón e Picón

Nenos e nenas do CEIP de Fontiñas (Santiago de Compostela), o venres 30 de maio, diante do Muíño das Laxes

O Rosal, mediante a concellaría de Turismo que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas polo sendeiro dos Muíños do Folón e do Picón.

Durante 1'30 - 2 horas poderase facer un percorrido polos 67 muíños hidráulicos que conforman este complexo etnográfico (36 enxeños no Folón e 31 no Picón).

A ruta comeza no primeiro muíño do Folón (Muíño das Laxes), que está acondicionado como Oficina de Información. Aquí, se hai forza de auga suficiente, procédese á demostración de moenda en directo.

Despois de admirar o proceso da conversión do millo en fariña, comeza a ascensión polos muíños do Folón, facendo as paradas correspondentes dependendo dos grupos (nenos, anciáns, etc), rematando o percorrido baixando polos muíños do Picón.

Unha viaxe agradable e inolvidable pola Historia, pola cultura, polas lendas e tradicións dunhas xentes doutros tempos, dunhas "industrias" doutra época.
Se a todo isto lle engadimos unhas panorámicas e unha paisaxe únicas, a ruta dos Muíños do Folón e do Picón, convértese en verdade, nunha ruta didáctica e de ocio de primeiro nivel.
As oficinas municipais de información turística ofrecen a posibilidade de realiza-la ruta dos Muíños do Folón–Picón con servizo de guía. Unicamente é necesario solicitalo ou nunha das oficinas ou nos teléfonos do Concello do Rosal:
tlf: 986 62 50 00
tlf: 986 62 50 17
tlf: 986 60 96 14

0 comentarios:

Publicar un comentario